Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Mércores, 12 de xuño de 2013 Páx. 22365

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 14 de maio de 2013, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador 2013029TA-OU, incoado por infraccións en materia sanitaria.

Con data do 8 de abril de 2013, a xefa territorial da Consellería de Sanidade de Ourense acordou a resolución do expediente sancionador 2013029TA-OU, a Isabel Rana Lens
DNI 34927881, con domicilio na rúa dos Amieiros, bloque 3, esc. 2, piso 5 I, A Valenzá, 32890 Barbadás (Ourense).

Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada por Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio da presente cédula, e segundo o disposto no número 5 do referido artigo, notifícase a Isabel Rana Lens DNI 34927881, con domicilio na rúa dos Amieiros, bloque 3, esc. 2, piso 5 I, A Valenzá, 32890 Barbadás (Ourense), o contido do referido acordo de resolución que figura como anexo, para que poida ter coñecemento del.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o asiste para interpoñer recurso de alzada ante a conselleira de Sanidade no prazo dun mes, contado desde o seguinte ao da publicación da presente cédula, segundo establece o artigo 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, e recórdaselle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura territorial, situado na avenida de Zamora, nº 13 de Ourense, e obter, se é o caso, copia del, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro.

En caso de conformidade con esta resolución, deberá facer efectiva a multa no prazo de 15 días hábiles, mediante ingreso que debe efectuar en calquera oficina de Novagalicia Banco. Recadación Xunta modelo XTAX, empregando os impresos normalizados que lle serán facilitados nas dependencias deste departamento territorial. O pago voluntario porá fin o expediente. De non facelo así, procederase o seu cobramento pola vía executiva.

A presente cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación á interesada, en cumprimento co disposto no artigo 59.5 da Lei 39/1992, do 26 de novembro.

Ourense, 14 de maio de 2013

María Villar Suárez
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Expediente sancionador: 2013029TA-OU.

Denunciada: Isabel Rana Lens.

Documento de identificación: DNI 34927881.

Último enderezo coñecido: rúa dos Amieiros, bloque 3, esc. 2, piso 5 I, A Valenzá,
32890 Barbadás (Ourense).

Feito imputado: infracción en materia sanitaria.

Preceptos infrinxidos: artigos 19.2.a) da Lei 28/2005, do 26 de decembro, de medidas sanitarias fronte ao tabaquismo e reguladora da venda, a subministración, o consumo e a publicidade dos produtos de tabaco.

Tipificación: leve.

Sanción proposta: trinta euros (30,00 €).