Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Mércores, 19 de xuño de 2013 Páx. 23733

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

ORDE do 27 de maio de 2013 pola que se resolve a convocatoria de provisión, polo sistema de libre designación, anunciada pola Orde do 11 de abril de 2013.

Por Orde do 11 de abril de 2013, publicada no Diario Oficial de Galicia número 79, do 24 de abril de 2013, convocouse a provisión, polo sistema de libre designación, do posto de traballo vacante na Consellería de Facenda que se detalla no anexo desta orde.

De conformidade co establecido nos artigos 17.4 e 29.2 do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia, e no Decreto 93/1991, do 20 de marzo, que aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, e demais normativa vixente, esta consellería,

DISPÓN:

Primeiro. Resolver a convocatoria pública efectuada por Orde desta consellería do 11 de abril de 2013 e designar a funcionaria, cuxos datos se sinalan no anexo desta orde, para ocupar o posto que tamén se especifica.

Segundo. O cesamento no actual destino efectuarase, segundo o previsto no artigo 14 do Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, aprobado polo Decreto 93/1991, do 20 de marzo, no prazo de tres días contados a partir do seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia ou segundo o establecido na normativa de aplicación na súa Administración de orixe.

O prazo para tomar posesión do novo destino é de tres días a partir do seguinte ao do cesamento, de tratarse da mesma localidade onde preste servizos actualmente a persoa, ou dun mes se radica en distinta localidade ou de reingreso ao servizo activo, de conformidade co disposto no referido precepto e na base sétima da convocatoria.

O cómputo dos prazos de toma de posesión iniciarase cando rematen os permisos ou licenzas que, de ser o caso, se concedan á persoa; no caso de incapacidade temporal, a partir da data da alta.

Terceiro. A xefatura de persoal do centro onde cause baixa a funcionaria, así como a daquel en que acade o destino, efectuarán, dentro dos prazos sinalados no punto anterior, as dilixencias de cesamento e de toma de posesión e, a seguir, realizaranse os trámites para a súa alta na nómina.

Da dilixencia efectuada remitirase copia á Dirección Xeral da Función Pública da Consellería de Facenda.

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición, perante esta consellería, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou directamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses desde a mesma data, perante o xulgado do contencioso-administrativo competente, conforme os artigos 8 e 14 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 27 de maio de 2013

Elena Muñoz Fonteriz
Conselleira de Facenda

ANEXO

Datos da funcionaria:

Nome e apelidos: María de la Cruz Enjo Mallou.

Número de rexistro de persoal: 3330078502 A2060.

Corpo ou escala: corpo superior da Administración da Xunta de Galicia.

Subgrupo: A1.

Datos do posto de traballo:

Denominación: subdirector/a xeral de Coordinación de Investimentos e Fondos Comunitarios.

Código do posto: FCC070000215770001.

Nivel: 30.

Centro directivo ou dependencia: Dirección Xeral de Proxectos e Fondos Europeos.

Localidade: Santiago de Compostela.