Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Martes, 11 de xuño de 2013 Páx. 22072

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 24 de maio de 2013 de emprazamento para o trámite de audiencia no expediente de reposición da legalidade urbanística IU3/100/2012, devolta polo servizo de Correos por resultar descoñecido o seu domicilio.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, publícase o emprazamento aos herdeiros de Elvira González Vázquez para o trámite de audiencia ditado no expediente de reposición da legalidade urbanística IU3/100/2012, en relación coas obras consistentes na rehabilitación integral dunha edificación tradicional e vertedura de residuos, que se levan a cabo no lugar das Veigas, na parroquia do Cadramón, no termo municipal do Valadouro, provincia de Lugo.

O expediente relacionado atópase á disposición dos interesados na Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita no Edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

Os interesados disporán dun prazo de 10 días hábiles, contados a partir do día seguinte a aquel en que se producise a notificación desta cédula, para alegar e presentar os documentos e informacións que consideren pertinentes.

Para que conste e lles sirva de notificación os citados interesados, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da LRXPAC, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 24 de maio de 2013

María Martínez Allegue
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística