Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Mércores, 19 de xuño de 2013 Páx. 23810

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANUNCIO do 28 de maio de 2013, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se cita por comparecencia a interesada (expediente PO.81/010, cta. 55).

De conformidade cos artigos 59 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, por descoñecer o domicilio da interesada que se relaciona no anexo, emprázase para que compareza no prazo de dez días, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede provincial do Instituto Galego de Vivenda e Solo (rúa Alcalde Hevia, nº 7, 4º planta, Pontevedra) das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, onde se lle dará conta do acto que se lle intenta notificar.

Unha vez transcorrido o dito prazo sen que a interesada compareza na oficina indicada, a notificación entenderase producida para todos os efectos desde o día seguinte ao desta publicación.

Pontevedra, 28 de maio de 2013

(Decreto 317/2009, do 4 de xuño)
José Luis Díez Yáñez
Xefe territorial de Pontevedra

Anexo

Expediente: PO.81/010, cta. 55.

Nome da interesada: Vanesa Cernadas Ferreira.

Último domicilio coñecido: rúa Luxemburgo, nº 2, 3º C, Pontevedra.

Nome da titular da vivenda: Olivia Ferreira Álvarez.

Domicilio da vivenda: rúa Luxemburgo, nº 2, 3º C, Pontevedra.

Indicación do contido do acto: trámite de alegacións no procedemento de cambio de titularidade da vivenda.