Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Martes, 11 de xuño de 2013 Páx. 22034

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

ANUNCIO do 28 de maio de 2013, da Subdirección Xeral de Auditoría de Fondos Comunitarios e Subvencións, sobre notificación por comparecencia para a entrega dun informe provisional de control financeiro a Promocións Culturais Galegas, S.A.

A Intervención Xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, en execución do Plan de control financeiro 2007, aprobado de conformidade co disposto no artigo 107 do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia (DOG nº 214, do 5 de novembro), e de acordo co previsto no artigo 94 do dito texto e no artigo 42 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (DOG nº 121, do 25 de xuño), está realizando un control financeiro a Promocións Culturais Galegas, S.A., en relación coa subvención percibida Edición en lingua galega, de libros de texto para niveis non universitarios en formatos visuais sobre soportes impresos, financiada con fondos propios.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, polo presente anuncio faise saber:

1. Que, tentada a notificación do informe provisional de control financeiro a Promocións Culturais Galegas, S.A., non foi posible practicala.

2. Que, por medio do presente anuncio se pon de manifesto que Promocións Culturais Galegas, S.A. ou persoas debidamente autorizadas deberán comparecer no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste no Diario Oficial de Galicia, nas oficinas desta Subdirección Xeral de Auditoría de Fondos Comunitarios e Subvencións, sita no Edificio San Caetano, s/n, bloque nº 3 (Intervención Xeral da Comunidade Autónoma-Consellería de Facenda), de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas, co obxecto de facerlles entrega do informe provisional de control financeiro efectuado a Promocións Culturais Galegas, S.A.

3. Que, se rematado o prazo sinalado non tivesen comparecido, a notificación se entenderá producida para todos os efectos legais desde o día seguinte ao do vencemento do prazo para comparecer.

Santiago de Compostela, 28 de maio de 2013

Jacinto Álvarez Somoza
Subdirector xeral de Auditoría de Fondos Comunitarios e Subvencións