Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Mércores, 12 de xuño de 2013 Páx. 22405

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 22 de maio de 2013, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se anuncia a contratación da subministración sucesiva de enerxía eléctrica (MI-SER1-13-005).

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información.

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Recursos Económicos.

c) Obtención de documentación e información:

1) Dependencia: Servizo de Contratación.

2) Domicilio: Edificio Administrativo San Lázaro s/n, 2ª planta.

3) Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela.

4) Teléfono: 881 54 27 87

5) Telefax: 881 54 27 62.

6) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

7) Data límite de obtención de documentación e información: antes das 14.00 horas do día 28.6.2013.

d) Número de expediente: MI-SER1-13-005.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: subministración.

b) Descrición: subministración sucesiva de enerxía eléctrica.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: non.

d) Prazo de execución/entrega: un ano desde a súa entrada en vigor. Ver número 7.1 da folla de especificacións.

e) Admisión de prórroga: si.

f) CPV (referencia de nomenclatura): 09310000-5.

3. Tramitación, procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

d) Criterios de adxudicación, se é o caso:

Concepto

Puntuación

Criterios non valorables de forma automática (sobre B)

– Melloras na calidade de atención ao cliente .............. máximo 5 puntos

– Plan de formación e asesoramento …………............. máximo 5 puntos

– Outras melloras ………………………………............... máximo 5 puntos

Criterios valorables de forma automática (sobre C)

Oferta económica

15

85

85

4. Valor estimado do contrato: 28.057.536,74 euros.

5. Orzamento base de licitación.

a) Importe neto: 14.028.768,37 euros. Importe total: 16.974.809,75 euros.

6. Garantías exixidas.

Provisional (importe): non. Definitiva: 5 % do importe da licitación, excluído o IVE.

7. Requisitos específicos do contratista.

Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional, se é o caso: ver números 16 y 17 da folla de especificacións (carátula).

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: antes das 14.00 horas do día 28.6.2013.

Se o último día de presentación de solicitudes coincide en sábado ou día inhábil, na localidade establecida na cláusula 5.2. do prego de cláusulas administrativas particulares, o prazo de presentación prorrogarase ao primeiro día hábil seguinte.

b) Lugar de presentación.

1) Dependencia: Rexistro Xeral da Consellería de Sanidade e Servizo Galego de Saúde.

2) Domicilio: Edificio Administrativo San Lázaro, s/n.

3) Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela.

c) Admisión de variantes, se procede: non.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: tres meses contados desde a data de apertura das proposicións.

9. Apertura das ofertas.

a) Enderezo: Servizo Galego de Saúde, Edificio Administrativo San Lázaro, s/n.

b) Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela.

c) Data e hora: apertura do sobre B, terá lugar na sala 2-1 do Edificio Administrativo San Lázaro, ás 9.00 horas do décimo primeiro día natural contado desde o día seguinte ao da finalización de presentación das ofertas. No caso que o día sinalado coincida en sábado, domingo ou festivo, realizarase o seguinte día hábil.

Apertura do sobre C, publicarase no perfil do contratante.

10. Gastos de publicidade: si, ver número 26 da folla de especificacións.

11. Data de envío do anuncio o Diario Oficial de la Unión Europea: 23.5.2013.

12. Outras informacións: si, ver número 27 da folla de especificacións.

Santiago de Compostela, 22 de maio de 2013

Pablo Torres Arrojo
Director xeral de Recursos Económicos