Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Venres, 14 de xuño de 2013 Páx. 23033

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 4 de xuño de 2013 pola que se emprazan os interesados no procedemento ordinario 142/2013, no expediente de reposición da legalidade IU2/153/2010, ao ser devolta a notificación polo servizo de Correos.

Para os efectos de darlle cumprimento ao solicitado polo Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Pontevedra, en relación co procedemento ordinario núm. 142/2013, interposto por José Luis Viñas Vázquez, contra a resolución desestimatoria do recurso potestativo de reposición, ditada pola Axencia de Protección da Legalidade Urbanística no expediente de reposición da legalidade núm. IU2/153/2010, polo que se declaran ilegalizables as obras executadas en solo rústico, sen autorización urbanística autonómica, consistentes na construción dunha vivenda unifamiliar e unha edificación auxiliar, no lugar do Monte, parroquia de Deiro, concello de Vilanova de Arousa; esta dirección resolveu ordenar a remisión do correspondente expediente ao Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Pontevedra.

Polo exposto, mediante esta resolución emprázase a Juan Otero Piñeiro para que poida comparecer como interesado nos autos no prazo de nove días, de acordo co disposto no artigo 49.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 4 de xuño de 2013

María Martínez Allegue
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística