Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Venres, 14 de xuño de 2013 Páx. 23017

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 29 de maio de 2013, da Dirección Xeral de Produción Agropecuaria, polo que se notifican os acordos de inicio dos procedementos para declarar a perda do dereito ao cobramento total da axuda para a mellora e modernización das estruturas de produción das explotacións agrarias e o reintegro das cantidades percibidas en concepto de bonificación de xuros, do expediente 27/00298/04B e catro máis.

De conformidade cos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícanselles ás persoas interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio os acordos de inicio dos procedementos para declarar a perda do dereito ao cobramento total da axuda para a mellora e modernización das estruturas de produción das explotacións agrarias e o reintegro das cantidades percibidas en concepto de bonificación de xuros.

As persoas relacionadas no anexo poden recoller o respectivo acordo no prazo de dez días hábiles, que se contarán desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas oficinas do Servizo de Explotacións Agrarias, da Dirección Xeral de Produción Agropecuaria, Consellería do Medio Rural e do Mar (Edificio Administrativo San Caetano, Santiago de Compostela), de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas, para o coñecemento do dito acordo e constancia de tal coñecemento.

O presente anuncio remitirase, así mesmo, aos concellos correspondentes ao último enderezo coñecido das persoas interesadas, en aplicación do artigo 59.5 da Lei 30/1992, co obxecto de que procedan á súa publicación por medio dun anuncio no seu taboleiro de edictos.

Segundo o artigo 77.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, os/as interesados/as poderán presentar cantas alegacións e documentos consideren convenientes. Dispoñen para iso dun prazo de 15 días, que se contarán a partir do día seguinte a aquel en que comparezan para recoller o devandito acordo ou a partir do día seguinte ao do transcurso do prazo previsto no parágrafo anterior sen que comparezan. Se o/a beneficiario/a non presenta alegacións, o órgano competente poderá, sen máis trámite, resolver este procedemento nos mesmos termos contidos no acordo de inicio.

Santiago de Compostela, 29 de maio de 2013

Patricia Ulloa Alonso
Directora xeral de Produción Agropecuaria

ANEXO

1. Procedemento: expediente número 27/00298/04-B, de axuda para a mellora e modernización das estruturas de produción das explotacións agrarias.

Interesada: Pardo Teijeiro, María Luisa.

Acto de notificación: acordo de inicio do procedemento para declarar a perda do dereito ao cobramento total da axuda e o reintegro das cantidades percibidas en concepto de bonificación de xuros.

Último enderezo coñecido: Chorexe, s/n, 27207 Palas de Rei, Lugo.

2. Procedemento: expediente número 27/00474/04-B, de axuda para a mellora e modernización das estruturas de produción das explotacións agrarias.

Interesado: López Díaz, José Antonio.

Acto de notificación: acordo de inicio do procedemento para declarar a perda do dereito ao cobramento total da axuda e o reintegro das cantidades percibidas en concepto de bonificación de xuros.

Último enderezo coñecido: Santiago de Souto, nº 13, Lama, 27693 Láncara, Lugo.

3. Procedemento: expediente número 27/00437/05-B, de axuda para a mellora e modernización das estruturas de produción das explotacións agrarias.

Interesado: Arias Fernández, Alfonso.

Acto de notificación: acordo de inicio do procedemento para declarar a perda do dereito ao cobramento total da axuda e o reintegro das cantidades percibidas en concepto de bonificación de xuros.

Último enderezo coñecido: Santa María do Monte, 27630 Triacastela, Lugo.

4.Procedemento: expediente número 27/50037/05-A, de axuda para a mellora e modernización das estruturas de produción das explotacións agrarias.

Interesada: Gómez da Lama, Lourdes.

Acto de notificación: acordo de inicio do procedemento para declarar a perda do dereito ao cobramento total da axuda e o reintegro das cantidades percibidas en concepto de bonificación de xuros.

Último enderezo coñecido: Sobreira, Fornas, 1, 27518 Chantada, Lugo.

5. Procedemento: expediente número 27/00922/06-B, de axuda para a mellora e modernización das estruturas de produción das explotacións agrarias.

Interesado: Sobrado Farelo, Teófilo.

Acto de notificación: acordo de inicio do procedemento para declarar a perda do dereito ao cobramento total da axuda e o reintegro das cantidades percibidas en concepto de bonificación de xuros.

Último enderezo coñecido: Leirado, 2, 27693 Láncara, Lugo.