Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Martes, 11 de xuño de 2013 Páx. 22071

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 24 de maio de 2013 pola que se notifica a resolución de ampliación de prazo para a resolución do procedemento, expediente número IU3/78/2012, devolta polo servizo de Correos por resultar os seus destinatarios ausentes na repartición.

A directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, o día 7 de maio de 2013, ditou a resolución pola que se amplía, por un período de 3 meses, o prazo para a resolución do procedemento, expediente IU3/78/2012, en relación coas obras consistentes na construción dun alpendre e unha piscina no lugar da Portela, en San Salvador de Muxa, no termo municipal de Lugo.

Ao non poderse realizar a notificación persoal daquela resolución a María del Carmen Noche Cendán e a Luis Manuel Andión Rivas, mediante esta cédula, e ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselles aos interesados a devandita resolución.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, fáiselle saber aos interesados que o texto íntegro da resolución que se notifica encóntrase ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística sitas no Edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

Comunícolle que os acordos sobre ampliación de prazos non son susceptibles de recurso, de conformidade co disposto polo artigo 49.3 da LRXPAC.

Para que conste e lles sirva de notificación os citados interesados en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da LRXPAC, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 24 de maio de 2013

María Martínez Allegue
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística