Ante a imposibilidade de notificación polo conduto habitual, por medio desta cédula notifícaselle a Pontevex, S.L. o acordo de incoación de expediente sancionador do 8 de maio de 2013.
Comunícaselle que o dito acordo se encontra á súa disposición, no prazo de 15 días, das 9.00 ás 14.00 horas, na Área Xurídica das dependencias desta xefatura territorial, sitas na avenida Fernández Ladreda, 43, 5ª planta, Pontevedra.
Así mesmo durante ese mesmo prazo e de acordo co disposto nos artigos 18 e 19 do Real decreto 1398/1993, polo que se aproba o Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, poderá presentar cantas alegacións e/ou documentos que considere convenientes.
A presente cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
Pontevedra, 30 de maio de 2013
Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra