Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Venres, 14 de xuño de 2013 Páx. 22991

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 21 de maio de 2013, do Servizo de Mobilidade de Pontevedra, pola que se someten a trámite de información pública os expedientes de regularización das concesións de servizo público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada V-0377/XG-019; V-0527/XG-034; V-2432/XG-233; V-7042/XG-416 e V-7066/XG-440.

Ao abeiro do establecido na Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres, e no seu regulamento de execución, aprobado polo Real decreto 1211/1990, do 28 de setembro, iniciáronse expedientes de modificación das seguintes concesións:

V-0377; XG-019, Pontevedra-Bora-Pontevedra, con anexos de Autobuses de Pontevedra, S.A.

V-0527; XG-034, Vigo-Antas, con anexos, de Castromil, S.A.

V-2432; XG-233, Mosende-Bouzas, con anexos, de Empresa Vda. de J. Domínguez, S.L.

V-7042; XG-416, Lugo-Lalín-Pontevedra-Vigo, con anexos, de Gómez de Castro, S.A.

V-7066; XG-440, Ponte Internacional-Tui-O Porriño-Pontevedra, con anexos, de Castromil, S.A.

Os interesados ou afectados nos expedientes poderán comparecer no procedemento e, logo do exame da documentación pertinente no Servizo de Mobilidade de Pontevedra (Edificio Administrativo da Xunta de Galicia, avda. Fernández Ladreda, nº 43, 1º andar), efectuar as alegacións que estimen oportunas no prazo de quince días, que se contará a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Dentro dese mesmo prazo poderase acceder á documentación en soporte electrónico mediante a correspondente solicitude no enderezo: mobilidade.pontevedra@xunta.es

Pontevedra, 21 de maio de 2013

José Jorge Martínez Fernández
Xefe do Servizo de Mobilidade de Pontevedra