Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Venres, 14 de xuño de 2013 Páx. 22884

III. Outras disposicións

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 22 de abril de 2013, da Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, sobre a aprobación definitiva do expediente de delimitación do solo do núcleo rural de San Xoán, parroquia de San Xoán de Segovia, concello do Corgo (Lugo).

O Concello do Corgo remite o proxecto de delimitación do solo do núcleo rural de San Xoán, parroquia de San Xoán de Segovia, integrado por memoria, planos e anexos de información, fotográfico e nomenclátor, redactados en outubro de 2012 polo arquitecto técnico Enrique Mayo López, para os efectos de resolver sobre a súa aprobación definitiva, conforme a disposición adicional 2ª.2 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.

Analizada a documentación achegada polo concello e vista a proposta subscrita pola Subdirección Xeral de Urbanismo, resulta:

I. Antecedentes.

O Concello do Corgo carece de instrumentos de planeamento xeral e réxese polas normas de aplicación directa da LOUG e, no que non se opón a estas, polas Normas complementarias e subsidiarias de planeamento provincial.

No 6.2.2012 a Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo ditou resolución de non aprobación dun proxecto de delimitación do núcleo, indicando deficiencias que se debían emendar.

Respecto da tramitación administrativa, cabe sinalar o seguinte:

• Procedeuse á publicación de anuncios no DOG (11.4.2011) e nos xornais El Progreso (23.3.2011) e La Voz de Galicia de Lugo (8.4.2011).

• Consta Decreto do 11.1.2011 sobre o acordo de aprobación inicial da delimitación.

• Consta certificación do secretario municipal do 1.8.2011 sobre a exposición pública do proxecto e a non presentación de alegacións.

• O Concello Pleno do Corgo, na súa sesión do 20 de decembro de 2012, adoptou acordo de aprobación provisoria.

• No 5.7.2011 emitiu informe favorable a Deputación Provincial de Lugo en relación coa estrada LU-P-2918, condicionado ao sinalamento dunha liña límite de edificación de 11 metros respecto do eixo da referida estrada.

• A Dirección Xeral de Patrimonio Cultural emite informe favorable ao proxecto o 4.12.2012, condicionado á introdución dalgunhas prescricións na normativa, tras un primeiro informe desfavorable emitido o 18.10.2011.

II. Contido.

O proxecto propón unha nova delimitación do asentamento poboacional de San Xoán, como núcleo rural complexo, cunha superficie de 24.771 m2, na cal se diferencia unha parte de núcleo rural histórico tradicional, de 5.623 m2, e outra de núcleo rural común de 19.148 m2. O asentamento atópase atravesado pola estrada provincial LU-P-2918.

A delimitación fixa as condicións de uso e de edificación nos terreos delimitados, define o trazado viario, asumindo as aliñacións existentes, e identifica tres elementos de valor cultural (igrexa, casa grande e cruceiro) e dous equipamentos existentes (cemiterio e igrexa parroquiais).

III. Análise e consideracións.

O asentamento delimitado conta con topónimo recoñecido no Nomenclátor de entidades de poboación da provincia de Lugo (Decreto 6/2000), así como no censo de poboación e vivendas do Instituto Nacional de Estatística.

Os terreos incluídos no NRHT cumpren o requisito de distancia establecido no artigo 13.3.a) da LOUG. Nos ámbitos do núcleo cúmprense os requisitos de consolidación exixidos.

O novo proxecto reduciu a altura máxima das edificacións en NRHT, fixándoa en 6 m, e eliminouse a posibilidade de construír semisotos en NRHT e NRC.

O proxecto cumpre as observacións formuladas no informe da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural do 4.12.2012, recollidas na súa epígrafe «Medidas protectoras e correctoras».

A resolución desta secretaria xeral do 2 de febreiro de 2012 recollía unha serie de observacións que foron seguidas nesta nova versión do proxecto de delimitación.

De acordo co punto 2 da disposición adicional segunda da LOUG, e co artigo 12.1.b) do Decreto 316/2009, do 4 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, a competencia para resolver sobre a aprobación definitiva dos expedientes de delimitación de solo de núcleos rurais corresponde á secretaria xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo.

IV. Resolución.

Visto canto antecede,

RESOLVO:

1. Aprobar o proxecto de delimitación do solo de núcleo rural de San Xoán, na parroquia de San Xoán de Segovia, no concello do Corgo.

2. Contra esta resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada ante a CMATI, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución, sen prexuízo de que os interesados poidan exercer, se for o caso, calquera outro que consideren procedente (artigos 48, 58, 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro). Se o interesado é unha administración pública, non caberá interpoñer recurso en vía administrativa e pódese interpoñer recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da notificación, sen prexuízo da formulación, se for o caso, do requirimento previo en igual prazo (artigos 44 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa).

3. Notifíquese ao concello e publíquese no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 22 de abril de 2013

María Encarnación Rivas Díaz
Secretaria xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo

missing image file