Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Xoves, 13 de xuño de 2013 Páx. 22590

IV. Oposicións e concursos

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 15 de maio de 2013, da Dirección Xeral de Administración Local, pola que se publica a adxudicación dun posto de traballo reservado a funcionarios con habilitación de carácter estatal polo sistema de libre designación.

De conformidade co disposto no artigo 37 do Decreto 49/2009, do 26 de febreiro, sobre o exercicio de competencias da Comunidade Autónoma de Galicia respecto dos/das funcionarios/as con habilitación de carácter estatal, en concordancia coa disposición adicional segunda da Lei 7/2007, do 12 de abril, do Estatuto básico do empregado público, e no exercicio da competencia atribuída polo artigo 15.1 do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia, e pola Orde do 14 de maio de 2013, sobre delegación de competencias, esta dirección xeral

DISPÓN:

Dar publicidade á resolución da Alcaldía do Concello de Santiago de Compostela, do 8 de maio de 2013, que resolve a convocatoria do posto de secretario/a xeral do Pleno do Concello de Santiago de Compostela, polo sistema de libre designación, e que designa como secretario xeral do Pleno do Concello de Santiago de Compostela a Juan Manuel Salguero del Valle, con NRP 9746879/24/A/3011.

Santiago de Compostela, 15 de maio de 2013

José Norberto Uzal Tresandí
Director xeral de Administración Local

ANEXO

Corporación: Concello de Santiago de Compostela (A Coruña).

Posto adxudicado: secretario xeral do Pleno.

Publicación da convocatoria: Resolución do 6 de marzo de 2013, da Dirección Xeral de Administración Local (Diario Oficial de Galicia nº 61, do 27 de marzo).

Resolución de adxudicación: Decreto da Alcaldía do 27 de marzo de 2012.

Adxudicatario: Juan Manuel Salguero del Valle, con NRP 9746879/24/A/3011.

Subescala e categoría: secretaría; categoría superior.