Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Martes, 11 de xuño de 2013 Páx. 21900

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

ANUNCIO do 30 de maio de 2013, da Dirección Xeral da Función Pública, polo que se notifica a resolución recaída no recurso de reposición interposto por María José Pardo García.

Con data do 13 de maio de 2013 a conselleira de Facenda ditou resolución pola que se desestima o recurso de reposición formulado por María José Pardo García contra a Orde da Consellería de Facenda, do 20 de febreiro de 2013, pola que se convoca concurso para a provisión de postos de traballo vacantes na Administración xeral da Xunta de Galicia.

Logo de tentar, por dúas veces, a notificación da citada resolución a través do servizo de Correos no domicilio indicado pola interesada para os efectos de notificacións, esta non se puido practicar, e foi devolta polo dito servizo, por non ser retirado tras os dous intentos en que consta ausente na repartición.

Polo exposto, esta dirección xeral, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, en virtude deste anuncio, notifica a María José Pardo García a resolución antes referida.

A interesada pode recoller a respectiva resolución mediante comparecencia nas dependencias da Subdirección Xeral de Réxime Xurídico e Relacións Laborais da Dirección Xeral da Función Pública (Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 1-3º, Santiago de Compostela), no prazo de dez días contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no DOG.

Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa comparecencia para recoller a resolución, ou ao do transcurso do prazo previsto no parágrafo anterior sen que a interesada compareza, perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, conforme os artigos 8.1 e 14 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa

Santiago de Compostela, 30 de maio de 2013

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública