Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Martes, 18 de xuño de 2013 Páx. 23397

III. Outras disposicións

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 7 de xuño de 2013, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Economía e Industria, pola que se lles dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos por esta consellería no primeiro cuadrimestre do ano 2013.

O artigo 11 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega (DOG nº 136, do 14 de xullo), impón a cada consellería da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Darlle publicidade á relación dos convenios subscritos pola Consellería de Economía e Industria nos meses de xaneiro, febreiro, marzo e abril do ano 2013 que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 7 de xuño de 2013

Borja Verea Fraiz
Secretario xeral técnico da Consellería de Economía e Industria

ANEXO

Convenios de colaboración subscritos pola Consellería de Economía e Industria nos meses de xaneiro, febreiro, marzo e abril do ano 2013

Convenio

Data de sinatura

Importe

Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía e Industria e a Federación Galega de Municipios e Provincias para o apoio e asesoramento aos concellos en materia de subministración e comercialización de enerxía eléctrica e aforro enerxético.

8.4.2013

37.500

Acordo de cooperación interadministrativo entre a Consellería de Economía e Industria e a Consellería de Traballo e Benestar para a posta en marcha na Comunidade Autónoma de Galicia de medidas de apoio específico ao sector naval.

1.4.2013

452.703