Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Luns, 17 de xuño de 2013 Páx. 23357

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

RESOLUCIÓN do 3 de xuño de 2013 pola que se fai pública a formalización do contrato de obras para a rehabilitación da casa do administrador, museo histórico de Sargadelos, Cervo.

En cumprimento do disposto no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato administrativo:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Axencia Turismo de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Xerencia da Axencia de Turismo de Galicia.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es

d) Data de publicación no perfil do contratante: 3 de xuño de 2013.

1.2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: obras.

b) Descrición: contrato de obras para a rehabilitación da casa do administrador, museo histórico de Sargadelos, Cervo (Lugo).

1.3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: negociado sen publicidade.

1.4. Orzamento base de licitación: 65.054,67 €, IVE excluído.

1.5. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 29 de maio de 2013.

b) Data de formalización do contrato: 3 de xuño de 2013.

c) Contratista: Construcciones Amaro Basanta, S.L.

d) Importe de adxudicación: 63.532,39 euros, IVE excluído.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta economicamente máis vantaxosa ao obter a maior puntuación, en aplicación dos criterios de adxudicación establecidos no prego de cláusulas administrativas que rexe o procedemento.

Santiago de Compostela, 3 de xuño de 2013

Mª Nava Castro Domínguez
Directora da Axencia Turismo de Galicia