Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Martes, 18 de xuño de 2013 Páx. 23396

III. Outras disposicións

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 27 de maio de 2013, da Dirección Xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, pola que se ordena a publicación do acordo da Comisión Bilateral de Cooperación Administración Xeral do Estado-Comunidade Autónoma de Galicia en relación coa Lei 2/2013, do 27 de febreiro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2013.

Consonte o establecido no artigo 33 da Lei orgánica 2/1979, do 3 de outubro, do Tribunal Constitucional, modificado pola Lei orgánica 1/2000, do 7 de xaneiro, esta dirección xeral dispón a publicación do acordo que figura como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 27 de maio de 2013

Gonzalo José Ordóñez Puime
Director xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias

ANEXO
Acordo da Comisión Bilateral de Cooperación Administración Xeral do Estado-Comunidade Autónoma de Galicia en relación coa Lei 2/2013, do 27 de febreiro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2013

A Comisión Bilateral de Cooperación Administración Xeral do Estado-Comunidade Autónoma de Galicia, na súa reunión celebrada o día 30 de abril de 2013, adoptou o seguinte acordo:

1º. Iniciar negociacións para resolver as discrepancias manifestadas en relación co artigo 76.dous da Lei 2/2013, do 27 de febreiro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2013.

2º. Designar un grupo de traballo para propor á Comisión Bilateral de Cooperación a solución que proceda.

3º. Comunicar este acordo ao Tribunal Constitucional antes do próximo día 29 de maio de 2013, para os efectos previstos no artigo 33.2 da Lei orgánica do Tribunal Constitucional, así como inserir este acordo no Boletín Oficial del Estado e no Diario Oficial de Galicia.

Madrid, 30 de abril de 2013

Cristóbal Montoro Romero
Ministro de Facenda e Administracións Públicas

Alfonso Rueda Valenzuela
Vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza