Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Luns, 17 de xuño de 2013 Páx. 23379

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Pobra do Brollón

ANUNCIO de información pública relativo a redes de telecomunicacións.

José Ángel Aveal Ribeiros, en representación da empresa Redes de Telecomunicación Galegas Retegal, solicitou a esta Alcaldía licenza municipal para redes de telecomunicacións, que se situarán na parroquia de Saa, lugar do Alto do Coto, deste termo municipal. Cumprindo o disposto no artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, de avaliación da incidencia ambiental, sométese a información pública polo prazo de vinte días hábiles, co fin de que durante ese prazo, que comenzará a contarse desde o día seguinte ao da inserción do presente edicto no Diasrio Oficial de Galicia, poidan examinar o expediente na secretaría deste concello, as persoas que dalgún modo se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que consideren oportunas.

A Pobra do Brollón, 20 de maio de 2013

José Luis Maceda Vilariño
Alcalde