Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Martes, 18 de xuño de 2013 Páx. 23515

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

RESOLUCIÓN do 28 de maio de 2013, da Dirección de Augas de Galicia, pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos por esta entidade pública no primeiro cuadrimestre do ano 2013.

O artigo 11 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e de boas prácticas na Administración pública galega (DOG nº 136, do 14 de xuño), establece que as entidades públicas vinculadas ou dependentes da Comunidade Autónoma de Galicia deberán publicar cuadrimestralmente no Diario Oficial de Galicia unha relación cos convenios de colaboración asinados no cuadrimestre anterior.

Polo que antecede, en virtude das facultades que teño concedidas,

RESOLVO:

Facer pública a relación dos convenios subscritos por Augas de Galicia durante o primeiro cuadrimestre do ano 2013, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 28 de maio de 2013

Francisco Menéndez Iglesias
Director de Augas de Galicia

ANEXO

Convenios de colaboración subscritos por Augas de Galicia durante o primeiro cuadrimestre do ano 2013

Convenio

Importe total do convenio

Data da sinatura

Convenio de colaboración entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia e o Concello de Lalín para a formalización da cesión de uso e a xestión do mantemento e conservación da obra de acondicionamento do río Pontiñas.

Sen importe

9.4.2013

Convenio de colaboración entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia e a Comunidade de Usuarios de Laro para a execución da obra de realización de nova captación e condución de abastecemento en Laro (Silleda).

60.255,87

10.4.2013

Convenio de colaboración entre Augas de Galicia e o Colexio de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos, para o desenvolvemento do II Congreso Internacional de Enxeñaría Civil e Territorio,
Galicia-Norte de Portugal: Auga, Cultura e Sociedade. Vigo, 20,
21 de maio de 2013.

4.500,00

18.4.2013

Addenda nº 2 ao convenio subscrito pola Xunta de Galicia, Augas de Galicia e o Concello de Vigo con Aguas de las Cuencas del Norte, S.A., como usuarios da actuación hidráulica saneamento de Vigo.

229.996.000,00

19.4.2013