Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Martes, 11 de xuño de 2013 Páx. 22058

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

CÉDULA do 30 de maio de 2013, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifica a Javier Padín Porto a variación da afección do predio 1 no procedemento de declaración de utilidade pública dunha instalación eléctrica no concello do Grove (expediente IN407A 2012/164-4).

Ante a imposibilidade de efectuar a notificación polo conduto habitual, por medio desta cédula notíficase a Javier Padín Porto a variación da afección do predio 1, no procedemento de declaración de utilidade pública da instalación eléctrica dunha liña de alta tensión, un centro de transformación e unha rede de baixa tensión no lugar do Con, O Grove.

Comunícase que, de acordo co disposto nos artigos 144 e 145 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, o expediente atópase á súa disposición para poder consultalo, no prazo de 20 días, de luns a venres, en horario de 9.00 a 14.00 horas, no Servizo de Enerxía e Minas desta xefatura territorial, sita na avenida de Fernández Ladreda nº 43, 5ª planta, Pontevedra. Así mesmo, durante o citado prazo poderá presentar cantas alegacións estime pertinentes.

A presente cédula expídese para que conste e sirva de notifiación ao interesado, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, pola que se regula o réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Pontevedra, 30 de maio de 2013

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra