Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Martes, 18 de xuño de 2013 Páx. 23511

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 31 de maio de 2013, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se emprazan os interesados para seren notificados por comparecencia en varios expedientes sancionadores.

De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentada a notificación persoal dúas veces, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.

O acto foi adoptado polo xefe territorial.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede do Servizo Xurídico-Administrativo da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural e do Mar, sita na rúa Fernández Ladreda. Edificio Administrativo, 2º andar (Pontevedra), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte.

Pontevedra, 31 de maio de 2013

Gerardo Zugasti Enrique
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: INC-PO-0039/2013-VNA.

Denunciado: Gabriel Fernández Martínez.

Acto de notificación: proposta de resolución.

Expediente: INC-PO-0071/2013-BIO.

Denunciada: María Venancia Veiga Meneses.

Acto de notificación: acordo de incoación.

Expediente: INC-PO-0085/2013-VNA.

Denunciado: Miguel Sieiro Valle.

Acto de notificación: acordo de incoación.

Expediente: MON-PO-0103/2012-CSA.

Denunciado: Milucho Obras y Construcciones.

Acto de notificación: proposta de resolución.

Expediente: MON-PO-0110/2012-ONA.

Denunciado: Roberto C. Estévez Sanmartín.

Acto de notificación: proposta de resolución.