Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Mércores, 12 de xuño de 2013 Páx. 22401

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 10 de maio de 2013, da Xerencia de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés, pola que se anuncia a contratación do servizo de limpeza e/ou desinfección do Centro de Especialidades de Mollavao e dos centros de saúde e puntos de atención continuada de atención primaria, mediante procedemento aberto, multicriterio e tramitación ordinaria (AB-EIP1-13-011).

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde. Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación Administrativa.

c) Obtención de documentación e información:

1. Dependencia: Servizo de Contratación Administrativa.

2. Domicilio: avda. de Vigo, 16.

3. Localidade e código postal: Pontevedra 36003.

4. Teléfono: 986 88 51 33.

5. Telefax: 986 88 58 85.

6. Correo electrónico: contratacionadministrativa.pontevedra@sergas.es

7. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

8. Data límite de obtención de documentación e información: ata a data límite de presentación das ofertas, todos os días laborables, agás os sábados, das 9.00 ás 14.00 horas.

d) Número de expediente: AB-EIP1-13-011.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizos.

b) Descrición: servizo de limpeza e/ou desinfección dos locais, mobiliario e demais útiles, retirada de residuos aos almacéns intermedios, recollida da roupa sucia e distribución da limpa, recollida e reposición de bolsas de lixo, reposición de papel secamáns e hixiénico, mantemento de xardíns e aparcadoiros.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: non.

d) Lugar de execución/entrega: Centro de Especialidades de Mollavao e centros de atención primaria (anexo VII).

1. Domicilio: r/ Simón Bolívar s/n e centros de atención primaria, ver anexo VII.

2. Localidade e código postal: Pontevedra 36003, ver anexo VII.

e) Prazo de execución/entrega: 24 meses.

f) Admisión de prórroga: si.

g) CPV (referencia de nomenclatura): 90910000-9; 90911000-6 e 90911200-8.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación, de ser o caso: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Valor estimado do contrato: 3.088.104,12 euros.

5. Orzamento base de licitación:

Importe neto: 1.165.322,31 euros. Importe total: 1.410.040 euros.

6. Garantías exixidas:

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva (%): cinco por cento do importe de adxudicación, excluído o imposto sobre o valor engadido.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación, de ser o caso (grupo, subgrupo e categoría): ver prego de cláusulas administrativas particulares.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional, de ser o caso: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: 9.7.2013.

b) Modalidade de presentación: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1. Dependencia: Rexistro da Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés.

2. Domicilio: r/ Loureiro Crespo 2.

3. Localidade e código postal: Pontevedra 36001.

4. Enderezo electrónico: contratacionadministrativa.pontevedra@sergas.es

d) Admisión de variantes, se procede: non.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous meses, desde a data de apertura das proposicións.

9. Apertura das ofertas:

a) Descrición: procederase á apertura dos sobres B e C dando lectura ás propostas.

b) Enderezo: publicarase no perfil do contratante.

c) Localidade e código postal: Pontevedra 36003.

d) Data e hora: a data e hora de realización da apertura dos sobres B e C publicarase no perfil do contratante: www.sergas.es

10. Gastos de publicidade: por conta do adxudicatario ou adxudicatarios. O importe máximo estimado é, salvo revisión de tarifas: DOG: 5,42 €/liña (se é urxente 10,82 €/liña). BOE: 11,55 €/liña título e 12,67 €/liña de texto (se é urxente 22,58 €/liña título e 25,10 €/liña de texto).

11. Data do envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea (de ser o caso): 23.5.2013.

Pontevedra, 10 de maio de 2013

José Manuel González Álvarez
Xerente de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés