Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Martes, 18 de xuño de 2013 Páx. 23517

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consello Consultivo de Galicia

RESOLUCIÓN do 29 de maio de 2013 pola que se anuncia a licitación, mediante procedemento aberto, da contratación do servizo de mantemento e conservación do Pazo de Amarante, sede do Consello Consultivo de Galicia, do Consello Económico e Social e do Consello Galego de Relacións Laborais.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consello Consultivo de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral do Consello Consultivo de Galicia.

Enderezo: rúa Algalia de Abaixo, 24, 15704 Santiago de Compostela.

Teléfono: 981 55 21 10; fax: 981 58 33 15.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: servizo.

b) Descrición do obxecto: servizo de mantemento e conservación do Pazo de Amarante.

3. Orzamento do contrato: 48.400,00 €.

Exercicio 2013: 12.100,00 €.

Exercicio 2014: 24.200,00 €.

Exercicio 2015: 12.100,00 €.

4. Prazo de vixencia: dous anos, prorrogable.

5. Fianzas.

Provisional: non se exixe.

Definitiva: 5 % do orzamento de adxudicación.

6. Clasificación do contratista: non se exixe.

7. Presentación de propostas:

a) Lugar: Rexistro Xeral do Consello Consultivo de Galicia. Pazo de Amarante, 2º andar; rúa Algalia de Abaixo, 24, 15704 Santiago de Compostela.

b) Prazo: comezará o día seguinte ao da publicación deste anuncio no DOG e terminará o décimo quinto día natural, ás 14.00 horas. Se o último día for inhábil, prolongarase o prazo ata o día hábil seguinte.

c) Forma: os licitadores presentarán as súas propostas en tres sobres pechados e en cada un figurarán o nome do licitador e o obxecto do contrato.

8. Documentación que presentarán os licitadores: os licitadores presentarán a documentación especificada nos pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas.

9. Modelo de proposición económica: o que figura como anexo III no prego de cláusulas administrativas particulares.

10. Pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas: todos os interesados poderán consultalos na Secretaría Xeral do Consello Consultivo de Galicia. Tamén se poderán obter os pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo da internet: http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=19010

11. Apertura de proposicións: terá lugar en acto público, na sala de xuntas do Consello Consultivo de Galicia, ás 11.00 horas da data que será anunciada con antelación no perfil do contratante http://www.contratosdegalicia.es/

12. Anuncios: os gastos orixinados pola publicación deste anuncio serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 29 de maio de 2013

Mª Teresa Conde-Pumpido Tourón
Presidenta do Consello Consultivo de Galicia