Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Luns, 17 de xuño de 2013 Páx. 23380

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello das Pontes de García Rodríguez

ANUNCIO de convocatoria dunha praza de redactor/a locutor/a cámara correspondente á oferta de emprego de 2010.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña número 58, do 25 de marzo de 2011, e no número 66, do 6 de abril (corrección de erros), publicáronse as bases xerais e, no número 94, do 20 de maio de 2013, as específicas para a dotación dunha praza de redactor/a locutor/a cámara, prazas de persoal laboral en consolidación de emprego temporal, correspondentes á oferta de emprego de 2010. O prazo de presentación de instancias para esas convocatorias comezará a partir do día seguinte ao de inserción de anuncio no Boletín Oficial del Estado. O que se fai público para xeral coñecemento.

As Pontes de García Rodríguez, 21 de maio de 2013

Valentín González Formoso
Alcalde presidente