Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Venres, 14 de xuño de 2013 Páx. 23014

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

RESOLUCIÓN do 10 de xuño de 2013 pola que se anuncia a contratación, por procedemento aberto, tramite ordinario e suxeito a regulación harmonizada, dun servizo para a realización de controis posteriores sobre operacións xestionadas pola Secretaría Xeral do Mar no marco da medida 2.3. Transformación e comercialización dos produtos da pesca e da acuicultura, do programa operativo FEP 2007-2013, actuación cofinanciada nun 75 % polo Fondo Europeo de Pesca, no eixe prioritario 5, medida 1 (expediente 26/2013).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería do Medio Rural e do Mar.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: contrato administrativo de servizos.

b) Descrición do obxecto: servizo para a realización de controis posteriores previstos no artigo 56 do Regulamento (CE) 1198/2006, sobre operacións xestionadas pola Secretaría Xeral do Mar no marco da medida 2.3. Transformación e comercialización dos produtos da pesca e da acuicultura, do programa operativo FEP 2007-2013.

c) División por lotes e número: non.

d) Prazo de execución: 6 meses desde o día seguinte ao da sinatura do contrato.

e) Admisión de prórroga: non.

f) CPV: 79212000-3.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria e aberto.

Criterios de adxudicación: recollidos no prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Orzamento base de licitación.

Importe neto: 231.404,60 €, IVE (21 %): 48.594,97 €. Importe total: 279.999,57 €.

Valor estimado: 231.404,60 €.

5. Financiamento: fondos propios 25 %, Fondo Europeo de Pesca 75 %.

6. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non se exixe.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: segundo o disposto nas epígrafes J e K da folla de especificacións.

7. Garantía exixida: definitiva: 5 % do orzamento base de licitación, excluído o IVE.

8. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar. Servizo de Contratación.

b) Domicilio: Edificio Administrativo San Caetano nº 5-2º andar, Santiago de Compostela.

c) Teléfonos: 981 54 57 42 (consultas administrativas), 981 54 00 99 (consultas técnicas).

d) Telefax: 981 54 40 47.

e) Enderezo electrónico: licitacion.medioruralemar@xunta.es

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata a data límite de presentación das ofertas, todos os días laborables, excepto sábados, desde as 9.00 ás 14.00 horas.

Tamén se poderán obter os pregos relativos a esta contratación a través da internet no enderezo http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=19008

9. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación: o 8 de xullo de 2013.

b) Documentación que deben presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: o único rexistro válido será a Oficina de Rexistro Único e Información da Xunta de Galicia (Edificio Administrativo San Caetano s/n, Santiago de Compostela, CP 15781), poderase enviar por correo dentro do prazo de admisión sinalado a este Rexistro Único. Cando a oferta se envíe por correo certificado dentro do prazo de admisión, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciarlle a súa remisión ao órgano de contratación no mesmo día, mediante telegrama, burofax ou fax (981 54 40 47).

d) Prazo en que o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous (2) meses contados desde a data de apertura das proposicións.

10. Apertura das ofertas.

a) Enderezo: sala de xuntas da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar.

b) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

c) Datas e horas: a apertura dos sobres B terá lugar en acto público, ás 12.00 horas do 18 de xullo de 2013. A apertura dos sobres C terá lugar en acto público, no lugar, na data e na hora que se comunicará mediante a súa publicación no perfil do contratante e mediante o envío dun fax a cada un dos licitadores.

11. Gastos de publicidade: serán por conta do/s adxudicatario/s.

12. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 10 de xuño de 2013.

Santiago de Compostela, 10 de xuño de 2013

P.D. (Orde 30.3.2012; DOG nº 70, do 12 de abril)
Francisco José Vidal-Pardo Pardo
Secretario xeral técnico da Consellería do Medio Rural e do Mar