Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Xoves, 13 de xuño de 2013 Páx. 22694

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

CÉDULA do 31 de maio de 2013, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifica o acordo de incoación de expediente sancionador a Gravas y Áridos del Louro, S.L., co número IN635C 2013/42-4.

Ante a imposibilidade de notificación polo conduto habitual, por medio desta cédula notifícaselle a Gravas y Áridos del Louro, S.L., o acordo de incoación de expediente sancionador do 8 de maio de 2013.

Comunícase que o dito acordo se encontra á súa disposición, no prazo de 15 días, das 9.00 ás 14.00 horas, na Área Xurídica das dependencias desta xefatura territorial, sitas na avenida Fernández Ladreda, 43, 5ª planta, Pontevedra.

Así mesmo, durante ese mesmo prazo e de acordo co disposto no artigo 16.1 do Real decreto 1398/1993, polo que se aproba o Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, poderá presentar cantas alegacións e/ou documentos que considere convenientes.

A presente cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Pontevedra, 31 de maio de 2013

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra