Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Venres, 14 de xuño de 2013 Páx. 22993

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 23 de maio de 2013, da Dirección Xeral de Mobilidade, pola que se publica o cambio de titularidade da concesión do servizo público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada V-7072; XG-446, A Coruña-San Pedro de Présaras-Mezonzo, con anexos.

A Dirección Xeral de Mobilidade, mediante acordo directivo do 10 de decembro de 2012, autorizou o cambio de titularidade da concesión V-7072; XG-446 a favor da empresa Autos S. Vázquez, S.L. por cesión do seu anterior titular, Compañía Metropolitana de Transportes de Coruña, S.L.

O que se publica unha vez que se cumpriron os requisitos a que se condicionou tal autorización, quedando subrogado o novo concesionario nos dereitos e obrigas da concesión.

Santiago de Compostela, 23 de maio de 2013

Miguel Rodríguez Bugarín
Director xeral de Mobilidade