Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Venres, 14 de xuño de 2013 Páx. 22994

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 29 de maio de 2013, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, pola que se fai público o cofinanciamento pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional nun 70 % no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, eixe 3, tema prioritario 51, do contrato de servizo da elaboración do Plan estratéxico director para a optimización socioeconómica dos parques naturais de Galicia (expediente 2010/10-1).

O secretario xeral técnico da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, para os efectos previstos nos artigos 8 e 9 do Regulamento (CE) 1828/2006 da Comisión, do 8 de decembro, acordou dar publicidade do cofinanciamento pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional nun 70 % no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, do contrato de servizo da elaboración do Plan estratéxico director para a optimización socioeconómica dos parques naturais de Galicia (expediente 2010/10-1), adxudicado pola Resolución do 16 de xuño de 2010, eixe 3, tema prioritario 51.

Santiago de Compostela, 29 de maio de 2013

P.D. (Orde do 15 de marzo de 2012; DOG número 58, do 23 de marzo)
José Antonio Fernández Vázquez
Secretario xeral técnico da Consellería de Medio Ambiente,
Territorio e Infraestruturas