Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Luns, 17 de xuño de 2013 Páx. 23356

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

CÉDULA do 15 de maio de 2013, do Servizo Provincial de Infraestruturas de Pontevedra, pola que se fai pública unha notificación do procedemento para a imposición de multa coercitiva recaída no expediente sancionador 109/10.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), notifícase á persoa que se cita a continuación a apertura do procedemento para a imposición de multa coercitiva recaída no expediente sancionador instruído por infracción da Lei 4/1994, do 14 de setembro, de estradas de Galicia (DOG nº 210, do 31 de outubro).

Nº de expediente: 109/10.

Denunciado: Arturo Novás Pérez (Camping Sol y Mar).

Enderezo: Balea, 62, 36980 O Grove (Pontevedra).

Os ditos interesados dispoñen dun prazo de oito días contados a partir do seguinte día ao da publicación deste edicto para poderen examinar os expedientes no Servizo Provincial de Infraestruturas de Pontevedra, da Axencia Galega de Infraestruturas da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas (r/ Fernández Ladreda, 43, 1º, Edificio Administrativo, 36003 Pontevedra) e presentar ante o citado servizo as alegacións que considere pertinentes.

Pontevedra, 15 de maio de 2013

Fausto Núñez Vilar
Xefe do Servizo Provincial de Infraestruturas de Pontevedra