Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Martes, 18 de xuño de 2013 Páx. 23520

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

RESOLUCIÓN do 16 de abril de 2013 pola que se autoriza o inicio de trámite en competencia de proxectos relativo á solicitude presentada por Vendeduría Portas, S.L. dunha concesión administrativa no porto de Ribeira (clave 12-48-11-C-4).

A empresa Vendeduría Portas, S.L. solicitou a este ente público unha concesión administrativa no dominio público portuario do porto de Ribeira con destino á construción e explotación dunha nave con destino a almacén de caixas.

O que, en cumprimento do artigo 85.1 do Real decreto lexislativo 2/2011, do 5 de setembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de portos do Estado e da mariña mercante, aplicable na falta de lexislación autonómica propia, se fai público para que nun prazo dun (1) mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia, poidan presentarse outras solicitudes que teñan o mesmo ou distinto obxecto que aquela, e que deben reunir os requisitos previstos no artigo 84 do citado Real decreto lexislativo 2/2011.

As solicitudes deberán presentarse mediante instancia dirixida ao presidente do ente público Portos de Galicia, sito no Edificio de Área Central, praza de Europa, 5-A, 6º, Santiago de Compostela. O plano de localización da concesión solicitada atópase á disposición do público para o seu exame en horas de oficina, nas citadas oficinas deste ente público e na páxina web www.portosdegalicia.es, na epígrafe de «documentos» e dentro de «pregos e documentos».

Santiago de Compostela, 16 de abril de 2013

José Juan Durán Hermida
Presidente de Portos de Galicia