Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Xoves, 13 de xuño de 2013 Páx. 22688

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 22 de maio de 2013, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa dunha instalación eléctrica no concello de Dumbría (expediente IN407A 2005/258).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Ferroatlántica, S.A.U.

Domicilio social: estrada ao mirador, 15297 Ézaro, Dumbría (A Coruña).

Denominación: adaptación da subestación de Dumbría.

Situación: concello de Dumbría.

Características técnicas:

Subestación eléctrica de 220/66 kV de Santa Uxía para instalar na actual subestación de 66 kV da Central de Santa Uxía, unha vez desmantelada, que estará integrada por:

• Un transformador de potencia de 1×(132/175) MVA-OFAN/OFAF e tensións de 220/66 kV.

• Aparellaxe convencional para 220 kV:

Seccionador trifásico motorizado xiratorio con coitelas de pat para 245 kV e 1.250 A, DIGUN 245/2000+2 MEG 90/110-CC+PRT 306/6+PRT 304/6.

Pararraios autoválvulas para 245 kV e 10 kV. EXLIM Q192-EH425.

Tres transformadores de tensión UTF-245 e tres de intensidade CA-245.

Interruptor automático tripolar en SF6 para 245 KV e 3.150 A. LTB 245/E1.

Conexionado entre os distintos elementos en condutor LA-455, embarrados trifásicos con tubo AL 63/53 e cadeas de illadores de amarre de vidro.

• Aparellaxe para 66 kV con Inominal de 2.000 A; corrente de curta duración 31,5 kA, tensión asignada 72,5 kV e tensión de proba 325 kV:

Posición de transformador PASS M00 de seccionamento de liña e a terra, interruptor automático e transformador de intensidade.

Pararraios autoválvulas de óxido metálico convencionais de 10 kA.

Tres trafos de tensión triple secundario convencionais para protección, facturación e medida.

Interconexión co transformador de potencia mediante liña soterrada HERSATENE RHZ1-RA+2OL(S) 36/66 kV de 3(1×630) mm Cu + H165.

• 4 posicións de liñas compacta de 66 kV:

Posición PASS M00 de seccionamento de liña e a terra, interruptor automático e transformador de intensidade para a LAT 66 kV das centrais hidráulicas de Castrelo e Novo Pindo.

Posición PASS M00 de seccionamento de liña e a terra, interruptor automático e transformador de intensidade para a LAT 66 KV da fábrica Ferroatlántica de Cee.

Posición PASS M00 de seccionamento de liña e a terra, interruptor automático e transformador de intensidade para a LAT 66 KV do grupo 1 da central de hidráulicas de Santa Uxía.

Posición PASS M00 de seccionamento de liña e a terra, interruptor automático e transformador de intensidade para a LAT 66 KV do grupo 2 da central de hidráulicas de Santa Uxía.

Adecuación do actual edificio de control da subestación de 66 kV da Central de Santa Uxía, instalación de equipamentos de protección, medida, servizos auxiliares, comunicacións e baterías de condensadores.

Reforzo estrutural da cuberta do módulo lateral do actual edificio da subestación de Santa Uxía, para situar os aparellos de 66 kV.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, situada no Edificio Administrativo de Monelos, rúa Vicente Ferrer, 2, 2º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días a partir da última publicación.

A Coruña, 22 de maio de 2013

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña