Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Mércores, 19 de xuño de 2013 Páx. 23811

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

RESOLUCIÓN do 5 de xuño de 2013 pola que se fai pública a formalización dun contrato de obras, non suxeito a regulación harmonizada.

En cumprimento do disposto no artigo 154.2 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato administrativo de obras: dragaxe da canle de acceso ao porto de Foz (Lugo).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Portos de Galicia.

b) Dependencia que impulsa o expediente: Área de Infraestruturas.

c) Dependencia que tramita o expediente: División de Contratación.

d) Clave do expediente: LU-14-03-12-01.

e) Enderezo da internet do perfil de contratante:

www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=18307

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: administrativo de obra.

b) Descrición do obxecto: dragaxe da canle de acceso ao porto de Foz (Lugo).

c) Medio de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia, número 3.

d) Data de publicación do anuncio de licitación: 4 de xaneiro de 2013.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria; expediente anticipado de gasto.

b) Procedemento: aberto, sistema multicriterio.

4. Valor estimado do contrato.

284.398,91 euros, IVE excluído.

5. Orzamento base de licitación.

Importe neto: 236.999,09 euros. Importe total: 286.768,90 euros.

6. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 28 de maio de 2013.

b) Data de formalización do contrato: 5 de xuño de 2013.

c) Contratista: Marcor Xove, S.L.

d) Nacionalidade: española.

e) Importe ou canon de adxudicación: importe neto: 203.819,22 euros. Importe total: 246.621,26 euros.

f) Tipo de oferta adxudicataria: solución base con redución de prazo.

Santiago de Compostela, 5 de xuño de 2013

José Juan Durán Hermida
Presidente de Portos de Galicia