Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Venres, 7 de xuño de 2013 Páx. 21022

I. Disposicións xerais

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

DECRETO 82/2013, do 16 de maio, polo que se establece o currículo do ciclo formativo de grao superior correspondente ao título de técnico superior en realización de proxectos audiovisuais e espectáculos.

O Estatuto de autonomía de Galicia, no seu artigo 31, determina que é da competencia plena da Comunidade Autónoma galega o regulamento e a administración do ensino en toda a súa extensión, niveis e graos, modalidades e especialidades, no ámbito das súas competencias, sen prexuízo do disposto no artigo 27 da Constitución e nas leis orgánicas que, conforme a alínea primeira do seu artigo 81, o desenvolvan.

A Lei orgánica 5/2002, do 19 de xuño, das cualificacións e da formación profesional, ten por obxecto a ordenación dun sistema integral de formación profesional, cualificacións e acreditación que responda con eficacia e transparencia ás demandas sociais e económicas a través das modalidades formativas.

A dita lei establece que a Administración xeral do Estado, de conformidade co que se dispón no artigo 149.1.30ª e 7ª da Constitución española, e logo da consulta ao Consello Xeral de Formación Profesional, determinará os títulos de formación profesional e os certificados de profesionalidade que constituirán as ofertas de formación profesional referidas ao Catálogo nacional de cualificacións profesionais, cuxos contidos poderán ampliar as administracións educativas no ámbito das súas competencias.

Establece, así mesmo, que os títulos de formación profesional e os certificados de profesionalidade terán carácter oficial e validez en todo o territorio do Estado e serán expedidos polas administracións competentes, a educativa e a laboral respectivamente.

A Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, establece no seu capítulo III do título preliminar que se entende por currículo o conxunto de obxectivos, competencias básicas, contidos, métodos pedagóxicos e criterios de avaliación de cada unha das ensinanzas reguladas pola citada lei.

No seu capítulo V do título I establece os principios xerais da formación profesional inicial e dispón que o Goberno, logo da consulta ás comunidades autónomas, establecerá as titulacións correspondentes aos estudos de formación profesional, así como os aspectos básicos do currículo de cada unha delas.

A Lei 2/2011, do 4 de marzo, de economía sustentable, e a Lei orgánica 4/2011, do 11 de marzo, complementaria da Lei de economía sustentable, introducen modificacións na Lei orgánica 5/2002, do 19 de xuño, e na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, no marco legal das ensinanzas de formación profesional, que pretenden, entre outros aspectos, adecuar a oferta formativa ás demandas dos sectores produtivos.

O Real decreto 1147/2011, do 29 de xullo, establece a ordenación xeral da formación profesional do sistema educativo, tomando como base o Catálogo nacional de cualificacións profesionais, as directrices fixadas pola Unión Europea e outros aspectos de interese social.

No seu artigo 8, dedicado á definición do currículo polas administracións educativas en desenvolvemento do artigo 6 da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, establece que as administracións educativas, no ámbito das súas competencias, establecerán os currículos correspondentes que amplíen e contextualicen os contidos dos títulos á realidade socioeconómica do territorio da súa competencia, respectando o seu perfil profesional.

O Decreto 114/2010, do 1 de xullo, polo que se establece a ordenación xeral da formación profesional do sistema educativo de Galicia, determina nos seus capítulos III e IV, dedicados ao currículo e á organización das ensinanzas, a estrutura que deben seguir os currículos e os módulos profesionais dos ciclos formativos na Comunidade Autónoma de Galicia.

Xa publicado o Real decreto 1680/2011, do 18 de novembro, polo que se establece o título de técnico superior en realización de proxectos audiovisuais e espectáculos e se fixan as súas ensinanzas mínimas, e de acordo co seu artigo 10.2, correspóndelle á consellería con competencias en materia de educación establecer o currículo correspondente no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

Consonte o anterior, este decreto desenvolve o currículo do ciclo formativo de formación profesional de técnico superior en realización de proxectos audiovisuais e espectáculos. Este currículo adapta a nova titulación ao campo profesional e de traballo da realidade socioeconómica galega e ás necesidades de cualificación do sector produtivo canto á especialización e polivalencia, e posibilita unha inserción laboral inmediata e unha proxección profesional futura.

Para estes efectos, e de acordo co establecido no citado Decreto 114/2010, do 1 de xullo, determínase a identificación do título, o seu perfil profesional, o contorno profesional, a prospectiva do título no sector ou nos sectores, as ensinanzas do ciclo formativo, a correspondencia dos módulos profesionais coas unidades de competencia para a súa acreditación, validación ou exención, así como os parámetros do contexto formativo para cada módulo profesional no que se refire a espazos, equipamentos, titulacións e especialidades do profesorado, e ás súas equivalencias para efectos de docencia.

Así mesmo, determínanse os accesos a outros estudos, as modalidades e as materias de bacharelato que facilitan a conexión co ciclo formativo, as validacións, exencións e equivalencias e a información sobre os requisitos necesarios segundo a lexislación para o exercicio profesional, cando proceda.

O currículo que se establece neste decreto desenvólvese tendo en conta o perfil profesional do título a través dos obxectivos xerais que o alumnado debe alcanzar ao finalizar o ciclo formativo e os obxectivos propios de cada módulo profesional, expresados a través dunha serie de resultados de aprendizaxe, entendidos como as competencias que deben adquirir os alumnos e as alumnas nun contexto de aprendizaxe, que lles han permitir conseguir os logros profesionais necesarios para desenvolver as súas funcións con éxito no mundo laboral.

Asociada a cada resultado de aprendizaxe establécese unha serie de contidos de tipo conceptual, procedemental e actitudinal redactados de xeito integrado, que han de proporcionar o soporte de información e destreza preciso para lograr as competencias profesionais, persoais e sociais propias do perfil do título.

Neste sentido, a inclusión do módulo de formación en centros de traballo posibilita que o alumnado complete a formación adquirida no centro educativo mediante a realización dun conxunto de actividades de produción e/ou de servizos, que non terán carácter laboral, en situacións reais de traballo no contorno produtivo do centro, de acordo coas exixencias derivadas do Sistema nacional de cualificacións e formación profesional.

O módulo de proxecto que se inclúe no ciclo formativo de grao superior de técnico superior en realización de proxectos audiovisuais e espectáculos permitirá integrar de forma global os aspectos máis salientables das competencias profesionais, persoais e sociais características do título que se abordaron no resto dos módulos profesionais, con aspectos relativos ao exercicio profesional e á xestión empresarial.

A formación relativa á prevención de riscos laborais dentro do módulo de Formación e orientación laboral aumenta a empregabilidade do alumnado que supere estas ensinanzas e facilita a súa incorporación ao mundo do traballo, ao capacitalo para levar a cabo responsabilidades profesionais equivalentes ás que precisan as actividades de nivel básico en prevención de riscos laborais, establecidas no Real decreto 39/1997, do 17 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento dos servizos de prevención.

De acordo co artigo 10 do citado Decreto 114/2010, do 1 de xullo, establécese a división de determinados módulos profesionais en unidades formativas de menor duración, coa finalidade de facilitar a formación ao longo da vida, respectando, en todo caso, a necesaria coherencia da formación asociada a cada unha delas.

De conformidade co exposto, por proposta do conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, no exercicio da facultade outorgada polo artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e da súa Presidencia, conforme os ditames do Consello Galego de Formación Profesional e do Consello Escolar de Galicia, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día dezaseis de maio de dous mil trece,

DISPOÑO:

CAPÍTULO I

Disposicións xerais

Artigo 1. Obxecto

Este decreto establece o currículo que será de aplicación na Comunidade Autónoma de Galicia para as ensinanzas de formación profesional relativas ao título de técnico superior en realización de proxectos audiovisuais e espectáculos, establecido polo Real decreto 1680/2011, do 18 de novembro.

CAPÍTULO II

Identificación do título, perfil profesional, contorno profesional
e prospectiva do título no sector ou nos sectores

Artigo 2. Identificación

O título de técnico superior en realización de proxectos audiovisuais e espectáculos identifícase polos seguintes elementos:

– Denominación: realización de proxectos audiovisuais e espectáculos.

– Nivel: formación profesional de grao superior.

– Duración: 2.000 horas.

– Familia profesional: imaxe e son.

– Referente europeo: CINE – 5b (Clasificación internacional normalizada da educación).

– Nivel do Marco español de cualificacións para a educación superior: nivel 1; técnico superior.

Artigo 3. Perfil profesional do título

O perfil profesional do título de técnico superior en realización de proxectos audiovisuais e espectáculos determínase pola súa competencia xeral, polas súas competencias profesionais, persoais e sociais, así como pola relación de cualificacións e, de ser o caso, unidades de competencia do Catálogo nacional de cualificacións profesionais incluídas no título.

Artigo 4. Competencia xeral

A competencia xeral do título de técnico superior en realización de proxectos audiovisuais e espectáculos consiste en organizar e supervisar a preparación, a realización e a montaxe de proxectos audiovisuais filmados, gravados ou en directo, así como rexer os procesos técnicos e artísticos de representacións de espectáculos en vivo e eventos, coordinando os medios técnicos e humanos e controlando o contido, a forma, o proxecto artístico e a calidade establecida.

Artigo 5. Competencias profesionais, persoais e sociais

As competencias profesionais, persoais e sociais do título de técnico superior en realización de proxectos audiovisuais e espectáculos son as que se relacionan:

a) Determinar as características formais e expresivas dos proxectos de realización de audiovisuais, espectáculos e eventos, para a súa realización audiovisual ou escénica.

b) Determinar as características do persoal técnico e artístico e dos recursos técnicos, materiais e escénicos necesarios para a posta en marcha do proxecto de realización de audiovisuais ou de espectáculos e eventos.

c) Planificar o proceso de traballo do proxecto de audiovisuais, espectáculos e eventos, en consonancia co plan xeral de produción.

d) Coordinar a dispoñibilidade dos recursos técnicos, materiais e escénicos durante os ensaios, o rexistro, a emisión ou a representación escénica, asegurando a aplicación do plan de traballo.

e) Coordinar e dirixir o traballo do persoal técnico e artístico durante os ensaios, o rexistro, a emisión, a posprodución ou a representación escénica, asegurando a aplicación do plan de traballo e reforzando o labor das persoas responsables da dirección e da realización audiovisual, e da dirección do espectáculo ou do evento.

f) Coordinar os procesos completos de montaxe ou edición e posprodución de programas audiovisuais, planificando as operacións, preparando materiais e efectos e realizando a montaxe e a posprodución ata a obtención do máster definitivo.

g) Elaborar a documentación técnico-artística para a realización do proxecto de audiovisuais ou espectáculos, recollendo os cambios e as adaptacións que xurdan durante os ensaios, o rexistro, a emisión ou a representación escénica.

h) Cumprir e facer cumprir a lexislación que regula os medios de comunicación, espectáculos e eventos.

i) Aplicar as ferramentas das tecnoloxías da información e da comunicación propias do sector no desempeño das tarefas, mantendo unha continua actualización.

j) Adaptarse ás novas situacións laborais, mantendo actualizados os coñecementos científicos, técnicos e tecnolóxicos relativos ao seu ámbito profesional, xestionando a súa formación e os recursos existentes na aprendizaxe ao longo da vida e utilizando as tecnoloxías da información e da comunicación.

k) Resolver situacións, problemas ou continxencias con iniciativa e autonomía no ámbito da súa competencia, con creatividade, innovación e espírito de mellora no traballo persoal e no dos membros do equipo.

l) Organizar e coordinar equipos de traballo con responsabilidade e supervisar o seu desenvolvemento, mantendo relacións fluídas, asumindo o liderado e achegando solucións aos conflitos de grupo que se presenten.

m) Comunicarse con iguais, superiores, clientela e persoas baixo a súa responsabilidade, utilizando vías eficaces de comunicación, transmitindo a información ou os coñecementos adecuados e respectando a autonomía e a competencia das persoas que interveñen no ámbito do seu traballo.

n) Xerar ámbitos seguros no desenvolvemento do seu traballo e no do seu equipo, supervisando e aplicando os procedementos de prevención de riscos laborais e ambientais, de acordo co establecido pola normativa e os obxectivos da empresa.

ñ) Supervisar e aplicar procedementos de xestión de calidade e de accesibilidade e deseño universais nas actividades profesionais incluídas nos procesos de produción ou prestación de servizos.

o) Realizar a xestión básica para a creación e o funcionamento dunha pequena empresa e ter iniciativa na súa actividade profesional, con sentido da responsabilidade social.

p) Exercer os dereitos e cumprir as obrigas que derivan da súa actividade profesional, de acordo co establecido na lexislación, participando activamente na vida económica, social e cultural.

Artigo 6. Relación de cualificacións e unidades de competencia do Catálogo nacional de cualificacións profesionais incluídas no título

Cualificacións profesionais completas incluídas no título:

a) Asistencia á dirección cinematográfica e de obras audiovisuais, IMS220_3 (Real decreto 1228/2006, do 27 de outubro), que abrangue as seguintes unidades de competencia:

– UC0700_3: determinar os recursos necesarios para o desenvolvemento do proxecto audiovisual.

– UC0701_3: coordinar a dispoñibilidade e a adecuación dos recursos humanos, técnicos e artísticos necesarios para a rodaxe ou a gravación.

– UC0702_3: organizar e controlar a rodaxe ou a gravación, e o proceso de posprodución.

b) Asistencia á realización en televisión, IMS077_3 (Real decreto 295/2004, do 20 de febreiro), que abrangue as seguintes unidades de competencia:

– UC0216_3: coordinar o desenvolvemento das necesidades de realización dunha produción televisiva, do espazo escénico e da posta en escena en distintas localizacións.

– UC0217_3: asistir no control de realización dunha produción televisiva mediante o control de medios técnicos e humanos.

– UC0218_3: participar na posprodución de produtos televisivos.

c) Montaxe e posprodución de audiovisuais, IMS296_3 (Real decreto 1200/2007, do 14 de setembro), que abrangue as seguintes unidades de competencia:

– UC0947_3: planificar o proceso de montaxe e posprodución dun produto audiovisual.

– UC0948_3: preparar os materiais e os efectos necesarios para a montaxe e a posprodución.

– UC0949_3: realizar a montaxe integrando ferramentas de posprodución e materiais de procedencia diversa.

– UC0950_3: coordinar os procesos finais de montaxe e posprodución ata xerar o produto audiovisual final.

d) Rexedoría de espectáculos en vivo e eventos, IMS431_3 (Real decreto 1957/2009, do 18 de decembro), que abrangue as seguintes unidades de competencia:

– UC1420_3: determinar as necesidades técnicas e artísticas e planificar os ensaios de espectáculos en vivo e eventos.

– UC1421_3: rexer e supervisar os procesos técnicos e artísticos na preparación e no desenvolvemento dos ensaios de espectáculos en vivo e eventos.

– UC1422_3: rexer e supervisar os procesos técnicos e artísticos na execución de espectáculos en vivo e eventos, en local estable e en xira.

Artigo 7. Contorno profesional

1. As persoas que obteñan o título de técnico superior en realización de proxectos audiovisuais e espectáculos deben exercer a súa actividade no sector da produción e a realización de calquera tipo de programas audiovisuais (cine, vídeo, multimedia, televisión e novos medios) e no da produción e a realización de espectáculos (artes escénicas, producións musicais e eventos).

2. As ocupacións e postos de traballo máis salientables son os seguintes:

– Axudante de dirección en cine.

– Axudante de realización de vídeo.

– Axudante de realización de televisión.

– Responsable de área de audiovisuais (en empresas alleas á actividade).

– Montador/ora de cine.

– Editor/ora montador/ora de vídeo.

– Xefe/a de rexedoría.

– Rexedor/ora de espectáculos en vivo.

– Rexedor/ora de eventos.

– Rexedor/ora de paredes.

Artigo 8. Prospectiva do título no sector ou nos sectores

1. O perfil profesional do título de técnico superior en realización de proxectos audiovisuais e espectáculos, dentro do sector terciario, evoluciona cara a persoas polivalentes capacitadas para exercer a súa actividade profesional no sector audiovisual e no do espectáculo, realizando todas as actividades relacionadas coa organización e a supervisión da preparación, da realización e da montaxe de programas audiovisuais filmados ou gravados, ou en directo, así como as relacionadas coa rexedoría dos procesos técnicos e artísticos durante os ensaios e as representacións de espectáculos e eventos, coordinando os medios técnicos e humanos. As persoas con este perfil profesional caracterízanse polo interese en controlar o contido, a forma, o proxecto artístico e a calidade establecidos. Pódense diferenciar, por unha banda, as actividades de produción relacionadas co sector audiovisual que conta con subsectores tales como o cine, o vídeo, a televisión, os multimedia, os videoxogos e os novos medios e, por outra parte, o sector do espectáculo con subsectores tales como as artes escénicas, as producións musicais e os eventos.

2. O tecido empresarial de ambos os sectores caracterízase por contar cunha elevada porcentaxe de empresas con menos de dez persoas empregadas, arredor do 90 %. Respecto á súa condición xurídica, aproximadamente a metade das empresas son persoas físicas, seguidas maioritariamente por sociedades limitadas e só unha mínima proporción son sociedades anónimas. Existe un alto nivel de contratación temporal e unha elevada porcentaxe de traballo autónomo. As perspectivas de evolución do sector apuntan cara a un mantemento desta situación.

3. A evolución tecnolóxica no sector audiovisual consolidouse pola difusión da tecnoloxía dixital, que impulsou o desenvolvemento de novos procesos en cada un dos subsectores que absorberon o impacto e se adaptaron aos cambios. Na televisión, que afecta significativamente outros subsectores do audiovisual, a entrada da televisión dixital terrestre está a cambiar o mercado tradicional, especialmente o da televisión en aberto. O fortalecemento crecente da internet pode verse, por parte do sector televisivo, como unha oportunidade de creación de contidos adaptados a este sistema de difusión que xa utilizan as cadeas para emitir os contidos das súas canles por IPTV. A confluencia coa internet, a xeneralización nos fogares de pantallas de grandes dimensións con posibilidade de visión en alta definición e en 3D, a espectacularidade do son, a posibilidade de ver os programas que interesan no momento en que as persoas o desexen, entre outras tendencias, auguran novas formas de uso dos contidos televisivos, que seguirán evolucionando e van concretarse no futuro. O cine continúa a súa evolución cara á procura de novos sistemas de produción baseados no uso do vídeo de alta definición e experimenta novas estratexias de financiamento e novos mercados de distribución e comercialización, apostando pola creación de novos contidos e procedementos para atraer de novo a poboación espectadora ás salas de proxección, como está a suceder coa xeneralización da proxección en salas dixitais e a da proxección en 3D. No ámbito da produción multimedia destaca o desenvolvemento do mercado dos videoxogos, que é o subsector coa taxa de crecemento máis alta con enorme potencial para a xeración de emprego, aínda que no noso país non conta cun papel salientable na súa produción. É de destacar tamén o papel da tecnoloxía móbil 3G, en desenvolvemento, que afectará provedores de contidos para teléfonos ou dispositivos móbiles.

4. No ámbito do espectáculo está a producirse un crecente e sostido pulo das súas actividades. O sector das artes escénicas experimenta a aplicación de novas tecnoloxías na súa produción, cuxa concorrencia multidisciplinar está a modificar tanto a oferta como o atractivo para o público. No ámbito das producións musicais asístese a un constante crecemento como consecuencia da tendencia á realización de concertos en vivo, fronte á minguante venda tradicional de soportes, consecuencia da pirataría sobrevida especialmente polas descargas na internet. Neste sentido prevese a aparición e a consolidación dun novo modelo de negocio que conxugue a explotación das producións musicais pola internet coa crecente realización de concertos en vivo, ampliando e transformado o modelo tradicional de explotación da industria discográfica. En tanto que a internet facilita o coñecemento e a difusión das novas creacións musicais, os concertos en vivo permitirán a obtención de ingresos pola música en curto prazo. Os eventos, por outro lado, convertéronse nun dos subsectores con maior proxección e que experimentará un maior crecemento nos próximos anos, ao se converter nunha das ferramentas de mercadotecnia máis rendibles para as empresas.

5. As estruturas organizativas no ámbito da realización de audiovisuais e espectáculos tenden a configurarse sobre a base de decisións descentralizadas e equipos participativos de xestión, potenciando a autonomía e a capacidade de decisión.

6. As características do mercado de traballo, a mobilidade laboral e os movementos entre sectores e subsectores da industria audiovisual e do espectáculo obrigan a formar profesionais polivalentes capaces de adaptarse ás novas situacións socioeconómicas, laborais e organizativas de ambos sectores.

CAPÍTULO III

Ensinanzas do ciclo formativo e parámetros básicos de contexto

Artigo 9. Obxectivos xerais

Os obxectivos xerais do ciclo formativo de grao superior de técnico superior en realización de proxectos audiovisuais e espectáculos son os seguintes:

a) Aplicar os códigos expresivos, narrativos e comunicativos audiovisuais, para determinar as características formais e expresivas dos proxectos de audiovisuais, de espectáculos e eventos.

b) Analizar as necesidades e as funcións dos equipos técnicos e materiais para determinar as súas características na realización de proxectos de audiovisuais, de espectáculos e eventos.

c) Analizar a organización funcional, as necesidades e as tarefas do persoal técnico, para determinar as súas características na realización de proxectos de audiovisuais, de espectáculos e eventos.

d) Valorar as calidades do persoal artístico segundo as necesidades do proxecto, para determinar as súas características na realización de proxectos de audiovisuais, de espectáculos e eventos.

e) Aplicar as técnicas de programación de actividades e recursos, tanto humanos como materiais, para planificar o proceso de traballo de realización de proxectos audiovisuais, de espectáculos ou eventos.

f) Supervisar a elaboración e a adecuación dos recursos materiais e técnicos para a súa dispoñibilidade segundo o plan de traballo de realización de proxectos audiovisuais, de espectáculos ou eventos.

g) Establecer os criterios que se vaian seguir na montaxe, na desmontaxe e no almacenamento dos equipos técnicos e elementos escénicos empregados no rexistro e na representación de proxectos de audiovisuais, de espectáculos e eventos, para a súa dispoñibilidade segundo o plan de traballo.

h) Analizar a estrutura e a secuencia das accións que se vaian realizar segundo a documentación técnica para anticipar e instruír verbalmente e por escrito sobre as súas actuacións as persoas participantes do equipo técnico e artístico.

i) Aplicar as técnicas de realización durante a rodaxe, a gravación e a representación, no control de realización, no estudio de cine, vídeo ou televisión, e no escenario, para a coordinación da posta en escena, o movemento dos actores e das actrices, da figuración e do público.

j) Analizar e aplicar as técnicas de montaxe idóneas na consecución dos obxectivos comunicativos, para realizar a montaxe ou a edición e a posprodución de proxectos audiovisuais.

k) Planificar e coordinar as operacións de preparación de materiais e efectos, para a realización dos procesos de montaxe ou edición e a posprodución de proxectos audiovisuais.

l) Aplicar técnicas narrativas e expresivas de planificación de secuencias e posta en escena para a elaboración da documentación técnica de realización de ensaios, gravación ou filmación de proxectos de audiovisuais e espectáculos.

m) Avaliar as decisións tomadas durante os procesos de preparación e realización, e a adaptación aos cambios producidos na posta en marcha dun proxecto audiovisual, un espectáculo ou un evento, para fixar de xeito definitivo as características da representación no guión técnico ou no libro de rexedoría.

n) Analizar as características e as posibilidades dos programas e dos dispositivos das tecnoloxías da información e da comunicación propias do sector audiovisual e dos espectáculos, para a súa aplicación na realización dos proxectos audiovisuais e de espectáculos.

ñ) Analizar e utilizar os recursos e as oportunidades de aprendizaxe relacionados coa evolución científica, tecnolóxica e organizativa do sector, e as tecnoloxías da información e da comunicación, para manter o espírito de actualización e se adaptar ás novas situacións laborais e persoais.

o) Desenvolver a creatividade e o espírito de innovación para responder aos retos que se presentan nos procesos e na organización do traballo e da vida persoal.

p) Tomar decisións fundamentadas, analizando as variables implicadas, integrando saberes de distinto ámbito e aceptando os riscos e a posibilidade de equivocación, para afrontar e resolver situacións, problemas ou continxencias.

q) Desenvolver técnicas de liderado, motivación, supervisión e comunicación en contextos de traballo en grupo, para facilitar a organización e a coordinación de equipos de traballo.

r) Aplicar estratexias e técnicas de comunicación, adaptándose aos contidos que se vaian transmitir, á finalidade e ás características das persoas receptoras, para asegurar a eficacia nos procesos de comunicación.

s) Avaliar situacións de prevención de riscos laborais e de protección ambiental, propondo e aplicando medidas de prevención persoais e colectivas, de acordo coa normativa aplicable nos procesos de traballo, para garantir ámbitos seguros.

t) Identificar e propor as accións profesionais necesarias para dar resposta á accesibilidade e ao deseño universais.

u) Identificar e aplicar parámetros de calidade nos traballos e nas actividades que se realizan no proceso de aprendizaxe, para valorar a cultura da avaliación e da calidade e ser quen de supervisar e mellorar procedementos de xestión de calidade.

v) Utilizar procedementos relacionados coa cultura emprendedora, empresarial e de iniciativa profesional, para realizar a xestión básica dunha pequena empresa ou emprender un traballo.

w) Recoñecer os dereitos e os deberes como axente activo na sociedade, tendo en conta o marco legal que regula as condicións sociais e laborais, para participar na cidadanía democrática.

x) Analizar e valorar a participación, o respecto, a tolerancia e a igualdade de oportunidades, para facer efectivo o principio de igualdade entre mulleres e homes.

Artigo 10. Módulos profesionais

Os módulos profesionais do ciclo formativo de grao superior de técnico superior en realización de proxectos audiovisuais e espectáculos, que se desenvolven no anexo I, son os que se relacionan:

– MP0902. Planificación da realización en cine e vídeo.

– MP0903. Procesos de realización en cine e vídeo.

– MP0904. Planificación da realización en televisión.

– MP0905. Procesos de realización en televisión.

– MP0906. Planificación da montaxe e a posprodución de audiovisuais.

– MP0907. Realización da montaxe e posprodución de audiovisuais.

– MP0908. Planificación da rexedoría de espectáculos e eventos.

– MP0909. Procesos de rexedoría de espectáculos e eventos.

– MP0910. Medios técnicos audiovisuais e escénicos.

– MP0911. Proxecto de realización de proxectos de audiovisuais e espectáculos.

– MP0912. Formación e orientación laboral.

– MP0913. Empresa e iniciativa emprendedora.

– MP0914. Formación en centros de traballo.

Artigo 11. Espazos e equipamentos

1. Os espazos e os equipamentos mínimos necesarios para o desenvolvemento das ensinanzas do ciclo formativo de grao superior de técnico superior en realización de proxectos audiovisuais e espectáculos son os establecidos no anexo II.

2. Os espazos formativos establecidos respectarán a normativa sobre prevención de riscos laborais, a normativa sobre seguridade e saúde no posto de traballo, e cantas outras normas sexan de aplicación.

3. Os espazos formativos establecidos poden ser ocupados por diferentes grupos de alumnado que curse o mesmo ou outros ciclos formativos, ou etapas educativas.

4. Non cómpre que os espazos formativos identificados se diferencien mediante pechamentos.

5. A cantidade e as características dos equipamentos que se inclúen en cada espazo deberá estar en función do número de alumnos e alumnas e deben ser os necesarios e suficientes para garantir a calidade do ensino e a adquisición dos resultados de aprendizaxe.

6. O equipamento disporá da instalación necesaria para o seu correcto funcionamento, cumprirá as normas de seguridade e prevención de riscos e cantas outras sexan de aplicación, e respectaranse os espazos ou as superficies de seguridade que exixan as máquinas en funcionamento.

Artigo 12. Profesorado

1. A docencia dos módulos profesionais que constitúen as ensinanzas do ciclo formativo de grao superior de técnico superior en realización de proxectos audiovisuais e espectáculos correspóndelle ao profesorado do corpo de catedráticos e catedráticas de ensino secundario, do corpo de profesorado de ensino secundario e do corpo de profesorado técnico de formación profesional, segundo proceda, das especialidades establecidas no anexo III A).

2. As titulacións requiridas para acceder aos corpos docentes citados son, con carácter xeral, as establecidas no artigo 13 do Real decreto 276/2007, do 23 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento de ingreso, accesos e adquisición de novas especialidades nos corpos docentes a que se refire a Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, e se regula o réxime transitorio de ingreso a que se refire a disposición transitoria decimo sétima da dita lei. As titulacións equivalentes ás anteriores para efectos de docencia, para as especialidades do profesorado, son as recollidas no anexo III B).

3. As titulacións requiridas para a impartición dos módulos profesionais que formen o título, para o profesorado dos centros de titularidade privada ou de titularidade pública doutras administracións distintas das educativas, concrétanse no anexo III C).

A consellería con competencias en materia de educación establecerá un procedemento de habilitación para exercer a docencia, no cal se exixirá o cumprimento dalgún dos seguintes requisitos:

– Que as ensinanzas conducentes ás titulacións citadas engloben os obxectivos dos módulos profesionais.

– Se os ditos obxectivos non estivesen incluídos, ademais da titulación deberá acreditarse mediante certificación unha experiencia laboral de, polo menos, tres anos no sector vinculado á familia profesional e realizando actividades produtivas en empresas relacionadas implicitamente cos resultados de aprendizaxe.

CAPÍTULO IV

Accesos e vinculación a outros estudos e correspondencia dos módulos profesionais coas unidades de competencia

Artigo 13. Preferencias para o acceso ao ciclo formativo de grao superior de técnico superior en realización de proxectos audiovisuais e espectáculos en relación coas modalidades e as materias de bacharelato cursadas

Terá preferencia para acceder ao ciclo formativo de grao superior de técnico superior en realización de proxectos audiovisuais e espectáculos o alumnado que cursase a modalidade de bacharelato de Ciencias e Tecnoloxía.

Artigo 14. Acceso e vinculación a outros estudos

1. O título de técnico superior en realización de proxectos audiovisuais e espectáculos permite o acceso directo para cursar calquera outro ciclo formativo de grao superior, nas condicións de admisión que se establezan.

2. O título de técnico superior en realización de proxectos audiovisuais e espectáculos permite o acceso directo ás ensinanzas conducentes aos títulos universitarios de grao nas condicións de admisión que se establezan.

3. Para os efectos de facilitar o réxime de validacións entre o título de técnico superior en realización de proxectos audiovisuais e espectáculos e as ensinanzas universitarias de grao, asígnanse 120 créditos ECTS distribuídos entre os módulos profesionais do ciclo formativo de grao superior de técnico superior en realización de proxectos audiovisuais e espectáculos.

Artigo 15. Validacións e exencións

1. As validacións de módulos profesionais dos títulos de formación profesional establecidos ao abeiro da Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo, cos módulos profesionais do título de técnico superior en realización de proxectos audiovisuais e espectáculos establécense no anexo IV.

2. As persoas que tivesen superado o módulo profesional de formación e orientación laboral, ou o módulo profesional de empresa e iniciativa emprendedora, en calquera dos ciclos formativos correspondentes aos títulos establecidos ao abeiro da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, terán validados os ditos módulos en calquera outro ciclo formativo establecido ao abeiro da mesma lei.

3. As persoas que obtivesen a acreditación de todas as unidades de competencia incluídas no título, mediante o procedemento establecido no Real decreto 1224/2009, do 17 de xullo, de recoñecemento das competencias profesionais adquiridas por experiencia laboral, poderán validar o módulo de formación e orientación laboral sempre que:

– Acrediten, polo menos, un ano de experiencia laboral.

– Estean en posesión da acreditación da formación establecida para o desempeño das funcións de nivel básico da actividade preventiva, expedida de acordo co disposto no Real decreto 39/1997, do 17 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento dos servizos de prevención.

4. De acordo co establecido no artigo 39 do Real decreto 1147/2011, do 29 de xullo, polo que se establece a ordenación xeral da formación profesional do sistema educativo, poderá determinarse a exención total ou parcial do módulo profesional de formación en centros de traballo pola súa correspondencia coa experiencia laboral, sempre que se acredite unha experiencia relacionada co ciclo formativo de grao superior de técnico superior en realización de proxectos audiovisuais e espectáculos nos termos previstos no dito artigo.

Artigo 16. Correspondencia dos módulos profesionais coas unidades de competencia para a súa acreditación, validación ou exención

1. A correspondencia das unidades de competencia cos módulos profesionais que forman as ensinanzas do título de técnico superior en realización de proxectos audiovisuais e espectáculos para a súa validación ou exención queda determinada no anexo V A).

2. A correspondencia dos módulos profesionais que forman as ensinanzas do título de técnico superior en realización de proxectos audiovisuais e espectáculos coas unidades de competencia para a súa acreditación queda determinada no anexo V B).

CAPÍTULO V

Organización da impartición

Artigo 17. Distribución horaria

Os módulos profesionais do ciclo formativo de grao superior de técnico superior en realización de proxectos audiovisuais e espectáculos organizaranse polo réxime ordinario segundo se establece no anexo VI.

Artigo 18. Unidades formativas

1. Consonte o artigo 10 do Decreto 114/2010, do 1 de xullo, polo que se establece a ordenación xeral da formación profesional no sistema educativo de Galicia, e coa finalidade de promover a formación ao longo da vida e servir de referente para a súa impartición, establécese no anexo VII a división de determinados módulos profesionais en unidades formativas de menor duración.

2. A consellería con competencias en materia de educación debe determinar os efectos académicos da división dos módulos profesionais en unidades formativas.

Artigo 19. Módulo de proxecto

1. O módulo de proxecto incluído no currículo do ciclo formativo de grao superior de técnico superior en realización de proxectos audiovisuais e espectáculos ten por finalidade a integración efectiva dos aspectos máis salientables das competencias profesionais, persoais e sociais características do título que se abordasen no resto dos módulos profesionais, xunto con aspectos relativos ao exercicio profesional e á xestión empresarial. Organizarase sobre a base da titoría individual e colectiva. A atribución docente será a cargo do profesorado que imparta docencia no ciclo formativo.

2. Desenvolverase logo da avaliación positiva de todos os módulos profesionais de formación no centro educativo, coincidindo coa realización dunha parte do módulo profesional de formación en centros de traballo e avaliarase logo de ter cursado este, co obxecto de posibilitar a incorporación das competencias adquiridas nel.

Disposición adicional primeira. Oferta nas modalidades semipresencial e a distancia do título de técnico superior en realización de proxectos audiovisuais e espectáculos

A impartición das ensinanzas dos módulos profesionais do ciclo formativo de grao superior de técnico superior en realización de proxectos audiovisuais e espectáculos nas modalidades semipresencial ou a distancia, que se ofrecerán unicamente polo réxime para as persoas adultas, require a autorización previa da consellería con competencias en materia de educación, conforme o procedemento que se estableza, e garantirá que o alumnado poida conseguir os resultados de aprendizaxe destes, de acordo co disposto neste decreto.

Disposición adicional segunda. Titulacións equivalentes e vinculación coas capacitacións profesionais

1. Os títulos que se relacionan a seguir terán os mesmos efectos profesionais e académicos que o título de técnico superior en realización de proxectos audiovisuais e espectáculos, establecido no Real decreto 1680/2011, do 18 de novembro, cuxo currículo para Galicia se desenvolve neste decreto:

– Título de técnico especialista en realización de programas, rama de Imaxe e Son, da Lei 14/1970, do 4 de agosto, xeral de educación e financiamento da reforma educativa.

– Título de técnico especialista en realización, produción e operación de programas audiovisuais, rama de imaxe e son, da Lei 14/1970, do 4 de agosto, xeral de educación e financiamento da reforma educativa.

– Título de técnico superior en realización de audiovisuais e espectáculos establecido polo Real decreto 2035/1995, do 22 de decembro.

2. A formación establecida neste decreto no módulo profesional de formación e orientación laboral capacita para levar a cabo responsabilidades profesionais equivalentes ás que precisan as actividades de nivel básico en prevención de riscos laborais, establecidas no Real decreto 39/1997, do 17 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento dos servizos de prevención.

Disposición adicional terceira. Regulación do exercicio da profesión

1. Os elementos recollidos neste decreto non constitúen regulación ningunha do exercicio de profesión regulada.

2. Así mesmo, as equivalencias de titulacións académicas establecidas no punto 1 da disposición adicional segunda entenderanse sen prexuízo do cumprimento das disposicións que habilitan para o exercicio das profesións reguladas.

Disposición adicional cuarta. Accesibilidade universal nas ensinanzas do título de técnico superior en realización de proxectos audiovisuais e espectáculos

1. A consellería con competencias en materia de educación garantirá que o alumnado poida acceder e cursar o ciclo formativo de grao superior de técnico superior en realización de proxectos audiovisuais e espectáculos nas condicións establecidas na disposición derradeira décima da Lei 51/2003, do 2 de decembro, de igualdade de oportunidades, non discriminación e accesibilidade universal das persoas con discapacidade.

2. As programacións didácticas que desenvolvan o currículo establecido neste decreto deberán ter en conta o principio de deseño universal. Para tal efecto, deben recoller as medidas necesarias co fin de que o alumnado poida conseguir a competencia xeral do título, expresada a través das competencias profesionais, persoais e sociais, así como os resultados de aprendizaxe de cada un dos módulos profesionais.

3. En calquera caso, estas medidas non poderán afectar de forma significativa a consecución dos resultados de aprendizaxe previstos para cada un dos módulos profesionais.

Disposición adicional quinta. Autorización a centros privados para a impartición das ensinanzas reguladas neste decreto

A autorización a centros privados para a impartición das ensinanzas do ciclo formativo de grao superior de técnico superior en realización de proxectos audiovisuais e espectáculos exixirá que desde o inicio do curso escolar se cumpran os requisitos de profesorado, espazos e equipamentos regulados neste decreto.

Disposición adicional sexta. Desenvolvemento do currículo

1. O currículo establecido neste decreto require un posterior desenvolvemento a través das programacións didácticas elaboradas polo equipo docente do ciclo formativo, consonte o establecido no artigo 34 do Decreto 114/2010, do 1 de xullo, polo que se establece a ordenación xeral da formación profesional do sistema educativo de Galicia. Estas programacións concretarán e adaptarán o currículo ao contorno socioeconómico do centro, tomando como referencia o perfil profesional do ciclo formativo a través dos seus obxectivos xerais e dos resultados de aprendizaxe establecidos para cada módulo profesional.

2. Os centros educativos desenvolverán este currículo de acordo co establecido no artigo 9 do Decreto 79/2010, do 20 de maio, para o plurilingüismo no ensino non universitario de Galicia.

Disposición transitoria única. Centros privados con autorización para impartir o ciclo formativo de grao superior correspondente ao título de técnico superior en realización de audiovisuais e espectáculos, ao abeiro da Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro

A autorización concedida aos centros educativos de titularidade privada para impartir as ensinanzas do título establecido no Real decreto 2035/1995, do 22 de decembro, polo que se establece o título de técnico superior en Realización de Audiovisuais e Espectáculos, entenderase referida ás ensinanzas reguladas neste decreto.

Disposición derrogatoria única. Derrogación de normas

Quedan derrogadas todas as disposicións de igual ou inferior rango que se opoñan ao disposto neste decreto.

Disposición derradeira primeira. Implantación das ensinanzas recollidas neste decreto

1. No curso 2012/13 implantarase o primeiro curso polo réxime ordinario e deixará de impartirse o primeiro curso das ensinanzas do título a que se fai referencia no artigo 1.2 do Real decreto 1680/2011, do 18 de novembro, polo que se establece o título de técnico superior en realización de proxectos audiovisuais e espectáculos.

2. No curso 2013/14 implantarase o segundo curso polo réxime ordinario e deixará de impartirse o segundo curso das ensinanzas do título a que se fai referencia no artigo 1.2 do Real decreto 1680/2011, do 18 de novembro, polo que se establece o título de técnico superior en realización de proxectos audiovisuais e espectáculos.

3. No curso 2012/13 implantaranse as ensinanzas reguladas neste decreto polo réxime para as persoas adultas.

Disposición derradeira segunda. Desenvolvemento normativo

1. Autorízase a persoa titular da consellería con competencias en materia de educación para ditar as disposicións que sexan necesarias para a execución e o desenvolvemento do establecido neste decreto.

2. Autorízase a persoa titular da consellería con competencias en materia de educación a modificar o anexo II B), relativo a equipamentos, cando por razóns de obsolescencia ou actualización tecnolóxica así se xustifique.

Disposición derradeira terceira. Entrada en vigor

Este decreto entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, dezaseis de maio de dous mil trece

Alberto Núñez Feijóo
Presidente

Jesús Vázquez Abad
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

1. Anexo I. Módulos profesionais.

1.1. Módulo profesional: planificación da realización en cine e vídeo.

• Equivalencia en créditos ECTS: 9.

• Código: – MP0902.

• Duración: 160 horas.

1.1.1. Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación

• RA1. Realiza a planificación expresiva de secuencias audiovisuais, aplicando códigos e técnicas estandarizadas de linguaxe audiovisual e conseguindo os obxectivos comunicativos requiridos.

– CA1.1. Analizouse a tipoloxía de xénero, a intencionalidade comunicativa, os condicionantes do deseño universal e os códigos expresivos empregados na realización de produtos audiovisuais.

– CA1.2. Valoráronse as consecuencias comunicativas da utilización expresiva do plano e do encadramento que se adopten, así como do ángulo de cámara e dos seus movementos, na resolución de diversos proxectos audiovisuais.

– CA1.3. Relacionouse o valor expresivo e comunicativo dunha secuencia audiovisual cos aspectos espaciais da imaxe, tales como o campo, o fóra de campo e o movemento interno e externo dos planos.

– CA1.4. Xustificáronse as repercusións expresivas e funcionais que achega a adopción dun xeito ou outro de composición e de deseño universal, respecto da comprensión e a interpretación de diversas secuencias audiovisuais.

– CA1.5. Aplicáronse as técnicas de realización de continuidade na resolución de secuencias audiovisuais con desprazamento dun suxeito e con tomas de un, dous ou máis personaxes.

– CA1.6. Analizouse o valor funcional, expresivo e comunicativo dos recursos sonoros empregados na construción da banda sonora dunha produción audiovisual.

– CA1.7. Deseñouse a estrutura expresiva da banda sonora dun produto audiovisual que dea resposta aos seus requisitos comunicativos.

• RA2. Avalía as características da posta en escena dunha obra audiovisual, analizando as relacións establecidas entre os elementos que a compoñen, segundo a intencionalidade do proxecto.

– CA2.1. Relacionáronse as funcións técnicas, expresivas e comunicativas que cumpren os elementos que compoñen a posta en escena dunha obra audiovisual.

– CA2.2. Avaliouse a idoneidade do compoñente escenográfico dunha obra audiovisual a partir do estudo da súa ambientación e dos elementos que conforman a súa decoración e os seus aderezos.

– CA2.3. Valorouse a consecución dos obxectivos expresivos e comunicativos que achega a elección do cromatismo e da iluminación nunha obra audiovisual.

– CA2.4. Determinouse a idoneidade do vestiario, a maquillaxe, a caracterización e outros elementos estilísticos que afectan a posta en escena dunha obra audiovisual.

– CA2.5. Distinguíronse as funcións dos códigos xestuais e da linguaxe corporal empregados como recursos expresivos e comunicativos na interpretación dunha obra audiovisual.

– CA2.6. Relacionouse a evolución técnica e expresiva experimentada polo cine cos xeitos actuais de utilización da posta en escena e a iluminación.

– CA2.7. Analizáronse os criterios formais e estéticos de proxectos audiovisuais, atendendo aos aspectos de época, as referencias históricas, os estilos artísticos e de iluminación, a natureza do segmento sonoro e a escenografía.

• RA3. Elabora un guión técnico audiovisual, tendo en conta a relación da súa estrutura narrativa cos tratamentos que cumpra empregar, segundo as situacións formuladas.

– CA3.1. Valoráronse os procesos, as características, as vantaxes e as dificultades que presenta a adaptación dunha obra literaria preexistente a un guión audiovisual.

– CA3.2. Construíronse as secuencias dramáticas do guión literario, seguindo as fases estandarizadas: determinación da idea, documentación, trama (story line), argumento e tratamento.

– CA3.3. Realizouse o proceso de transformación dunha secuencia dramática, extraída parcialmente dun guión literario, a unha estrutura propia do guión técnico audiovisual, e o guión gráfico (storyboard).

– CA3.4. Realizouse o guión gráfico (storyboard) dun guión audiovisual axeitado para o estilo narrativo do proxecto de realización.

– CA3.5. Elaborouse a adecuación dos diálogos e as solucións narrativas do guión ás características do tipo de realización e do proxecto.

– CA3.6. Marcouse a presenza sonora da música e dos efectos na solución narrativa do guión audiovisual.

– CA3.7. Aplicáronse os códigos e as solucións da linguaxe audiovisual na articulación dos documentos principais de planificación dun guión: guión técnico, guión gráfico, plantas de decorado e guión de traballo.

– CA3.8. Aplicáronselle ao guión técnico os criterios formais e estéticos dun proxecto audiovisual, atendendo aos aspectos de época, referencias históricas, estilos artísticos, estilos de iluminación, natureza do segmento sonoro e escenografía.

• RA4. Determina as características dos recursos necesarios para a realización dunha obra de cine, vídeo ou multimedia, tendo en conta a relación entre os procesos de produción e os profesionais e os medios técnicos necesarios.

– CA4.1. Definíronse as responsabilidades e as funcións das persoas que concorren na realización dunha obra audiovisual segundo a súa tipoloxía (cine, vídeo, multimedia e novos medios), así como o seu alcance e o seu xénero.

– CA4.2. Definíronse as necesidades de recursos humanos, artísticos e técnicos precisos para a realización dun proxecto audiovisual en todas as súas fases, a partir da desagregación do guión.

– CA4.3. Definíronse as características de equipamentos, maquinaria, materiais e recursos técnicos precisos para a consecución expresiva dun proxecto audiovisual.

– CA4.4. Definíronse as características precisas de localizacións, decorados, estudios e a súa correspondente ambientación, para a consecución expresiva dun proxecto audiovisual.

– CA4.5. Definíronse as necesidades precisas de documentación visual, gráfica e sonora para a realización dun proxecto audiovisual, a partir da desagregación do guión.

– CA4.6. Extraéronse dos informes de localización os datos relativos á accesibilidade, distribución espacial, necesidades de adaptación escenográfica e técnica, dispoñibilidade de seguridade, comunicacións e outros aspectos necesarios, para garantir o rexistro das secuencias na localización.

– CA4.7. Avaliouse a viabilidade técnica de realización dun guión a partir da análise da súa estrutura e da determinación da súa necesidade de recursos nun contexto determinado de realización cinematográfica ou videográfica.

• RA5. Determina as características e a ambientación dos espazos escénicos necesarios para o rexistro dunha obra audiovisual e xustifica a súa idoneidade segundo as necesidades narrativas do guión e a consecución dos obxectivos comunicativos do proxecto.

– CA5.1. Xustificouse unha relación de posibles localizacións para a resolución dunha gravación audiovisual, indicando os argumentos a favor e en contra, desde a perspectiva estética e narrativa.

– CA5.2. Valorouse a adecuación ás necesidades do proxecto narrativo audiovisual da documentación, das gravacións, das fotografías, dos planos, internet ou outras fontes de información dispoñible de diferentes localizacións.

– CA5.3. Determináronse as características da ambientación dun decorado acorde coas necesidades do guión técnico.

– CA5.4. Elaboráronse informes que xustifiquen a elección de localizacións alternativas (cover set), en caso de continxencias xurdidas nas localizacións elixidas.

– CA5.5. Realizouse o informe de adaptación do estudio ou da localización nos seus aspectos técnicos e escenográficos.

– CA5.6. Propúxose unha orde de gravación por secuencias adecuada ás posibilidades narrativas, á combinación de todos os recursos técnicos e artísticos e á situación do estudio de gravación e das localizacións.

• RA6. Realiza probas de selección de actores e actrices para obras audiovisuais, valorando as técnicas existentes para conseguir a compatibilidade da elección cos perfís de personaxes definidos no guión.

– CA6.1. Caracterizáronse para as probas as necesidades de actores e actrices protagonistas, personaxes secundarios e episódicos, segundo os requisitos artísticos e dramáticos do guión.

– CA6.2. Elaborouse unha desagregación de tempos e duracións de participación de actores e actrices, reflectindo as necesidades de vestiario, caracterización e maquillaxe axeitadas para a intencionalidade do guión.

– CA6.3. Especificáronse os criterios artísticos, funcionais e de figuración a que deben aterse as probas de selección de actores e actrices, en función das características do proxecto.

– CA6.4. Deseñouse a estrutura e as características específicas da proba de selección de actores e actrices, nun proxecto de realización audiovisual determinado.

– CA6.5. Rexistráronse as probas nun soporte audiovisual, clasificando as gravacións para a súa posterior visión.

– CA6.6. Redactáronse informes coas gravacións e os datos recollidos nas probas de actores e actrices, sinalando os criterios de idoneidade das persoas participantes para cada papel.

– CA6.7. Especificáronse as necesidades de cada personaxe canto ao vestiario, á caracterización e maquillaxe, a partir da información extraída do guión.

– CA6.8 Xustificáronse as persoas candidatas que se adaptan aos requisitos artísticos e dramáticos do guión.

• RA7. Planifica a rodaxe ou a gravación das secuencias dunha obra audiovisual e xustifica a distribución de sesións en función de criterios de idoneidade e organización.

– CA7.1. Desagregouse o guión literario e elaboráronse listas de necesidades para cada departamento.

– CA7.2. Asignáronse os recursos humanos e materiais necesarios en cada secuencia de produción do proxecto audiovisual, a partir das listas de desagregación.

– CA7.3. Estimouse o tempo necesario para o rexistro de cada secuencia de produción, bloque ou calquera outra unidade coherente en que se subdividise o proxecto audiovisual.

– CA7.4. Acordouse a orde de rexistro das secuencias de produción, dos bloques ou doutras unidades coherentes do proxecto audiovisual, con criterios comunicativos e de óptimo aproveitamento de recursos e de tempo.

– CA7.5. Elaborouse o plan de rodaxe ou gravación axustándose ao orzamento establecido, incluíndo solucións alternativas en previsión das continxencias que puidesen xurdir.

– CA7.6. Aplicáronse técnicas de organización para reflectir no plan de rodaxe as necesidades, os horarios de comparecencia e os tempos previstos.

– CA7.7. Distribuíuse a información ás persoas responsables do proxecto, para a correcta xestión dos seus equipos.

1.1.2. Contidos básicos.

BC1. Planificación expresiva de secuencias audiovisuais.

• Características e códigos dos xéneros cinematográficos, videográficos, multimedia e novos medios: internet, teléfonos móbiles e outras pantallas.

• Plano: tipoloxía e características.

• Planificación expresiva de secuencias.

• Técnicas de fragmentación do espazo escénico audiovisual.

• Movemento da cámara e do referente na análise e na construción de mensaxes audiovisuais.

• Procedementos de construción de xeografías suxeridas: campo e fóra de campo.

• Técnicas de composición aplicadas á realización de produtos audiovisuais.

• Técnicas de mantemento da continuidade nos relatos audiovisuais.

• Procedementos de articulación do espazo-tempo no relato.

• Técnicas de realización audiovisual aplicadas á resolución de interaccións e situacións con distinto número de personaxes.

• Funcionalidade, expresión e comunicación dos recursos sonoros dunha produción audiovisual.

• Deseño de bandas sonoras dun produto audiovisual que dea resposta aos seus requisitos comunicativos.

BC2. Avaliación das características da posta en escena de obras audiovisuais.

• Funcións técnicas, expresivas e comunicativas da posta en escena.

• Similitudes e diferenzas da posta en escena segundo o medio.

• Evolución dos movementos audiovisuais na súa relación coa posta en escena.

• Técnicas escenográficas audiovisuais: ambientación, decoración e aderezos.

• Valor expresivo da iluminación.

• Funcións expresivas e comunicativas do vestiario, a maquillaxe, a caracterización e o peiteado.

• Funcións dos códigos xestuais na interpretación.

BC3. Elaboración de guións técnicos audiovisuais.

• Tipos e formatos de guións audiovisuais.

• Técnicas narrativas aplicadas á construción de relatos audiovisuais de ficción:

– Ideas orixinais e adaptación de obras preexistentes.

– Idea temática e idea dramática.

– Conflito e intriga básica.

– Formulación, desenvolvemento e desenlace.

– Características e tipoloxías de personaxes.

– Características e funcións dos diálogos audiovisuais.

• Proceso de construción do guión literario.

• Proceso de transformación do guión literario a guión técnico: planificación.

• Técnicas de construción do guión gráfico (storyboard).

• Adecuación da expresión sonora nos guións audiovisuais.

BC4. Determinación das características dos recursos necesarios para a realización dunha obra de cine, vídeo ou multimedia.

• Funcións e estrutura organizativa da industria en cine, vídeo, multimedia e novos medios.

• Tipoloxía de procesos da produción audiovisual.

• Tipoloxía e características do persoal técnico e artístico nas fases de produción do proxecto: criterios de selección de equipamentos técnicos e artísticos.

• Tipoloxía e características dos recursos materiais e loxísticos nas fases de produción do proxecto.

• Criterios de selección de materiais escenográficos.

• Tipoloxía e características dos elementos empregados na caracterización.

• Tipoloxía e características da documentación visual, gráfica e sonora de apoio á realización de proxectos audiovisuais.

• Técnicas de desagregación de recursos a partir da análise do guión ou documentación definitiva do proxecto.

BC5. Determinación das características e a ambientación dos espazos escénicos para o rexistro dunha obra audiovisual.

• Ambientación e escenografía:

– Decorados e adaptación de localizacións para producións audiovisuais.

– Aderezos, vestiario, peiteado, maquillaxe e caracterización.

• Espazo escénico para cine e vídeo:

– Características do espazo de rodaxe.

– Instalacións de subministración eléctrica e xeradores autónomos.

• Procedementos de localización:

– Procura de localizacións e análise de documentación.

– Informes e fichas de localización.

– Permisos para a localización.

• Posibilidades expresivas de decorados e localizacións.

• Técnicas aplicadas á xestión de continxencias nos espazos escénicos. Localizacións alternativas (cover sets).

BC6. Probas de selección de actores e actrices para obras audiovisuais.

• Tipoloxía de personaxes: protagonistas, secundarios, episódicos, figurantes, especialistas etc.

• Definición, caracterización e situacións de personaxes.

• Proceso de selección do persoal artístico:

– Definición dos criterios artísticos e funcionais das probas de selección.

– Técnicas de organización de probas de selección.

– Redacción de informes de resultados de actuacións para a selección.

– Técnicas de análise das características dos personaxes.

• Adecuación ao plan de rodaxe dos modelos de contratación do persoal artístico.

BC7. Planificación da rodaxe ou da gravación das secuencias dunha obra audiovisual.

• Elección do modelo de plan de rodaxe ou gravación segundo o medio e o tipo de produto.

• Aplicacións informáticas para a construción do plan de rodaxe ou gravación.

• Técnicas de valoración do tempo de rexistro ou realización por secuencias de produción, bloques ou unidades coherentes.

• Procedementos de organización da orde de rexistro ou realización por secuencias de produción, bloques ou unidades coherentes.

• Técnicas de asignación e óptimo aproveitamento de recursos na construción do plan de rodaxe ou gravación.

• Técnicas de construción do plan de rodaxe ou gravación segundo o medio e o tipo de produto.

• Adecuación do modelo de realización ao orzamento da obra audiovisual.

1.1.3. Orientacións pedagóxicas.

Este módulo dá resposta a unha serie de funcións que conforman o perfil profesional do título.

Debido á importancia de que se alcancen os resultados de aprendizaxe establecidos, para a súa impartición é conveniente que as actividades de ensino e aprendizaxe se dediquen á adquisición das competencias desas funcións, en coordinación co módulo de procesos de realización en cine e vídeo do presente ciclo, así como con outros módulos doutros ciclos da familia profesional que desenvolven as funcións de produción de audiovisuais.

O presente módulo desenvolve as funcións correspondentes á planificación da realización de proxectos de cine e vídeo, dentro do proceso de producións audiovisuais e, en concreto, do subproceso de produción de proxectos de cine, vídeo e multimedia.

A formación do módulo contribúe a alcanzar os obxectivos xerais a), b), c), d), e), l), m), n), ñ), o), p), r), t) e u) do ciclo formativo e as competencias a), b), c), i), j), k), l), m) e n).

Así mesmo, para conseguir que o alumnado adquira a polivalencia necesaria neste módulo, é conveniente que se traballe coas técnicas de planificación de proxectos de cine, vídeo, televisión, animación, multimedia e novos medios de diversos tipos, tales como anuncios publicitarios, videoclips, documentais, revistas, informativos e dramáticos.

As liñas de actuación no proceso de ensino e aprendizaxe que permiten alcanzar os obxectivos do módulo deben versar sobre:

– A elaboración de guións técnicos de proxectos de cine, vídeo, animación, multimedia e novos medios.

– A definición e valoración das características de espazos escénicos e de recursos para a gravación do proxecto.

– A definición das características da posta en escena de proxectos de rodaxe ou gravación de proxectos de cine e vídeo.

– A elaboración de plans de rodaxe ou gravación de proxectos de cine e vídeo.

1.2. Módulo profesional: procesos de realización en cine e vídeo.

• Equivalencia en créditos ECTS: 8.

• Código: – MP0903.

• Duración: 157 horas.

1.2.1. Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación.

• RA1. Coordina os recursos humanos artísticos e técnicos necesarios para a rodaxe ou a gravación dun produto audiovisual, para o cal analiza a documentación técnica da fase de planificación.

– CA1.1. Definíronse os aspectos de coordinación e supervisión das tarefas dos equipos humanos artísticos e técnicos, a partir da análise da documentación técnica xerada durante a fase de planificación da rodaxe ou a gravación: plan de rodaxe, desagregación por secuencias, listaxe de recursos etc.

– CA1.2. Seleccionouse a colocación, a altura e o movemento das cámaras, atendendo á finalidade expresiva da realización das secuencias.

– CA1.3. Elaboráronse os esquemas de iluminación atendendo ao efecto expresivo pretendido para a secuencia.

– CA1.4. Caracterizáronse os planos necesarios para a gravación ou a rodaxe das secuencias, segundo as intencións narrativas e expresivas do guión.

– CA1.5. Organizouse a escenografía e os movementos de personaxes, entre outros, segundo as intencións narrativas e expresivas do guión.

– CA1.6. Verificouse que o traballo de maquillaxe, peiteado e xastraría se adapte aos requisitos da secuencia que se vaia gravar ou rodar.

– CA1.7. Elaboráronse as ordes de traballo para as persoas integrantes do equipo técnico e artístico, asegurando un procedemento para a súa repartición.

– CA1.8. Adxudicáronse as tarefas concretas que teñen que desenvolver todos os equipos humanos técnicos e artísticos implicados durante o proceso de rodaxe ou gravación da obra audiovisual.

• RA2. Coordina a dispoñibilidade dos recursos técnicos, materiais e loxísticos necesarios para a rodaxe ou a gravación dun produto audiovisual, para o cal analiza a documentación técnica da fase de planificación.

– CA2.1. Verificouse a dispoñibilidade do equipo técnico para o día de rodaxe ou gravación, segundo as desagregacións das secuencias que se vaian rexistrar e as listaxes de recursos.

– CA2.2. Realizáronse as comprobacións técnicas necesarias para garantir o correcto funcionamento do equipamento de rexistro audiovisual, a iluminación, o son, a maquinaria de rodaxe e outras instalacións técnicas implicadas na rodaxe ou na gravación, segundo as necesidades de filmación ou gravación da toma.

– CA2.3. Realizáronse as comprobacións necesarias para garantir a instalación e a colocación correctas e a adecuación dos decorados e dos aderezos no estudio de rodaxe ou na localización, segundo as necesidades de filmación ou gravación da toma.

– CA2.4. Comprobouse a adecuación das escenas e dos elementos de imaxe gravados para inserir na rodaxe ou na gravación das secuencias.

– CA2.5. Comprobouse a adecuación de efectos e dos cortes de son e música para a súa inserción durante a rodaxe da secuencia.

• RA3. Dirixe os ensaios cos equipos técnicos e artísticos intervenientes na rodaxe ou na gravación dun proxecto audiovisual, para o cal interpreta a documentación técnica e propón alternativas e melloras.

– CA3.1. Estableceuse un sistema de comprobación do cumprimento das citacións previstas para os ensaios por parte dos equipos humanos artísticos e técnicos intervenientes.

– CA3.2. Efectuáronse os ensaios do equipo artístico da secuencia que se vaia rodar ou gravar, marcando directrices segundo o guión de traballo.

– CA3.3. Comprobouse, nos ensaios con persoal técnico, a correcta execución das operacións de índole técnica e o seu axuste á posta en escena, avaliando tempos e duracións.

– CA3.4. Estableceuse un sistema de comprobación de probas e test de cámaras para asegurar que o vestiario, o peiteado, a maquillaxe e a caracterización do persoal artístico sigan os criterios establecidos pola dirección artística.

– CA3.5. Comprobouse, en ensaios con actores e actrices e, de ser o caso, figuración, o desenvolvemento da acción, a comprobación dos diálogos e as intervencións, o sinalamento de posicións e a modalidade interpretativa idónea.

– CA3.6. Elaboráronse informes para recoller as correccións técnicas, escenográficas e interpretativas que cumpra considerar en ulteriores ensaios ou no momento da rodaxe ou a gravación.

• RA4. Dirixe a rodaxe ou a gravación dunha obra audiovisual e contrasta os resultados coa consecución dos criterios artísticos e técnicos establecidos no proxecto.

– CA4.1. Dirixiuse a interpretación dos actores e as actrices durante a rodaxe ou a gravación das secuencias, mantendo o nivel interpretativo e as intencións expresivas do guión.

– CA4.2. Dirixiuse a rodaxe ou a gravación das tomas da secuencia coordinando a acción e o movemento dos personaxes, así como os efectos especiais, segundo a intención expresiva planificada no guión técnico.

– CA4.3. Controlouse a continuidade narrativa e de elementos da escena segundo a planificación establecida.

– CA4.4. Valorouse a toma realizada e o seu control de son e procedeuse á súa repetición ata a disposición da toma correcta.

– CA4.5. Comprobouse, antes da rodaxe ou a gravación e despois do rexistro de cada toma, a adecuación dos elementos do decorado e aderezos ao mantemento da continuidade formal da escena.

– CA4.6. Tívose en conta no rexistro a posterior realización dos efectos de posprodución que afectan a realización da toma.

– CA4.7. Elaborouse un informe do día de rodaxe ou gravación que indique a validez ou non das tomas realizadas, as accións e as decisións tomadas, as incidencias salientables e a procedencia da modificación do plan de rodaxe ou gravación, e elaboráronse as novas ordes de traballo que afecten o equipo de produción.

– CA4.8. Aplicáronse técnicas de motivación, xestión de persoal e resolución de conflitos durante a rodaxe ou a gravación do proxecto audiovisual.

– CA4.9. Tívose en conta o cumprimento das normas de prevención de riscos laborais, profesionais e ambientais derivadas da actividade propia da rodaxe ou a gravación dun proxecto audiovisual.

• RA5. Organiza o material audiovisual rexistrado na rodaxe ou na gravación dun proxecto audiovisual, para a súa posterior montaxe e posprodución, avaliando as tomas de imaxe e son.

– CA5.1. Valoráronse as tomas válidas de imaxe e de son, a partir da súa visión e audición, segundo as indicacións do parte de cámaras.

– CA5.2. Minutáronse as cintas de vídeo con precisión, indicando os códigos de tempo, o contido de imaxe e son, o tipo de plano, a duración e outros elementos que poidan cumprir para o posterior proceso de montaxe e posprodución do proxecto.

– CA5.3. Realizouse a adaptación das imaxes e dos sons captados ao formato máis adecuado para a súa posterior montaxe e posprodución, salvagardando a calidade do formato orixinal.

– CA5.4. Realizouse o proceso de xestión, conservación e arquivamento do material audiovisual xerado durante a rodaxe ou a gravación, para posteriores usos e adecuacións.

– CA5.5. Elaborouse un guión de montaxe para a planificación da montaxe e/ou a posprodución, tendo en conta o guión técnico e a avaliación das tomas de imaxe gravadas.

– CA5.6. Elaborouse un plan de sonorización e dobraxe, tendo en conta o guión técnico e a avaliación das tomas de son gravadas.

1.2.2. Contidos básicos.

BC1. Coordinación dos recursos humanos, artísticos e técnicos para a rodaxe ou a gravación

• Técnicas de análise da documentación técnica do proceso de rodaxe ou gravación:

– Plan de rodaxe ou gravación.

– Listaxes de recursos.

– Ordes de traballo para equipos artísticos e técnicos.

– Preparación de informes para o día de rodaxe.

• Organización e control dos procesos mecánicos da rodaxe ou a gravación cunha ou varias cámaras:

– Adaptación da colocación de cámaras segundo a finalidade e a expresividade da realización, a elección de obxectivos e a altura.

– Adaptación dos movementos de maquinaria de rodaxe e soportes de cámara segundo a realización.

– Adaptación da iluminación na rodaxe ou a gravación.

– Control da escenografía.

– Definición da gravación dos aspectos sonoros na rodaxe ou na gravación.

BC2. Coordinación da dispoñibilidade dos recursos técnicos, materiais e loxísticos para a rodaxe ou a gravación.

• Verificación da adecuación do equipo técnico na localización ou no set de rodaxe.

• Técnicas de control do acondicionamento técnico das localizacións.

• Técnicas de resolución da loxística.

• Verificación do funcionamento dos equipamentos técnicos na localización ou no espazo de rodaxe.

• Procedementos de verificación das instalacións e os espazos de rodaxe:

– Comprobación da instalación, a colocación e a adecuación do decorado.

– Comprobación dos elementos de aderezo e control da escenografía.

BC3. Dirección dos ensaios cos equipos técnicos e artísticos que interveñen na rodaxe ou a gravación

• Comunicación co persoal durante os ensaios: citacións, convocatorias e ordes de transporte.

• Técnicas de ensaios con persoal técnico: avaliación de tempos e duracións na posta en escena.

• Técnicas de ensaios con persoal artístico:

– Técnicas de dirección de actores e actrices, figurantes e especialistas.

– Organización do traballo da figuración durante os ensaios.

– Organización do traballo de especialistas e efectos especiais.

BC4. Dirección da rodaxe ou a gravación dunha obra audiovisual.

• Técnicas de elaboración de documentación para a rodaxe ou a gravación:

– Adaptación dos documentos de planificación de rodaxe: guión técnico e gráfico (storyboard).

– Elaboración dos partes de cámara e outros documentos de rodaxe ou gravación.

• Aplicación de técnicas de realización na rodaxe ou na gravación.

– Control e realización do plano secuencia, plano máster e planos de cobertura.

– Resolución de escenas de diálogo. Plano e contraplano.

– Técnicas de identificación da claqueta.

– Control do mantemento da continuidade formal.

• Técnicas de rodaxe ou gravación con escenografía virtual e efectos ópticos.

• Valoración da toma e control de son.

• Prevención de riscos profesionais e ambientais durante a rodaxe.

BC5. Organización do material audiovisual rexistrado na rodaxe ou na gravación dun proxecto audiovisual.

• Técnicas de preparación da documentación técnica para a fase de montaxe e posprodución.

• Planificación previa da montaxe e da posprodución.

– Adaptación de formatos para a montaxe.

– Selección do material para a montaxe de imaxe.

– Selección do material para a montaxe de son.

– Realización do guión de montaxe.

• Xestión, control, conservación e arquivamento do material audiovisual xerado durante a rodaxe.

• Procedementos de pechamento da documentación técnica da rodaxe ou da gravación.

1.2.3. Orientacións pedagóxicas.

Este módulo dá resposta a unha serie de funcións que conforman o perfil profesional do título.

Debido á importancia de que se alcancen os resultados de aprendizaxe establecidos, para a súa impartición é conveniente que as actividades de ensino e aprendizaxe se dediquen á adquisición das competencias desas funcións, en coordinación con outros módulos doutros ciclos da familia profesional que desenvolven as funcións de captación e gravación de son de audiovisuais, produción de audiovisuais e captación de imaxe audiovisual.

Este módulo profesional contén a formación necesaria para desempeñar as funcións de:

– Desenvolvemento e planificación da realización do produto.

– Coordinación do equipo técnico e artístico durante o rexistro.

– Realización de ensaios e gravacións.

A formación do módulo contribúe a alcanzar os obxectivos xerais a), b), c), d), e), l), m), n), ñ), o), p), r) e u) do ciclo formativo e as competencias a), b), c), i), j), k), l), m) e n).

Así mesmo, para conseguir que o alumnado adquira a polivalencia necesaria neste módulo, é conveniente que se traballe coas técnicas de realización de proxectos de cine e vídeo de diferentes tipos, tales como documentais e dramáticos.

As liñas de actuación no proceso de ensino e aprendizaxe que permiten alcanzar os obxectivos do módulo deben versar sobre:

– A elaboración de guións de traballo de proxectos de cine e vídeo.

– A dirección técnica, expresiva e comunicativa de ensaios, e realización de proxectos de vídeo.

– A dirección dos equipos humanos técnicos e artísticos durante a realización de proxectos de vídeo.

– A realización das actividades e funcións propias da asistencia á realización de proxectos de vídeo.

1.3. Módulo profesional: planificación da realización en televisión.

• Equivalencia en créditos ECTS: 10.

• Código: – MP0904.

• Duración: 160 horas.

1.3.1. Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación.

• RA1. Define as características e o formato dun programa de televisión, aplicando recursos da linguaxe audiovisual segundo a tipoloxía do xénero e as posibilidades de colocación na grella de programas dunha televisión.

– CA1.1. Definiuse o xénero televisivo do proxecto de programa, aplicando as calidades e as opcións da programación predefinida dunha emisora de televisión ás ideas e aos tratamentos iniciais do proxecto.

– CA1.2. Definíronse os obxectivos dun proxecto de programa a partir da consideración da súa audiencia potencial, dos medios de emisión, das franxas horarias, das expectativas publicitarias ou da posible xustificación de servizo público.

– CA1.3. Elaborouse a ficha técnica dun programa de televisión a partir do estudo da súa estrutura, dos códigos de realización empregados na súa construción, dos condicionantes do deseño universal, dos recursos humanos e técnicos empregados e da análise pormenorizada de todos os elementos que o conforman.

– CA1.4. Determináronse os recursos da linguaxe audiovisual que se vaian utilizar na posta en marcha dun proxecto de programa de televisión, especificando os usos expresivos do encadramento e a composición empregada, así como os recursos de son e de iluminación.

– CA1.5. Desenvolveuse a escaleta matriz dun programa de televisión a partir do desenvolvemento da súa estrutura e dos seus contidos.

– CA1.6. Determinouse a estrutura, o ritmo e os recursos narrativos que se vaian utilizar na realización do programa.

• RA2. Desenvolve a escaleta de realización dun programa de televisión a partir da desagregación do guión, tendo en conta a relación das necesidades de recursos coa consecución das intencións expresivas da realización multicámara.

– CA2.1. Desagregouse o guión dun proxecto de programa de televisión, identificando e agrupando en listas coherentes os recursos necesarios para a súa posta en marcha.

– CA2.2. Marcáronse sobre o guión as intervencións de personaxes e figuración en cada bloque ou secuencia, identificando o vestiario e as caracterizacións, e trasladáronse os datos ás follas de desagregación.

– CA2.3. Marcáronse sobre o guión as localizacións, os decorados, os elementos escenográficos, os aderezos, os vehículos e os efectos de iluminación e de son, e trasladáronse os datos ás follas de desagregación.

– CA2.4. Realizouse un estudo sobre planta ou in situ das características do estudio de gravación ou da localización, valorouse a súa idoneidade e achegáronse solucións ao informe ou á ficha de localización, e comprobouse a viabilidade dos seus elementos constituíntes.

– CA2.5. Determinouse a estrutura e o ritmo da realización multicámara segundo o contido e as intencións expresivas do programa.

– CA2.6. Desenvolveuse a escaleta, definindo secuencialmente os bloques do programa ou da ficción de televisión, as intervencións das persoas implicadas, as actuacións técnicas precisas en cada momento e o material audiovisual e gráfico que cumpra reproducir.

– CA2.7. Elaborouse un plan de traballo para a realización do programa de xeito coordinado coas condicións establecidas pola produción.

• RA3. Prepara os materiais necesarios na preprodución dun programa de televisión, tendo en conta a relación das súas características e condicións co seu ordenamento na realización.

– CA3.1. Estableceuse un plan para a obtención dos materiais audiovisuais necesarios para a preprodución do programa a partir da consulta de fondos de mediatecas.

– CA3.2. Transferiuse o material audiovisual preciso para a preprodución do programa a un soporte de traballo que unifique os formatos de orixe e verificouse que as calidades técnicas se axusten aos requisitos da produción.

– CA3.3. Editáronse as pezas de vídeo necesarias para a preprodución en editores non lineais ou en sistemas de redacción e edición virtual.

– CA3.4. Identificáronse de xeito inequívoco as pezas que constitúen o material de preprodución e reflectiuse en partes de gravación relacionados na escaleta, co fin de as inserir nun servidor ou para seren lanzadas mediante reprodutores de vídeo durante a realización do programa.

– CA3.5. Especificáronse as características e as condicións do material gráfico necesario e xestionouse a súa realización e a súa disposición durante o programa, na orde recollida na escaleta.

– CA3.6. Confeccionouse unha relación de rótulos que reflicta a orde de presentación da escaleta.

– CA3.7. Recolléronse nunha listaxe todas as pezas musicais que cumpra empregar no programa, para a súa xestión e para o cumprimento da normativa de propiedade intelectual.

• RA4. Planifica o desenvolvemento espacial e temporal da realización multicámara en control, tendo en conta a relación da coordinación das intervencións técnicas coa consecución das intencións comunicativas do programa de televisión.

– CA4.1. Supervisouse o deseño da escenografía real e virtual, tendo en conta os requisitos técnicos e expresivos do programa.

– CA4.2. Colocáronse na planta do estudio ou das localizacións os decorados descritos nos planos escenográficos, fixando a colocación dos elementos de decorado e dos aderezos.

– CA4.3. Especificáronse as posicións dos personaxes e persoas intervenientes no programa, así como os movementos da posta en escena.

– CA4.4. Elaborouse a planificación de cámaras, describindo a súa colocación, a cobertura, os movementos, as persoas ou os personaxes que cumpra seguir, os tipos de planos e encadramentos, seguindo a orde cronolóxica reflectida na escaleta.

– CA4.5. Especificáronse as condicións técnicas necesarias para que na gravación do son se consiga o uso expresivo desexado, mediante a modulación das canles de micrófonos, liñas de audio, liñas exteriores, músicas e efectos de son.

– CA4.6. Elaborouse a planificación dos efectos de iluminación e a especificación dos seus cambios ao longo do programa.

– CA4.7. Estableceuse un sistema para corrixir as previsibles deficiencias técnicas e escenográficas que poidan afectar o desenvolvemento espacial e temporal do programa.

– CA4.8. Estableceuse un procedemento de supervisión da adecuación á escaleta dos textos que vaian ler os presentadores ou as presentadoras, así como a inserción secuencial destes no autocúe.

• RA5. Planifica e controla os tempos de emisión, publicidade e autopromoción en procesos de continuidade televisiva, tendo en conta as diferenzas entre os usos funcionais dos elementos que conforman estes espazos e a súa relación coa programación da emisora.

– CA5.1. Documentouse, mediante escaletas e partes, a totalidade dos compoñentes audiovisuais da emisión diaria dunha emisora de televisión, aplicando criterios funcionais e organizativos de control de continuidade.

– CA5.2. Especificouse, mediante un sistema de identificación, cada bloque que compón un programa de televisión, así como o seu punto de inicio e de finalización.

– CA5.3. Estableceuse un sistema para identificar as autopromocións dunha emisora ou dunha canle de televisión e valorouse a súa repercusión no cómputo total do tempo de programación e emisión.

– CA5.4. Especificouse un sistema de emisión de bloques publicitarios nunha emisora de televisión compatible coa normativa legal sobre emisión de publicidade en televisión.

– CA5.5. Estableceuse un sistema para identificar as cabeceiras e os indicativos de entrada e saída á publicidade, valorando a súa repercusión no cómputo total do tempo de programación e emisión.

1.3.2. Contidos básicos.

BC1. Definición das características e do formato dun programa de televisión.

• Tipos de empresas de televisión: plataformas, emisoras, produtoras e empresas de servizo.

• Xéneros televisivos e formatos.

• Técnicas de programación en televisión.

• Modelos de realización en televisión.

• Control e estudio de televisión.

• Funcións do equipo humano.

• Iluminación en programas de televisión: usos e funcións.

• Son en programas de televisión: usos e funcións.

• Uso dos recursos narrativos na realización en televisión: condicionantes do deseño universal.

• Guión de televisión e escaleta de programa.

BC2. Desenvolvemento da escaleta de realización do programa de televisión.

• Desagregacións de guión en proxectos de ficción e programas de televisión.

• Modelos de desagregación do guión de realización do programa de televisión.

• Determinación das características do estudio de gravación e das localizacións a partir do guión.

• Estrutura, ritmo e recursos narrativos en proxectos de ficción e en programas de televisión.

• Técnicas de realización da escaleta de programas de televisión. Estrutura en bloques ou secuencias.

• Técnicas de redacción do plan de traballo.

BC3. Preparación dos materiais para a preprodución dun programa de televisión.

• Determinación de necesidades de material audiovisual de arquivo en programas de televisión.

• Procedementos de obtención de materiais audiovisuais: axencias de noticias e fondos documentais audiovisuais.

• Determinación do material de grafismo en programas de televisión.

• Sistemas virtuais de edición e redacción de noticias e documentos audiovisuais.

• Xestión de recursos protexidos pola propiedade intelectual.

BC4. Planificación da realización multicámara no control de televisión.

• Planificación da escenografía para televisión. Tipos de elementos escenográficos. Plantas de decorado e representacións en alzado e tres dimensións.

• Escenografía virtual.

• Posta en escena en proxectos de ficcións e programas de televisión.

• Planificación do movemento da acción na realización multicámara: tiros de cámara e movementos.

• Técnicas de articulación do espazo e o tempo na realización de televisión.

• Técnicas de articulación da imaxe e do son en programas de televisión.

• Uso expresivo do son e da iluminación en programas de televisión.

BC5. Control de tempos de emisión, publicidade e autopromoción na continuidade de televisión.

• Técnicas de elaboración da escaleta de continuidade.

• Elementos de puntuación na continuidade de televisión.

• Operacións con equipamentos de continuidade de televisión.

• Operacións de finais de edición sobre programas e pezas que cumpra emitir.

• Comunicacións e ordes para a continuidade en emisións de televisión.

1.3.3. Orientacións pedagóxicas.

Este módulo dá resposta ás funcións de planificación da realización de proxectos de televisión necesarias para o seu desenvolvemento. Estas funcións aplicaranse nos procesos de televisión e permitirán a definición do formato do programa, o desenvolvemento da escaleta a partir da desagregación do guión, a definición dos materiais e os recursos necesarios, a planificación da realización multicámara e o control dos tempos de emisión, publicidade e autopromoción en procesos de continuidade televisiva.

As actividades profesionais asociadas a estas funcións aplícanse nas empresas de produción audiovisual de televisión.

A formación do módulo contribúe a alcanzar os obxectivos xerais a), b), c), d), m), n), ñ), q) e s) do ciclo formativo e as competencias a), b), c), d), m), n), ñ) e p).

As actividades de ensino e aprendizaxe que permiten alcanzar os obxectivos do módulo están relacionadas:

– Co desenvolvemento de escaletas de realización de programas de televisión.

– Coa avaliación das características de localizacións, estudios e decorados.

– Coa definición de necesidades humanas e materiais para a realización de programas de televisión.

– Coa elaboración de escaletas de continuidade.

– Coa planificación de realizacións multicámara, así como coa definición da súa posta en escena e da súa escenografía real e virtual.

– Coa elaboración de plans de traballo para programas de televisión.

1.4. Módulo profesional: procesos de realización en televisión.

• Equivalencia en créditos ECTS: 8.

• Código: – MP0905.

• Duración: 140 horas.

1.4.1. Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación.

• RA1. Desenvolve o guión de traballo para a realización, comprobando a duración e calidade do material audiovisual proveniente de preprodución.

– CA1.1. Estableceuse un sistema para a comprobación da calidade técnica de todas as pezas audiovisuais que se vaian reproducir no programa.

– CA1.2. Elaboráronse as minutaxes das pezas de vídeo, detallando para cada unha delas a súa duración, as colas de entrada e de saída, o pé de texto de saída, o pé de acción de saída e descrición do último cadro de vídeo.

– CA1.3. Identificáronse e sinaláronse os pés de texto e os pés de acción do guión.

– CA1.4. Elaborouse a minutaxe de actuacións musicais, describindo a duración da ponte de entrada e o momento de entrada de voces, instrumentos, refráns e debuxos musicais.

– CA1.5. Elaborouse a minutaxe de accións en ficcións, actuacións visuais e números de coreografía.

– CA1.6. Determináronse os sinais da realización televisiva que se vaian gravar: máster, sinal sen incrustacións e cámaras dobradas ou masterizadas.

– CA1.7. Comprobáronse todos os cambios realizados na escaleta e desenvolveuse un guión de traballo complementario dela.

• RA2. Controla, durante a realización ou a emisión do programa, a reprodución e a emisión de pezas de vídeo, as fontes utilizadas e as actuacións artísticas, seguindo a documentación técnica de realización, como minutaxes, guións de traballo e escaletas.

– CA2.1. Informouse con anticipación sobre a fonte de procedencia e o número das sucesivas pezas de vídeo, interpretando correctamente a escaleta do programa.

– CA2.2. Informouse con anticipación da natureza do total ou das colas de cada peza de vídeo e da duración, das colas e dos pés sinalados nas minutaxes, relatando durante a súa reprodución o tempo restante e advertindo sobre cambios de plano e conxelados finais.

– CA2.3. Informouse, durante a gravación, de actuacións musicais en vivo ou en pregravado, sobre a duración da ponte de entrada e o momento de entrada de voces, instrumentos, refráns e debuxos musicais, a partir dos datos sinalados na minutaxe musical.

– CA2.4. Informouse, durante a gravación de ficcións e coreografías, das principais accións, mencionando as duracións e os pés.

– CA2.5. Xestionouse o sistema de gravación e reprodución de repeticións en retransmisións deportivas.

• RA3. Realiza programas de televisión en multicámara, valorando a implicación de todos os recursos humanos e técnicos que interveñen no proceso e dirixindo as súas actuacións segundo os requisitos do proxecto.

– CA3.1. Estableceuse un sistema para garantir a coordinación de todas as persoas intervenientes na realización dun programa en multicámara gravado ou emitido en directo: persoal informador e presentador, equipos de realización, cámaras, son, iluminación, caracterización, escenografía, persoal artístico etc.

– CA3.2. Prevíronse e evitáronse os enfilamentos non desexados nos segundos termos da composición de todos os encadramentos que compoñen o programa.

– CA3.3. Previuse e evitouse a irrupción de cámaras e elementos impropios en todos os encadramentos.

– CA3.4. Identificáronse e evitáronse todos os elementos de escenografía, iluminación, vestiario, peiteado e maquillaxe susceptibles de xerar efectos non desexados nos encadramentos.

– CA3.5. Solicitáronse planos, encadramentos e movementos ao equipo de cámaras, pezas de vídeo ao equipo de vídeo, fontes de audio ao equipo de son e accións á asistencia á realización en estudio, prevendo as solicitudes con suficiente antelación.

– CA3.6. Dirixiuse o equipo humano técnico e artístico, dando instrucións para a consecución dos obxectivos do programa, validando as tomas e ordenando as repeticións no caso de gravacións.

– CA3.7. Déronse instrucións para a gravación do programa ou informouse da entrada en emisión.

– CA3.8. Realizouse o programa de televisión, seleccionando secuencialmente as fontes de imaxe e de son que saen ao aire para seren gravadas ou emitidas.

• RA4. Coordina as actividades propias do estudio de televisión durante os ensaios e a gravación, relacionando o cumprimento das funcións organizativas coa consecución dos obxectivos da realización do programa.

– CA4.1. Estableceuse un procedemento de contraste dos movementos do persoal artístico en relación coa escenografía do programa, para garantir a súa viabilidade e a súa realización nos tempos requiridos.

– CA4.2. Comprobáronse e fixáronse as características e as posicións dos elementos de aderezo e dos elementos móbiles que poidan comprometer a continuidade visual na realización do programa de televisión.

– CA4.3. Determináronse as posicións que ocupará a figuración e o público en programas, comunicándolles a natureza das accións que cumpra realizar.

– CA4.4. Estableceuse un procedemento de coordinación dos equipos técnicos que operan no estudio, para mellorar a fluidez da gravación do programa ou a emisión en directo.

– CA4.5. Determináronse as instrucións de asistencia á realización en estudio que haxa que comunicarlles aos equipos de cámara, son, iluminación e efectos especiais durante a realización do programa.

– CA4.6. Estableceuse un sistema para a comprobación das colocacións das cámaras e os seus movementos, así como os tempos de desprazamento entre espazos e a súa viabilidade.

• RA5. Mestura fontes, transicións, incrustacións e efectos durante a gravación ou emisión do programa de televisión, mediante o mesturador, e describe as características funcionais e operativas dos equipamentos que posibilitan o control da calidade da imaxe.

– CA5.1. Determinouse a natureza dos envíos de sinal de audio e vídeo aos correspondentes aparellos de rexistro e a equipamentos de monitorización de audio e vídeo do control e do estudio.

– CA5.2. Axustáronse os parámetros de partida das unidades de control de cámaras, equilibrando os seus sinais coa axuda do monitor de imaxe, o monitor de forma de onda, o vectorscopio e o rasterizador, seguindo criterios expresivos e estéticos.

– CA5.3. Configuráronse as entradas de vídeo aos buses do mesturador, mediante a ordenación adecuada de cámaras, liñas de vídeo, sinais exteriores, gráficos etc.

– CA5.4. Configuráronse as saídas do mesturador e os destinos dos sinais de programa, previo e auxiliares.

– CA5.5. Axustáronse e prefixáronse no mesturador as transicións, as cortiniñas, os efectos dixitais e as incrustacións mediante croma, luminancia ou DSK que se utilizarán no programa de televisión.

• RA6. Realiza operacións técnicas de apoio á realización, mediante a utilización dos equipamentos auxiliares colocados no control de realización do estudio de televisión, e describe as súas características funcionais e operativas.

– CA6.1. Estableceuse un procedemento para determinar, nun programa de televisión, as opcións de configuración dos equipamentos auxiliares, servidores e sistemas virtuais de redacción e edición que envían sinais de vídeo e audio ao control de realización.

– CA6.2. Determinouse a configuración idónea de monitorización en multipantalla para a realización dun programa de televisión.

– CA6.3. Prefixáronse os enrutamentos de sinais de vídeo e audio en matrices de conmutación, conmutadores ou preselectores cara a gravadores auxiliares e pantallas, segundo as características e os requisitos do programa.

– CA6.4. Configuráronse as opcións gráficas e de almacenamento de textos do titulador, comprobando que o seu sinal se incruste adecuadamente.

– CA6.5. Xeráronse os rótulos e as claquetas identificativas necesarias no titulador para a realización dun programa de televisión, xestionouse o seu almacenamento e controlouse a súa saída cara ao mesturador de vídeo.

– CA6.6. Operouse con magnetoscopios, sistemas de disco ríxido e outros equipamentos gravadores para rexistrar o sinal do programa e outros sinais complementarios na realización dun programa de televisión, identificando mediante etiquetas, partes e datos informáticos os soportes ou os ficheiros gravados.

– CA6.7. Graváronse accións na realización dun programa de televisión para a súa posterior repetición, operando con gravadores de disco ríxido ou outros sistemas de rexistro.

1.4.2. Contidos básicos.

BC1. Desenvolvemento do guión de traballo para a realización

• Pezas de vídeo que haxa que reproducir en programas de televisión: totais e colas.

• Datos de minutaxe segundo a tipoloxía de programas.

• Identificación de pasaxes, voces e instrumentos en actuacións musicais.

• Tipos de gravación na realización de televisión: máster, sinal sen incrustacións e cámaras masterizadas.

• Guión de traballo na realización multicámara.

BC2. Control da reprodución e emisión de pezas de vídeo, fontes e actuacións artísticas en programas de televisión.

• Métodos de anticipación de vídeos na asistencia á realización en control.

• Métodos de anticipación de pasaxes, accións, diálogos, voces e instrumentos na realización de actuacións musicais.

• Técnicas e estratexias de gravación e reprodución de repeticións en retransmisións deportivas.

BC3. Realización de programas de televisión en multicámara.

• Comunicación e ordes no control de realización.

• Dinámica da realización televisiva segundo xéneros e formatos.

• Funcións expresivas do encadramento e os movementos de cámara.

• Técnicas de montaxe en vivo na realización televisiva.

• Técnicas de dirección de actores e actrices en programas de ficción de televisión.

• Realización de transicións: usos expresivos e narrativos.

• Incrustación do sinal.

• Gráficos na realización de televisión.

• Dinámica do uso dos elementos sonoros na realización de televisión.

BC4. Coordinación das actividades do estudio de televisión.

• Procedementos de coordinación de actividades dos equipos técnicos e artísticos no estudio de televisión.

• Procedementos de supervisión de posicións e movementos de persoal artístico no estudio de televisión.

• Procedementos de supervisión de posicións de cámara e previsión de manobrabilidade.

• Procedementos de supervisión da continuidade visual en ficcións de televisión.

• Coordinación de efectos especiais, efectos de iluminación e efectos de son no estudio de televisión.

BC5. Mestura de fontes, transicións, incrustacións e efectos.

• Diagrama de liñas de entrada e saída do mesturador de vídeo.

• Monitorización técnica dos sinais de cámaras mediante monitor de forma de onda, vectorscopio e rasterizador.

• Axuste técnico de sinais de vídeo das cámaras mediante as súas unidades de control de cámaras.

• Axuste expresivo da imaxe.

• Técnicas de configuración de entradas e saídas do mesturador de vídeo.

• Técnicas de mestura de vídeo.

• Xestión, axustes previos e lanzamento de rótulos na realización de televisión.

BC6. Realización de operacións técnicas auxiliares de apoio á realización.

• Configuración e axuste de magnetoscopios, controis remotos, discos ríxidos e sistemas servidores de vídeo para o control de realización.

• Procura e lanzamento de pezas de vídeo en magnetoscopios e sistemas de reprodución de vídeo.

• Sistemas e operacións de gravación de sinais de programa e auxiliares.

• Técnicas de operación de discos ríxidos e sistemas servidores de vídeo para a gravación e reprodución de repeticións en retransmisións deportivas.

• Monitorización en sistemas multipantalla do control de realización.

• Técnicas de operación de tituladoras e aplicacións de rotulación no control de realización.

1.4.3. Orientacións pedagóxicas.

Este módulo dá resposta a unha serie de funcións que conforman o perfil profesional do título.

Debido á importancia de que se alcancen os resultados de aprendizaxe establecidos, para a súa impartición é conveniente que as actividades de ensino e aprendizaxe se dediquen á adquisición das competencias desas funcións, en coordinación con outros módulos doutros ciclos da familia profesional que desenvolven as funcións de captación e gravación de son de audiovisuais, produción de audiovisuais e captación de imaxe audiovisual.

Este módulo profesional contén a formación necesaria para desempeñar as funcións de:

– Desenvolvemento do proceso de realización do produto.

– Coordinación do equipo técnico e artístico durante o rexistro.

– Realización de ensaios e gravacións.

A formación do módulo contribúe a alcanzar os obxectivos xerais a), b), c), d), e), l), m), n), ñ), o), p), r) e u) do ciclo formativo e as competencias a), b), c), i), j), k), l), m) e n).

Así mesmo, para conseguir que o alumnado adquira a polivalencia necesaria, neste módulo é conveniente que se traballe coas técnicas de realización de programas de televisión de diferentes tipos, tales como anuncios publicitarios, videoclips, documentais, revistas, informativos e dramáticos.

As liñas de actuación no proceso de ensino e aprendizaxe que permiten alcanzar os obxectivos do módulo deben versar sobre:

– A elaboración de guións de traballo de programas de televisión.

– A dirección técnica, expresiva e comunicativa de ensaios durante a realización de programas de televisión.

– A dirección dos equipos humanos técnicos e artísticos durante a realización de programas de televisión.

– A realización das actividades e funcións propias da asistencia á realización, da rexedoría en estudio, da selección e da mestura dos sinais de audio e vídeo de programas de televisión.

1.5. Módulo profesional: planificación da montaxe e a posprodución de audiovisuais.

• Equivalencia en créditos ECTS: 11.

• Código: – MP0906.

• Duración: 186 horas.

1.5.1. Unidade formativa 1: planificación da montaxe de audiovisuais.

• Código: – MP0906_12.

• Duración: 100 horas.

1.5.1.1. Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación.

• RA1. Avalía as características comunicativas, expresivas e técnicas do proxecto de montaxe a partir da análise da súa documentación, valorando as técnicas de montaxe idóneas para a consecución dos seus obxectivos.

– CA1.1. Diferenciáronse as características definitorias das principais teorías e técnicas da montaxe audiovisual, valorando o seu percorrido histórico e a súa aplicación á resolución dun proxecto.

– CA1.2. Valoráronse as consecuencias da aplicación correcta ou incorrecta das técnicas de mantemento da continuidade (narrativa, perceptiva, formal, de movemento, de acción, de dirección etc.) á resolución da montaxe dun proxecto audiovisual.

– CA1.3. Xustificáronse as alternativas posibles na montaxe dun produto audiovisual, a partir da valoración do tratamento do tempo, do espazo, da idea ou do contido, e a banda sonora.

– CA1.4. Especificáronse os obxectivos do proxecto audiovisual, determinando o formato de traballo e os procedementos técnicos máis aconsellables para levar a cabo a montaxe.

– CA1.5. Decidíronse as características específicas de ritmo interno e externo que hai que incorporar durante a montaxe do proxecto audiovisual, valorando as súas repercusións na fase de montaxe.

– CA1.6. Determinouse o número e as características dos efectos técnicos que cumpra incorporar na montaxe dun produto audiovisual, que conten con requisitos específicos realizados na fase de rodaxe ou gravación.

– CA1.7. Listáronse as tomas que requiran un proceso de montaxe específico, prevéndose as solucións de montaxe que cumpra realizar.

– CA1.8. Compiláronse todas as decisións relativas á valoración das características comunicativas, expresivas e técnicas para a montaxe dun proxecto audiovisual nun documento ou catálogo de procesos.

• RA2. Planifica o proceso de montaxe e posprodución dun programa audiovisual, tendo en conta as relacións das características das plataformas de edición e os condicionantes do deseño universal, cos obxectivos técnicos do proxecto.

– CA2.1. Definíronse as características que debe cumprir a empresa de posprodución e a sala de edición para a realización da montaxe dun produto audiovisual a partir da análise da súa estrutura, das prestacións e das características do proxecto.

– CA2.2. Definíronse as características que debe cumprir a plataforma empregada para levar a cabo o proceso de montaxe e posprodución dun proxecto audiovisual.

– CA2.3. Decidiuse o formato de vídeo e de son, a súa compresión, as posibilidades de multixeración e outros parámetros técnicos que haxa que considerar para os aplicar no proceso técnico de montaxe dun produto audiovisual.

– CA2.4. Valoráronse as características máis salientables dos formatos dixitais e analóxicos da imaxe fotográfica, a súa compatibilidade e os condicionantes do deseño universal, no proceso de montaxe dun produto audiovisual.

– CA2.5. Definíronse as características técnicas do formato de arquivo de creación de gráficos e a súa compatibilidade para a súa aplicación na montaxe dun produto audiovisual.

– CA2.6. Definíronse as características do sistema elixido para a transferencia de ficheiros media entre aplicacións activas, na realización da montaxe dun produto audiovisual e para o intercambio de medios con outras plataformas audiovisuais.

– CA2.7. Realizouse o diagrama de tempos e actividades para a realización do proceso da montaxe e a posprodución dun produto audiovisual en todas as súas fases, elaborando os documentos técnicos e considerando o óptimo aproveitamento dos recursos e do tempo.

• RA3. Introduce os medios no sistema de edición, valorando a disposición e a calidade técnica dos materiais en relación coa consecución dos requisitos de calidade establecidos no proxecto de montaxe e posprodución audiovisual.

– CA3.1. Verificouse a correcta identificación externa dos soportes físicos (magnéticos, ópticos e fotosensibles) dos medios e a correspondencia do seu contido co indicado na documentación do programa que se vaia montar: guión, escaleta, partes de cámara de son e de montaxe etc.

– CA3.2. Minutouse e describiuse pertinentemente o contido dos soportes físicos, para a súa posterior identificación na montaxe dun produto audiovisual.

– CA3.3. Realizáronse compactacións, copias para visión con códigos de tempo en pantalla, duplicacións e/ou conversións de formatos dos soportes físicos, para os compatibilizar cos medios técnicos e as ferramentas de posprodución elixidos na montaxe.

– CA3.4. Comprobouse a integridade dos códigos de tempo e reescribiuse en caso de descontinuidade, interrupción ou sincronización deficiente.

– CA3.5. Verificouse a dispoñibilidade e a calidade técnica de todas as imaxes, o audio e o material gráfico, asegurando a súa correspondencia co estándar de calidade requirido na documentación do proxecto audiovisual obxecto de montaxe.

– CA3.6. Configurouse, conectouse e axustouse o equipamento completo de edición lineal ou non lineal, así como os seus periféricos, controlando os percorridos do fluxo de sinais e realizando operacións de comprobación.

– CA3.7. Realizouse a captura ou recaptura de medios a un sistema de edición desde fontes de vídeo e audio, analóxicas ou dixitais, ou desde ficheiros dixitais con ou sen conversións de formato.

– CA3.8. Realizouse a sincronización dos medios de imaxe cos medios de son que o requiran.

– CA3.9. Elaborouse unha listaxe de incidencias, defectos e particularidades detectadas na visión e aplicáronse as medidas oportunas para a súa corrección.

1.5.1.2. Contidos básicos.

BC1. Avaliación das características comunicativas, expresivas e técnicas do proxecto de montaxe.

• Montaxe:

– Tratamento do tempo, do espazo e da idea ou do contido na montaxe.

– Banda sonora na montaxe: valores expresivos e narrativos.

– Mantemento da continuidade na montaxe. Continuidade (raccord) de posición, de movemento e de ollada.

• Principais teorías da montaxe e a súa evolución histórica: dos primitivos ao cine dixital.

• Aplicación de técnicas de montaxe:

– Secuencias de montaxe.

– Montaxe de escenas de diálogo.

– Montaxe de escenas de acción.

– Montaxe paralela.

– Montaxe de escenas musicais.

– Montaxe de documentais.

– Articulación do ritmo: interno e externo.

– Técnicas de fragmentación extrema e ruptura de normas.

– Uso expresivo dos cortes ou elipses (jump cut).

• Efectos técnicos de montaxe e a súa implicación na fase de rodaxe.

BC2. Planificación do proceso de montaxe dun proxecto audiovisual.

• Características das salas de montaxe para cine, vídeo e televisión.

• Fases e funcións profesionais implicadas na montaxe de audiovisuais.

• Técnicas de planificación de procesos de montaxe: diagramas de tempos e actividades.

• Plataformas e sistemas de edición de imaxe e son: sistemas de edición on-line/off-line. Sistemas de edición non lineal.

• Características técnicas dos formatos analóxicos e dixitais de vídeo, cine, fotografía e son en relación coa montaxe de audiovisuais.

• Técnicas de dixitalización de imaxe e son e a súa relación coa montaxe: compresión de vídeo e códecs.

• Técnicas de multixeración de imaxe e son.

• Transferencia de ficheiros media entre aplicacións: formatos OMF e MXF.

BC3. Introdución dos medios no sistema de edición.

• Técnicas de identificación externa dos soportes físicos.

• Técnicas de minutaxe do material de rodaxe e captación.

• Técnicas de realización de compactacións dos soportes físicos dos medios.

• Xestión do código de tempo en materiais de vídeo e de audio:

– Numeración de pés.

– Tipos de código de tempo.

• Procedementos de avaliación da calidade técnica das secuencias de imaxes, audio e material gráfico.

• Configuración, conexión e operación de sistemas de edición lineal e non lineal.

• Captura e inxestión de medios a un sistema de edición desde fontes analóxicas e dixitais.

• Técnicas de corrección de defectos e incidencias de materiais contedores de medios.

1.5.2. Unidade formativa 2: planificación da posprodución de audiovisuais.

• Código: – MP0906_22.

• Duración: 86 horas.

1.5.2.1. Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación.

• RA1. Realiza os procesos de xeración de efectos, tratamento de imaxes, son, grafismo e preparación de medios que cumpran para a montaxe e a posprodución dun produto audiovisual, especificando as características técnicas e operativas das plataformas, os sistemas e as ferramentas que se vaian utilizar.

– CA1.1. Seleccionouse a plataforma e as ferramentas máis axeitadas para a creación dos efectos, o grafismo e a rotulación, de acordo cos requisitos técnicos do proxecto audiovisual en fase de montaxe.

– CA1.2. Determináronse os procesos de xeración de pautas e modelos de efectos de imaxe, son, grafismo e rotulación aplicables ao proxecto.

– CA1.3. Definíronse as características técnicas e operativas da ferramenta adicional de software que cumpra utilizar para crear os efectos que non se poden obter directamente na plataforma de edición e que deberán realizarse nunha plataforma externa.

– CA1.4. Editouse a imaxe fixa para a súa inclusión na montaxe do proxecto audiovisual.

– CA1.5. Xeráronse os efectos, as rotulacións e os gráficos previos á montaxe dun produto audiovisual, en aplicacións adicionais.

– CA1.6. Xeráronse as máscaras necesarias para a composición de imaxes do produto audiovisual que así o requiran.

– CA1.7. Realizouse a captura e o rexistro, nun soporte de intercambio, dos materiais que se deban enviar a unha plataforma externa.

– CA1.8. Elaborouse un informe en que se indiquen as pautas para a xeración de efectos de imaxe, son, grafismo e rotulación nos procesos que cumpra realizar nunha plataforma externa.

• RA2. Ordena os materiais de imaxe, de son e infográficos segundo o seu contido, aplicando criterios clasificatorios que faciliten o seu uso nas fases posteriores do proceso de montaxe e posprodución dun produto audiovisual.

– CA2.1. Xeráronse os clips de imaxe e son correspondentes a cada toma, identificouse o seu contido e asignáronse os puntos de entrada e saída segundo a duración prevista no guión de montaxe.

– CA2.2. Clasificáronse e agrupáronse os clips por secuencias, tomas válidas e duración, para facilitar a súa localización na sesión de montaxe.

– CA2.3. Identificáronse, clasificáronse e seleccionáronse os segmentos de imaxe, audio, gráficos, máscaras etc. que cumpra utilizar para a elaboración de efectos que haxa que aplicar na montaxe e na posprodución do produto audiovisual.

– CA2.4. Clasificáronse e identificáronse os materiais de terceiras partes introducidos no sistema para a súa posible utilización na montaxe, cando non estean libres de dereitos ou cando sexan susceptibles de declaración de uso.

– CA2.5. Clasificáronse, ordenáronse e arquiváronse os materiais sobrantes e descartes do proxecto, de forma que sexa posible unha posterior recuperación.

– CA2.6. Sincronizáronse os brutos procedentes de diferentes fontes que realizasen un rexistro simultáneo.

– CA2.7. Preparáronse, clasificáronse e facilitáronse nun soporte axeitado as tomas necesarias para a realización dunha sesión de dobraxe de audio, no caso de ser requirida antes da montaxe do produto audiovisual.

1.5.2.2. Contidos básicos.

BC1. Xeración de efectos, tratamento de imaxes, son, grafismo e preparación de medios.

• Plataformas e ferramentas de software para a creación de efectos especiais, grafismo e rotulación.

• Procesos de xeración de pautas e modelos de efectos de imaxe, son, grafismo e rotulación.

• Técnicas de edición e tratamento de imaxe fotográfica para proxectos de montaxe audiovisual.

• Técnicas de creación de efectos especiais en posprodución.

• Técnicas de creación de grafismo e ilustración en posprodución:

– Preparación e configuración de gráficos para proxectos audiovisuais.

– Tratamento e edición de imaxe vectorial para a montaxe audiovisual.

• Protocolos de intercambio entre plataformas.

BC 2. Ordenación dos materiais de imaxe, de son e infográficos.

• Procedementos de organización dos materiais do proxecto de edición mediante aplicacións informáticas.

• Procedementos de xestión de ficheiros de medios.

• Procedementos de clasificación de materiais para a elaboración de efectos.

• Procedementos de clasificación e organización de materiais sobrantes e descartes.

• Técnicas de preparación de tomas para a dobraxe de audio previas á montaxe.

1.5.3. Orientacións pedagóxicas.

Este módulo dá resposta a unha serie de funcións que conforman o perfil profesional do título.

Debido á importancia de que se alcancen os resultados de aprendizaxe establecidos, para a súa impartición é conveniente que as actividades de ensino e aprendizaxe se dediquen á adquisición das competencias desas funcións, en coordinación cos módulos de procesos de realización en cine e vídeo e de procesos de realización en televisión do presente ciclo.

Este módulo profesional contén a formación necesaria para desempeñar as funcións de:

– Planificación do proceso técnico.

– Manipulación de imaxes.

– Montaxe e posprodución.

A formación do módulo contribúe a alcanzar os obxectivos xerais a), b), c), e), f), j), k), n), ñ), o), p) q), t) e u) do ciclo formativo e as competencias a), b), f), h), i), j), k), m), n) e ñ).

Así mesmo, para conseguir que o alumnado adquira a polivalencia necesaria neste módulo, é conveniente que se traballe coas técnicas de planificación de montaxe e posprodución de proxectos de cine, vídeo, animación, multimedia, novos medios e televisión de diferentes tipos, tales como anuncios publicitarios, videoclips, documentais e dramáticos.

As liñas de actuación no proceso de ensino e aprendizaxe que permiten alcanzar os obxectivos do módulo deben versar sobre:

– A planificación dos procesos de montaxe e posprodución de proxectos audiovisuais.

– A dixitalización e manipulación de secuencias de imaxe e son para a montaxe e a posprodución.

– A operación de plataformas e ferramentas de software para a creación de efectos especiais, grafismo e rotulación.

1.6. Módulo profesional: realización da montaxe e posprodución de audiovisuais.

• Equivalencia en créditos ECTS: 9.

• Código: – MP0907.

• Duración: 140 horas.

1.6.1. Unidade formativa 1: realización da montaxe de audiovisuais.

• Código: – MP0907_12.

• Duración: 90 horas.

1.6.1.1. Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación.

• RA1. Configura e mantén o equipamento de edición e posprodución, relacionando as características dos estándares técnicos de calidade coas posibilidades operativas dos equipamentos.

– CA1.1. Configuráronse os compoñentes do sistema de edición en parámetros tales como código de tempo, selección de fluxos de entrada e saída, control remoto de dispositivos e axustes de sincronización etc.

– CA1.2. Verificouse a operatividade do sistema completo de montaxe comprobando os periféricos, o fluxo de sinais, o sistema de almacenamento e o de gravación, de ser o caso.

– CA1.3. Aplicáronse as rutinas de mantemento de equipamentos indicadas polo fabricante e comprobáronse e optimizáronse as unidades de almacenamento informático.

– CA1.4. Diagnosticáronse e corrixíronse as interrupcións na circulación de sinais de vídeo e audio, así como os problemas de perda de sincronía, de control remoto e de comunicación entre equipamentos.

– CA1.5. Liberouse o espazo nas unidades de almacenamento tras a finalización dun proxecto e recicláronse os soportes físicos para o seu ulterior aproveitamento.

• RA2. Realiza a montaxe de produtos audiovisuais, aplicando teorías, códigos e técnicas de montaxe e avaliando a correspondencia entre o resultado obtido e os obxectivos do proxecto.

– CA2.1. Realizáronse montaxes complexas, involucrando varios sinais de vídeo e audio e aplicando transicións, efectos visuais e de velocidade variable coherentes coa intencionalidade narrativa do proxecto.

– CA2.2. Operouse con destreza cos sistemas de montaxe e cos equipamentos de rexistro e reprodución de vídeo e de proceso de sinal.

– CA2.3. Realizouse a homoxeneización de formatos de ficheiro, resolución e relación de aspecto dos medios.

– CA2.4. Sincronizáronse imaxes co seu audio correspondente, a partir de marcas de imaxe e son das claquetas ou de calquera outra referencia.

– CA2.5. Construíuse a banda sonora dun programa, incorporando múltiples bandas de audio (diálogos, dobraxes, efectos sonoros, músicas e locucións), realizando o axuste de niveis e aplicando filtros e efectos.

– CA2.6. Aplicouse adecuadamente un offset de código de tempos nunha edición e verificouse a calidade técnica e expresiva da banda sonora e a súa perfecta sincronización coa imaxe e, de ser o caso, sinaláronse as deficiencias.

– CA2.7. Verificouse a correspondencia entre a montaxe realizada e a documentación da rodaxe ou a gravación, detectáronse os erros e as carencias da primeira montaxe e propuxéronse as accións necesarias para a súa resolución.

– CA2.8. Valoráronse os resultados da montaxe, considerando o ritmo, a claridade expositiva, a continuidade visual e a fluidez narrativa, entre outros parámetros, e realizáronse propostas razoadas de modificación.

• RA3. Prepara os materiais destinados ao intercambio con outras plataformas e empresas externas, recoñecendo as características dos estándares e protocolos normalizados de intercambio de documentos e produtos audiovisuais.

– CA3.1. Elaboráronse listaxes de localización dos medios e os documentos que interveñen na montaxe, con indicación do contido, o soporte de almacenamento e a súa colocación.

– CA3.2. Clasificáronse, etiquetáronse e almacenáronse todos os medios e os documentos necesarios para o intercambio.

– CA3.3. Verificouse a dispoñibilidade dos soportes de intercambio de medios e realizáronse as conversións de formato pertinentes.

– CA3.4. Redactáronse as ordes de traballo e os informes de requisitos técnicos para os laboratorios de empresas externas encargadas de escanar materiais e xerar efectos de imaxe, animacións, infografía e rotulación, entre outros procesos.

– CA3.5. Redactáronse as ordes de traballo e os informes de requisitos técnicos para laboratorios de empresas externas encargadas da conformación de medios e o corte de negativo, duplicación de soportes fotoquímicos, tiraxe de copias de exhibición ou emisión, obtención do máster e copias para visión.

– CA3.6. Expresáronse con claridade e precisión os requisitos específicos de cada encarga.

– CA3.7. Aplicáronse, na redacción das ordes de traballo e os informes, os protocolos normalizados de intercambio de documentos e produtos audiovisuais.

– CA3.8. Estableceuse un sistema para a comparación dos materiais procesados por provedores externos, tales como efectos, bandas de son, materiais de laboratorio etc., coas ordes de traballo elaboradas e para valorar a adecuación dos resultados a elas.

1.6.1.2. Contidos básicos.

BC1. Configuración e mantemento do equipamento de edición e posprodución.

• Procedementos de configuración e optimización das salas de edición e posprodución.

• Procedementos de configuración e optimización das salas de toma e posprodución de audio para cine, vídeo e televisión.

• Mantemento de equipamentos de montaxe e posprodución:

– Fallos e avarías nos equipamentos: métodos de detección e accións correctivas.

– Operacións de mantemento preventivo.

BC2. Realización da montaxe de produtos audiovisuais.

• Operación de sistemas de montaxe audiovisual.

– Edición non lineal: conceptos básicos (proxecto, clip, área de traballo e distribución de pistas -timeline-).

– Edición virtual con dispositivos de gravación e reprodución simultánea en soportes de almacenamento de acceso aleatorio.

• Proceso de montaxe.

– Compilación de medios.

– Homoxeneización de formatos e relación de aspecto.

– Montaxe na liña de tempo.

– Construción da banda sonora: creación e mestura de pistas de audio (diálogos, dobraxes, efectos sonoros, músicas e locucións).

– Construción da banda sonora: aplicación de efectos (ecualización, compresores e expansores e ganancia).

• Aplicación das teorías e técnicas da montaxe audiovisual na resolución de programas.

• Procedementos de avaliación da montaxe.

BC3. Preparación dos materiais destinados ao intercambio con outras plataformas e empresas externas.

• Documentos de intercambio.

• Sistemas e protocolos de intercambio de material:

– Documentos gráficos e infografía.

– Animacións 2D e 3D.

– Intercambios de materiais fotosensibles.

– Intercambios internacionais: audio, subtítulos e rotulacións.

• Técnicas de clasificación, identificación e almacenaxe de medios.

• Soportes e formatos de intercambio entre plataformas.

• Soportes e formatos de intercambio para posprodución de son.

1.6.2. Unidade formativa 2: realización da posprodución de audiovisuais.

• Código: – MP0907_22.

• Duración: 50 horas.

1.6.2.1. Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación.

• RA1. Xera e/ou introduce no proceso de montaxe os efectos de imaxe, valorando as características funcionais e operativas das ferramentas e das tecnoloxías estandarizadas.

– CA1.1. Seleccionáronse os medios e os procedementos idóneos para a xeración dos efectos que cumpra realizar e/ou introducir no proceso de montaxe dunha produción audiovisual.

– CA1.2. Realizouse unha composición multicapa, combinando axustes de corrección de cor, efectos de movemento ou variación de velocidade da imaxe (conxelación, ralentización e aceleración), ocultación ou esfumaxe de rostros, aplicación de keys e efectos de seguimento e estabilización etc.

– CA1.3. Determináronse e xeráronse as keys necesarias para a realización dun efecto e seleccionouse o tipo (luminancia, crominancia, matte e por diferenza) e o procesamento máis axeitado para cada caso.

– CA1.4. Integráronse na montaxe efectos procedentes dunha plataforma externa e gráficos, así como rotulación procedente de equipamentos xeradores de caracteres ou de plataformas de grafismo e rotulación externas.

– CA1.5. Axustouse e igualouse a calidade visual da imaxe, determinando os parámetros que cumpra modificar e o nivel de procesamento da imaxe, con ferramentas propias ou con equipamentos e software adicional.

– CA1.6. Arquiváronse os parámetros de axuste dos efectos, garantindo a posibilidade de recuperalos e aplicalos de novo.

– CA1.7. Comprobouse a importación e a conformación correctas dos datos e dos materiais de intercambio.

– CA1.8. Elaboráronse os documentos baseados en protocolos de intercambio de información estandarizados para facilitar o traballo noutras plataformas.

• RA2. Realiza os procesos de acabamento na posprodución do produto audiovisual, recoñecendo as características da aplicación das normativas de calidade aos formatos de rexistro, distribución e exhibición.

– CA2.1. Detalláronse os fluxos de traballo da posprodución en procesos lineais e non lineais, analóxicos e dixitais, de definición estándar e de alta definición e valoráronse as características técnicas e as prestacións dos soportes e formatos utilizados na montaxe final.

– CA2.2. Elaboráronse e interpretáronse listaxes, ficheiros e documentos que aseguren a repetibilidade da montaxe a partir de orixinais de procedencia diversa (cinta, telecine, laboratorio, ficheiros informáticos etc.).

– CA2.3. Aplicáronse á montaxe final os procesos técnicos de corrección de cor e etalonaxe.

– CA2.4. Realizouse a conformación dun produto audiovisual cos medios orixinais en soportes fotosensibles, electrónicos ou informáticos, a partir da información obtida da edición off-line, e integráronse os efectos e demais materiais xerados en plataformas externas.

– CA2.5. Estableceuse un sistema para comprobar a integración dos materiais externos na montaxe final, así como a sincronización e o contido das pistas de son.

– CA2.6. Especificáronse as características da principal normativa relativa a referencias, niveis e disposición das pistas e formatos de intercambio de vídeo, así como ás características dos sistemas de son en uso para exhibición ou emisión, e a disposición das pistas de son nas copias estándar cinematográficas.

– CA2.7. Detalláronse os sistemas de tiraxe de copias cinematográficas e de exhibición.

– CA2.8. Xerouse unha cinta para a emisión, seguindo determinadas normas PPD (preparado para difusión ou emisión), incorporando as claquetas e a distribución solicitada de pistas de audio.

• RA3. Adapta as características do máster do produto audiovisual aos formatos e ás tecnoloxías que se empreguen na exhibición, valorando as solucións técnicas existentes para a protección dos dereitos de explotación da obra.

– CA3.1. Diferenciáronse as características das fiestras de explotación dos produtos audiovisuais, especificando os formatos de entrega característicos de cada unha.

– CA3.2. Aplicáronselle a un produto audiovisual os parámetros técnicos e os protocolos de intercambio relativos á realización de duplicacións, de copias de seguridade e copias para exhibición cinematográfica en soporte fotoquímico e electrónico, de copias de emisión para operadores de televisión, para descarga de contidos na internet e para masterización de DVD, blu-ray ou outros sistemas de exhibición.

– CA3.3. Seleccionouse o formato idóneo de masterización en función das perspectivas de explotación do produto e especificáronse os procesos e os materiais de produción final para cada canle de distribución.

– CA3.4. Elaborouse a documentación técnica para o máster e as copias de exhibición ou emisión, en formato tanto fotosensible como electrónico e informático.

– CA3.5. Realizouse o proceso de autoría en DVD, blu-ray ou outro formato e obtivéronse copias para fins de comprobación, avaliación, promoción etc.

– CA3.6. Valorouse a aplicación a un produto audiovisual dun sistema estandarizado de protección dos dereitos de explotación, segundo as especificacións técnicas das tecnoloxías empregadas para a súa comercialización.

– CA3.7. Preparáronse, clasificáronse e arquiváronse os materiais de son, imaxe e infográficos utilizados durante a montaxe, así como os materiais intermedios e finais dun proxecto audiovisual e os datos que constitúen o proxecto de montaxe, para favorecer adecuacións, actualizacións e seguimentos posteriores.

– CA3.8. Elaborouse a documentación para o arquivo dos medios, metadatos e datos do proxecto.

1.6.2.2. Contidos básicos.

BC1. Xeración e introdución de efectos de imaxe no proceso de montaxe e posprodución.

• Dispositivos para a xeración de efectos de vídeo.

• Sistemas e plataformas de posprodución de imaxe.

• Técnicas e procedementos de composición multicapa:

– Organización do proxecto e fluxo de traballo.

– Xestión de capas.

– Creación de máscaras.

– Animación. Interpolación. Traxectorias.

• Procedementos de aplicación de efectos:

– Efectos de key: superposición e incrustación.

– Corrección de cor e efectos de imaxe.

– Retoque de imaxe en vídeo.

– Planificación da gravación para efectos de seguimento.

• Técnicas de creación de gráficos e rotulación.

BC2. Procesos de acabamento na posprodución do produto audiovisual.

• Procesos finais de montaxe e sonorización.

• Técnicas, procedementos e fluxos de traballo no acabamento do produto.

• Técnicas e fluxos de traballo na edición off-line: conformación e corte de negativo.

• Control de calidade do produto:

– Distribución de pistas sonoras nos soportes videográficos e cinematográficos.

– Banda internacional.

– Normas PPD (preparado para difusión ou emisión).

• Balance final técnico da posprodución: criterios de valoración.

• Control de calidade na montaxe, edición e posprodución.

BC3. Adecuación das características do máster ás tecnoloxías e aos formatos empregados.

• Condicionamentos técnicos das fiestras de explotación de produtos audiovisuais.

• Difusión de produtos audiovisuais a través de operadores de televisión.

• Distribución comercial: descarga de contidos e copias con soporte físico.

• Formatos para proxección en salas cinematográficas.

• Proceso de obtención do máster e copias de explotación.

• Sistemas de autoría DVD e blu-ray.

• Xeración de copias de seguridade e duplicación de vídeo.

• Clasificación e arquivamento de medios, documentos e datos xerados no proceso de montaxe ou posprodución.

1.6.3. Orientacións pedagóxicas.

Este módulo dá resposta a unha serie de funcións que conforman o perfil profesional do título.

Debido á importancia de que se alcancen os resultados de aprendizaxe establecidos, para a súa impartición é conveniente que as actividades de ensino e aprendizaxe se dediquen á adquisición das competencias desas funcións, en coordinación co módulo de planificación da montaxe e a posprodución de audiovisuais do presente ciclo.

O presente módulo desenvolve as funcións de edición e posprodución do proxecto de imaxe en movemento e de realización de procesos finais de montaxe e posprodución, correspondentes ao procesamento, á montaxe ou á edición, e de posprodución de imaxes, referidas todas elas ao proceso de producións audiovisuais e, en concreto, aos subprocesos de produción de proxectos de cine, vídeo, animación, multimedia interactivo e televisión.

A formación do módulo contribúe a alcanzar os obxectivos xerais a), b), c), f), g), j), n), ñ), o), p), q) e u) do ciclo formativo e as competencias b), e), f), h), i), j), k), l), m), n) e ñ).

Así mesmo, para conseguir que o alumnado adquira a polivalencia necesaria neste módulo, é conveniente que se traballe coas técnicas de montaxe e posprodución de proxectos de cine, vídeo, animación, multimedia, novos medios e televisión de diferentes tipos, tales como anuncios publicitarios, videoclips, animación, multimedia, documentais e dramáticos.

As liñas de actuación no proceso de ensino e aprendizaxe que permiten alcanzar os obxectivos do módulo deben versar sobre:

– As montaxes de proxectos audiovisuais operando con distintos sistemas e plataformas de montaxe e posprodución.

– Os procesos de acabamento de posprodución de proxectos audiovisuais.

– Os procesos de masterización de proxectos audiovisuais.

1.7. Módulo profesional: planificación da rexedoría de espectáculos e eventos.

• Equivalencia en créditos ECTS: 9.

• Código: – MP0908.

• Duración: 160 horas.

1.7.1. Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación.

• RA1. Avalía as características dramáticas, narrativas, estéticas e funcionais dun proxecto escénico, analizando as características técnicas e artísticas do guión, do libreto, da partitura ou da documentación.

– CA1.1. Diferenciáronse os códigos característicos dos textos teatrais ou dos guións estandarizados, para a súa aplicación á resolución de proxectos de espectáculos ou eventos.

– CA1.2. Especificouse a tipoloxía do produto, o formato e o xénero do espectáculo, a partir da análise do seu guión, do libreto, da partitura ou da documentación.

– CA1.3. Determinouse o tema, o argumento, os personaxes, as accións, o espazo e o tempo, así como os demais elementos da estrutura dramática do espectáculo ou evento, a partir da análise do guión ou da documentación previa.

– CA1.4. Valoráronse os recursos dramatúrxicos e as características expresivas dos elementos constitutivos das linguaxes escénicas e as súas calidades plásticas, funcionais, semánticas e técnicas, a partir da análise do guión e da súa documentación previa.

– CA1.5. Especificouse a secuencia narrativa dun guión a partir da súa división por bloques, actos e escenas ou cadros.

– CA1.6. Determinouse o contexto histórico do espectáculo que se vaia desenvolver, a partir da lectura e a análise do guión, e da documentación do proxecto.

– CA1.7. Especificáronse as características distintivas dos estilos e os movementos artísticos máis significativos relacionados coas artes escénicas e cos eventos, con perspectiva histórica e contemporánea.

• RA2. Avalía as características da posta en escena dun espectáculo ou evento, a partir da interpretación da proposta escénica e da documentación técnica.

– CA2.1. Distinguíronse as características da arquitectura teatral específica e os elementos constitutivos da caixa escénica.

– CA2.2. Valorouse a funcionalidade escénica idónea para a realización dun espectáculo ou evento segundo o seu formato, a tipoloxía e a relación co público.

– CA2.3. Distinguíronse as funcións dos códigos xestuais, vocais e da linguaxe corporal, así como as técnicas interpretativas dos actores e as actrices e os seus recursos expresivos e comunicativos, na posta en escena dun espectáculo ou evento.

– CA2.4. Determináronse as características funcionais, dramáticas e expresivas da escenografía e os aderezos dun espectáculo ou evento a partir da análise da proposta escénica ou dramatúrxica.

– CA2.5. Especificáronse as características do vestiario, a maquillaxe e a caracterización para a posta en escena do proxecto de espectáculo ou evento, a partir da análise da proposta escénica ou dramatúrxica.

– CA2.6. Determinouse a idoneidade dos sistemas e dos elementos de iluminación que cumpran para a posta en escena dun espectáculo ou evento.

– CA2.7. Especificáronse as características dos elementos musicais, sonoros, audiovisuais ou de calquera outro tipo que interveñen na posta en escena dun espectáculo ou evento.

– CA2.8. Determináronse as técnicas e os elementos destinados a vestir o escenario e cubrirlle o fondo para a posta en escena dun proxecto de espectáculo ou evento.

– CA2.9. Definíronse os recursos da maquinaria tradicional que se aplican no desenvolvemento da posta en escena dun espectáculo ou evento.

– CA2.10. Relacionouse a evolución técnica, interpretativa e expresiva experimentada historicamente polas artes escénicas coas formas e técnicas contemporáneas da posta en escena dun espectáculo ou evento.

• RA3. Elabora a documentación técnica, artística e organizativa dun proxecto de espectáculo en vivo ou evento, tendo en conta a relación entre as necesidades para a súa posta en marcha e as estruturas industriais, profesionais e técnicas do sector.

– CA3.1. Elaboráronse organigramas que amosen a estrutura organizativa das empresas produtoras de espectáculos ou eventos e os equipos que participan nelas.

– CA3.2. Elaboráronse, mediante diagramas, as fases e os procesos de produción e exhibición que concorren na realización dun proxecto segundo a súa tipoloxía, así como as tarefas que vaian realizar os equipos artísticos e técnicos para a posta en marcha dun proxecto de espectáculo ou evento.

– CA3.3. Valoráronse as competencias e as responsabilidades que exercen os profesionais da rexedoría na posta en marcha dun espectáculo ou evento.

– CA3.4. Elaborouse a desagregación por escena de actores e actrices (protagonistas, principais, secundarios, figuración etc.), dos intervenientes, os elementos escenográficos, os aderezos, o vestiario e os efectos de luz, son e audiovisuais dun proxecto de espectáculo ou evento.

– CA3.5. Clasificáronse os personaxes intervenientes no espectáculo ou evento segundo o seu perfil, a importancia, a extensión, a frecuencia e a relación no proxecto.

– CA3.6. Elaborouse a desagregación do persoal técnico que intervén, en relación coas accións que debe desenvolver en cada momento do ensaio ou representación do espectáculo ou evento.

– CA3.7. Organizouse e compilouse a documentación gráfica, os deseños e os planos de escenografía, planos de luces, figurinos etc.

– CA3.8. Desenvolveuse o proceso completo de adaptación dunha secuencia dramática dun libreto a guión técnico.

– CA3.9. Redactouse o primeiro libro de rexedoría, anotando os cambios formulados pola dirección, a orde das escenas, as entradas e saídas de personaxes, os cambios de escenografía, os aderezos, o son, a luminotecnia, os descansos e os efectos.

• RA4. Planifica os ensaios dun proxecto de espectáculo ou evento, tendo en conta as directrices do modelo de produción e as instrucións da dirección da obra, considerando a regulamentación laboral e os condicionantes do espazo para a representación.

– CA4.1. Realizouse o plan de ensaios considerando a súa tipoloxía, a secuencia cronolóxica das escenas ou partes do espectáculo ou evento e os correspondentes cambios de escenografía, luminotecnia, aderezos, vestiario e son, entre outros aspectos.

– CA4.2. Planificáronse os ensaios dun proxecto de espectáculo en vivo ou evento, tendo en conta a regulamentación e a lexislación laboral nas artes escénicas, a habilitación dos espazos de traballo e o cumprimento das disposicións de prevención de riscos laborais.

– CA4.3. Elaborouse un plan e un calendario de ensaios, considerando as condicións da produción e da dirección técnica, a entrega de materiais escénicos, os horarios laborais dos colectivos implicados e a previsible incorporación de intérpretes, segundo a distribución e a orde de escenas.

– CA4.4. Realizouse un símil ou preescenografía con anterioridade á definitiva implantación da escenografía dun espectáculo ou evento, así como unha marcaxe da sala de ensaios reflexo fiel do espazo e das condicións da escena.

– CA4.5. Desenvolveuse o proceso completo de creación dunha escaleta para a presentación dun produto nun evento ou espectáculo multimedia.

– CA4.6. Confeccionouse a táboa do horario do persoal, para informar todas as persoas participantes na produción das convocatorias, tarefas e outras actividades que se vaian desenvolver durante os ensaios dun espectáculo.

• RA5. Valora as posibilidades de adaptación dun proxecto de espectáculo ou evento a novos espazos de representación, respectando as condicións artísticas do espectáculo.

– CA5.1. Elaborouse a ficha completa ou ríder do espectáculo que cumpra adaptar ao novo espazo escénico.

– CA5.2. Avaliouse a viabilidade artística e técnica para adaptar o espectáculo a un novo espazo, tendo en conta a documentación técnica do local, as instrucións do libro de rexedoría e os criterios de flexibilidade establecidos artisticamente e tecnicamente.

– CA5.3. Planificouse a adaptación a un novo espazo, tendo en conta a estrutura organizativa propia do local, as condicións laborais do persoal técnico da sala de acollemento e o uso dos espazos de traballo da zona de artistas (back stage).

– CA5.4. Realizouse o plan de distribución dos actores e das actrices nos camerinos e a colocación do vestiario e dos aderezos no novo espazo de acollemento.

– CA5.5. Recolléronse nun informe as novas condicións de implantación da escenografía, implantación de proxectores, gravación de efectos de iluminación e audiovisuais e calquera outro cambio técnico consecuencia da adaptación do espectáculo ou evento.

– CA5.6. Especificáronse as condicións dos procesos de embalaxe e transporte da escenografía, do plan de viaxe e das operacións de montaxe que se prevén no novo escenario, considerando a coordinación co resto de departamentos implicados na xira.

– CA5.7. Mantívose no proceso de adaptación a maior fidelidade posible ao proxecto artístico orixinal.

1.7.2. Contidos básicos.

BC1. Avaliación das características dramáticas, narrativas e funcionais dun proxecto escénico.

• Características dos espectáculos en vivo e dos eventos. Tipoloxía e elementos diferenciais e específicos das artes escénicas.

• Xéneros dramáticos e os seus elementos diferenciais.

• Elementos da estrutura dramática nas artes escénicas.

• Estrutura e discurso narrativo aplicado ás artes escénicas.

• Dramaturxia. Técnicas de elaboración de guións para espectáculos e eventos. Guións artísticos e técnicos.

• Evolución técnica das escolas e dos movementos artísticos dos espectáculos en vivo e dos eventos: das orixes do teatro ás performances e eventos.

BC2. Avaliación das características da posta en escena dun espectáculo ou evento.

• Arquitectura teatral: do teatro grego aos edificios multiúsos.

• Evolución técnica dos espazos escénicos para a representación de espectáculos en vivo e eventos en relación coa posta en escena:

– Modelos de espazos para a representación.

– Escenario á italiana.

– Caixa escénica.

– Configuración, uso e funcións da maquinaria teatral ou tremoia.

– Equipamento técnico.

• Dirección e posta en escena teatral:

– Funcións da dirección artística.

– Dramaturxia e linguaxe escénica.

– Texto dramático e texto espectacular.

• Funcións dos códigos interpretativos nos espectáculos.

• Evolución das escolas e as técnicas interpretativas para os espectáculos.

• Funcións da escenografía e dos aderezos no espectáculo.

• Valor funcional e expresivo da iluminación en espectáculos en vivo e eventos.

• Funcións do vestiario, a maquillaxe, a caracterización, o peiteado e outros elementos estilísticos.

• Funcións da música e os efectos sonoros nas artes escénicas. Equipos técnicos de son.

BC3. Elaboración da documentación técnica, artística e organizativa dun proxecto de espectáculo ou evento.

• Proceso de desenvolvemento dun espectáculo de artes escénicas, representacións musicais, eventos etc.

• Funcións e tarefas dos colectivos artísticos e técnicos: funcións do rexedor ou a rexedora.

• Técnicas para a realización da desagregación de recursos técnicos e artísticos e a elaboración de listaxes.

• Técnicas de control da implantación da escenografía.

• Construción do libro de rexedoría:

– Orde de escenas, duración e descansos.

– Cambios formulados para a escenografía, os aderezos e o vestiario.

– Entradas e saídas dos personaxes.

– Efectos de iluminación, son e audiovisuais previstos.

– Secuencia de accións necesarias para facilitar o proceso de traballo.

BC4. Planificación de ensaios dun proxecto de espectáculo ou evento.

• Tipoloxía e proceso dos ensaios: das lecturas de texto aos ensaios xerais.

• Técnicas e métodos para a planificación:

– Secuencia de tarefas e actividades.

– Método de elaboración de diagramas.

– Planificación de espazos e servizos para a representación en espazos non preparados.

– Confección da táboa do horario: convocatorias.

• Habilitación dos espazos de ensaio e representación:

– Acondicionamento dos espazos.

– Distribución funcional dos espazos.

– Distribución de actores e actrices nos camerinos.

– Colocación do vestiario e dos aderezos.

– Normativa de seguridade e prevención de riscos laborais.

BC5. Valoración da adaptación dun proxecto de espectáculo ou evento a novos espazos de representación.

• Adaptación do guión ou libro de rexedoría a novos espazos de representación.

• Procesos de adaptación dun espectáculo en vivo ou evento a novos espazos.

• Arquitecturas lixeiras utilizadas para as actividades en espazos non acondicionados.

• Técnicas de almacenaxe, embalaxe e conservación.

• Loxística de equipamentos e transporte.

1.7.3. Orientacións pedagóxicas.

Este módulo dá resposta a unha serie de funcións que conforman o perfil profesional do título.

Debido á importancia de que se alcancen os resultados de aprendizaxe establecidos, para a súa impartición é conveniente que as actividades de ensino e aprendizaxe se dediquen á adquisición das competencias desas funcións en coordinación co módulo de procesos de rexedoría de espectáculos e eventos do presente ciclo.

Este módulo desenvolve as funcións correspondentes á estruturación, coordinación e execución dos ensaios e da representación, referidas ao proceso de espectáculos en vivo e, en concreto, aos subprocesos de artes escénicas, musicais e eventos.

A formación do módulo contribúe a alcanzar os obxectivos xerais a), b), c), d), e), f), g), h), i), l), m), n), ñ), o), p), q), r) e s) do ciclo formativo e as competencias a), b), c), d), e), g), h), j), k), l), m), n) e ñ).

Así mesmo, para conseguir que o alumnado adquira a polivalencia necesaria neste módulo, é conveniente que se traballe coas técnicas de planificación da realización de proxectos de espectáculos de artes escénicas, producións musicais e eventos, de diferentes tipos.

As liñas de actuación no proceso de ensino e aprendizaxe que permiten alcanzar os obxectivos do módulo deben versar sobre:

– A planificación e preparación dos ensaios e da representación de proxectos de espectáculos e eventos.

– A elaboración de guións técnicos de rexedoría de proxectos de espectáculos e eventos.

– A adaptación de proxectos escénicos a diferentes espazos de representación.

1.8. Módulo profesional: procesos de rexedoría de espectáculos e eventos.

• Equivalencia en créditos ECTS: 8.

• Código: – MP0909.

• Duración: 140 horas.

1.8.1. Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación.

• RA1. Establece o procedemento de preparación e consecución dos elementos técnicos, materiais e humanos necesarios para a realización dos ensaios dun espectáculo ou evento, valorando a planificación orixinal e as súas posibilidades de aplicación.

– CA1.1. Definíronse os aspectos necesarios para a coordinación e a supervisión das tarefas dos equipos humanos artísticos e técnicos, así como da dispoñibilidade de recursos materiais, a partir da análise da documentación técnica xerada durante a fase de planificación do espectáculo ou evento e das anotacións do primeiro libro de rexedoría.

– CA1.2. Estableceuse un sistema para a comprobación e a supervisión das condicións dos espazos de ensaio dun espectáculo ou evento, así como dos camerinos, dos accesos, dos lavabos, da climatización, da moblaxe, da iluminación, da limpeza e doutros elementos, prevendo a solución de continxencias con suficiente antelación.

– CA1.3. Especificouse un procedemento de preparación dos elementos e dos materiais precisos para o ensaio e un sistema de comunicación de incidencias.

– CA1.4. Estableceuse un sistema de comprobación do cumprimento das citacións previstas para os ensaios por parte de todos os intervenientes.

– CA1.5. Establecéronse criterios de control para a pasada técnica de cada ensaio nos ámbitos de escenografía, aderezos, vestiario etc., comprobando os cumprimentos da planificación, as consignas de seguridade e os criterios técnicos establecidos.

– CA1.6. Deseñouse un sistema de comunicación que garanta a efectiva transmisión da información salientable en todas as direccións, servíndose dos medios máis adecuados como o panel informativo actualizado, a táboa diaria e as citacións e convocatorias.

– CA1.7. Establecéronse criterios de consignación e actualización da documentación para os cambios producidos durante os ensaios no símil escenográfico, a escenografía e os aderezos, e reflectiuse nos planos orixinais.

• RA2. Deseña os procedementos de dirección dos procesos de traballo dos equipos técnicos e artísticos dun espectáculo ou evento, relacionando as técnicas de motivación, dirección e xestión de conflitos co cumprimento dos plans de traballo establecidos.

– CA2.1. Definíronse as características do estilo de mando que cumpra aplicar cos equipos humanos que interveñen no proceso de realización dun espectáculo ou evento.

– CA2.2. Especificáronse as características da modalidade de comunicación que se vai aplicar na xestión do proxecto, considerando a análise das suxestións e as achegas das persoas implicadas, a potenciación da comunicación horizontal e calquera outra técnica que favoreza a intercomunicación e o avance do proceso.

– CA2.3. Estableceuse a metodoloxía que se vaia utilizar na xestión dos conflitos interpersoais xurdidos no proceso de realización do proxecto de espectáculo ou evento.

– CA2.4. Adoptouse un sistema de toma de decisións que teña en consideración as consecuencias e os riscos asociados a elas e que consiga asemade o maior grao de aceptación entre intervenientes na xestión do proxecto.

– CA2.5. Estableceuse un procedemento de transmisión da información sobre normas internas, regulamentacións de acceso, seguridade, prevención de riscos etc., así como do control e da verificación do seu cumprimento.

– CA2.6. Definíronse os procedementos e o proceso de ensaios, tendo en conta a súa tipoloxía e as súas especificidades, a partir das reunións cos departamentos implicados na realización do proxecto.

– CA2.7. Dispúxose un sistema de comprobación do cumprimento do plan de traballo nos ensaios, así como de resolución de imprevistos mediante a achega de ideas e a negociación coas persoas responsables implicadas no problema (dirección artística, produción e dirección técnica).

• RA3. Establece as tarefas dos colectivos implicados nos ensaios dun espectáculo ou evento, tendo en conta a relación entre os resultados e o cumprimento dos obxectivos do proxecto.

– CA3.1. Estableceuse un proceso de actuación no desenvolvemento do ensaio que prevexa dar as ordes de intervención de intérpretes e técnicos, fixar a orde cronolóxica e a velocidade dos cambios producidos, fixar os movementos dos personaxes e anotar todas as variacións, asegurando o cumprimento de todas as accións que compoñan o espectáculo ou evento.

– CA3.2 Aplicáronse ao seguimento dos ensaios e da representación dun espectáculo ou evento os códigos comunicativos propios do oficio, así como as expresións do vocabulario técnico da profesión.

– CA3.3. Adoptáronse as medidas necesarias para suplir as ausencias de persoal técnico ou artístico, co obxectivo de posibilitar a realización dos ensaios.

– CA3.4. Valorouse a fase de ensaios como un proceso de aprendizaxe colectiva do papel de cada interveniente, co propósito común de cumprir os obxectivos do proxecto.

– CA3.5. Definiuse un sistema para actualizar diariamente o libro de rexedoría durante os ensaios, con todas as informacións técnicas e artísticas relativas ao desenvolvemento e á evolución do espectáculo ou evento, así como cos posibles cambios de escena propostos pola dirección.

– CA3.6. Definiuse un procedemento para revisar e readaptar os horarios e as tarefas diarias do persoal artístico e técnico implicado nos ensaios, que teña en conta os condicionantes técnicos e de produción, a dispoñibilidade das persoas e os seus horarios laborais.

• RA4. Avalía os procedementos de supervisión das actividades previas ao comezo do espectáculo ou evento, recoñecendo a responsabilidade da súa función e a repercusión das súas actuacións.

– CA4.1. Estableceuse un procedemento de control de chegadas ao espazo de representación de todo o persoal técnico e artístico, segundo as estipulacións da táboa.

– CA4.2. Planificouse a realización da pasada para supervisar o funcionamento de todos os elementos artísticos e técnicos que interveñen na representación, segundo a duración das tarefas dos colectivos intervenientes e a orde destas, considerando o tempo necesario para a resolución de imprevistos.

– CA4.3. Realizouse o plan de apertura da sala e a súa comunicación aos participantes de forma ordenada, sinalando os tempos previstos de incorporación ás tarefas de todos os equipos.

– CA4.4. Estableceuse un procedemento para o control de todos os aspectos relativos ao acollemento do público, tales como o volume de afluencia, a dispensación de entradas no despacho e outros que poidan afectar a puntualidade de comezo da representación.

– CA4.5. Planificouse un sistema para verificar o funcionamento de todos os sistemas de comunicación e sinalización entre os departamentos implicados na representación.

– CA4.6. Aplicáronse as normas relativas á seguridade do público asistente, artistas e persoal traballador para a representación.

– CA4.7. Especificouse un sistema para dar a orde de comezo do espectáculo a partir da recepción de conformidade de todos os equipos implicados na posta en marcha do espectáculo ou evento.

• RA5. Establece a orde das accións que cumpra seguir durante a representación do espectáculo ou evento, tendo en conta a relación entre a corrección da súa execución técnica e a consecución dos obxectivos do proxecto.

– CA5.1. Estableceuse un procedemento de coordinación da representación dun espectáculo ou evento que recolla as ordes de entrada e saída de actores e actrices, cantantes, coros, corpo de baile e figuración, o movemento dos mecanismos do escenario e os cambios de decorado, os efectos de iluminación, de son e audiovisuais e os cambios de vestiario e de aderezos, entre outros aspectos.

– CA5.2. Temporizáronse con precisión os elementos parciais da representación dun espectáculo ou evento tales como actos, cambios de decorado, descansos, bises, saúdos ao público etc., e previuse a notificación das súas posibles variacións nun informe ou parte diario de función.

– CA5.3. Previuse un sistema de resposta ás continxencias máis comúns susceptibles de producírense durante a representación dun espectáculo ou evento de diferente tipoloxía (artes escénicas, producións musicais, presentacións multimedia, mitins etc.).

– CA5.4. Especificouse un procedemento de suspensión momentánea ou definitiva do espectáculo ou evento, valorando o tipo de información que haxa que proporcionarlle ao público e o xeito de comunicación máis adecuada.

– CA5.5. Planificáronse as tarefas que teñen que realizar os colectivos intervenientes no espectáculo ou evento para asegurar o cumprimento do plan de emerxencia e evacuación de locais de pública concorrencia.

• RA6. Establece os procedementos de pechamento e valoración da representación do espectáculo ou evento e elabora a documentación que mellore novas representacións.

– CA6.1. Definiuse un procedemento de realización de informes ou partes diarios da función onde consignar todos os datos significativos acontecidos, para a valoración continua do desenvolvemento do espectáculo ou evento.

– CA6.2. Deseñouse un protocolo de actuación para a resolución das incidencias detectadas nos ámbitos artístico e técnico que prevexa posibles substitucións de persoal e axustes técnicos, así como os tempos e os ensaios precisos para a súa resolución.

– CA6.3. Especificouse un plan de elaboración diaria da táboa de persoal que recolla os horarios e as tarefas para a próxima convocatoria e un sistema de comunicación efectivo para todos os colectivos implicados no espectáculo ou evento.

– CA6.4. Estableceuse un sistema para a elaboración do libro de rexedoría definitivo que recolla as achegas de todos os colectivos e departamentos implicados no espectáculo ou evento e que sirva como modelo de partida para reproducir a súa posta en escena no futuro.

– CA6.5. Especificouse un procedemento de abastecemento, arquivamento e entrega ao departamento de produción de todos os materiais audiovisuais, as partituras e os textos empregados na realización do espectáculo ou evento, con vistas ao seu uso en posteriores representacións.

1.8.2. Contidos básicos.

BC1. Preparación dos elementos técnicos, materiais e humanos.

• Coordinación de rexedoría coa dirección técnica e artística.

• Técnicas de realización da pasada técnica nos ensaios.

• Control de cambios técnicos e escenográficos.

• Documentación de ensaios: memoria dos ensaios, actualización do libro de rexedoría e realización do guión de rexedoría.

• Coordinación de actividades de prevención.

BC2. Deseño dos procedementos de dirección dos procesos de traballo dos equipos técnicos e artísticos dun espectáculo ou evento.

• Técnicas e estilos de dirección. Liderado e técnicas de motivación en espectáculos e eventos.

• Procedemento de rexedoría na posta en escena.

• Técnicas de marcaxe da sala de ensaios.

• Técnicas e estilos de interpretación.

• Técnicas de transmisión da información xerada durante os ensaios.

• Procedementos de supervisión dos elementos escénicos nos ensaios.

• Técnicas de aplicación e seguimento do plan de traballo.

BC3. Establecemento das tarefas dos colectivos implicados nos ensaios dun espectáculo ou evento.

• Características do traballo en equipo nos espectáculos e eventos.

• Direccións de intervención a intérpretes e técnicos.

• Fixación de cambios na interpretación durante os ensaios.

• Control de movementos e desprazamentos dos personaxes en espectáculos e eventos.

• Control das variacións técnicas nos ensaios.

• Técnicas de control e fixación de todas as accións que compoñen un espectáculo ou evento.

BC4. Avaliación dos procedementos de supervisión das actividades previas ao comezo do espectáculo ou evento.

• Procedementos de control de chegadas do persoal técnico e artístico.

• Técnicas de supervisión da realización da pasada técnica.

• Secuencia de apertura de sala: avisos e prevención.

• Procesos de acollemento do público.

• Técnicas de control dos sistemas de comunicación e sinalización.

• Procedementos de control da seguridade na representación.

BC5. Establecemento da orde das accións que hai que seguir durante a representación.

• Procesos específicos nas representacións de espectáculos (teatro, danza e lírica) e de música (pop-rock, clásica ou sinfónica) e nos eventos:

– Ordes de entrada e saída de actores e actrices, cantantes, coros, corpo de baile, figuración, intervenientes e presentadores e presentadoras.

– Ordes de entrada e saída de mecanismos do decorado.

– Orde dos cambios de decorado.

– Orde dos efectos de iluminación, efectos de son e audiovisuais.

– Ordes de cambios de vestiario e de aderezos.

• Control de tempos dos elementos parciais da representación.

• Procedementos de control de continxencias en espectáculos e eventos.

• Técnicas de aplicación do plan de seguridade e evacuación en locais de pública concorrencia.

BC6. Procedementos de pechamento e valoración da representación do espectáculo ou evento.

• Técnicas de realización de informes ou partes diarios da función.

• Resolución de incidencias técnicas.

• Resolución de incidencias co persoal artístico.

• Técnicas de actualización durante a representación da táboa diaria.

• Balance do espectáculo en vivo e evento: pechamento e valoración.

• Procedementos de elaboración do libro de rexedoría final.

• Procedementos de selección de materiais para o seu arquivamento e a catalogación.

1.8.3. Orientacións pedagóxicas.

Este módulo dá resposta a unha serie de funcións que conforman o perfil profesional do título.

Debido á importancia de que se alcancen os resultados de aprendizaxe establecidos, para a súa impartición é conveniente que as actividades de ensino e aprendizaxe se dediquen á adquisición das competencias desas funcións en coordinación co módulo de planificación da rexedoría de espectáculos e eventos do presente ciclo, así como con outros módulos doutros ciclos da familia profesional que desenvolven as funcións de captación de luminotecnia, son de espectáculos e produción de espectáculos.

O presente módulo desenvolve as funcións correspondentes á realización dos ensaios e á coordinación dos axentes técnicos e humanos na representación do espectáculo en vivo, referidas ao proceso de espectáculos en vivo e, en concreto, aos subprocesos de artes escénicas, musicais e eventos.

A formación do módulo contribúe a alcanzar os obxectivos xerais a), b), c), d), e), f), g), h), i), l), m), n), ñ), o), p), q), r) e s) do ciclo formativo e as competencias a), b), c), d), e), g), h), j), k), l), m), n) e ñ).

Así mesmo, para conseguir que o alumnado adquira a polivalencia necesaria neste módulo, é conveniente que se traballe coas técnicas de realización de proxectos de espectáculos de artes escénicas, producións musicais e eventos de diferentes tipos, tales como representacións teatrais, musicais e eventos artísticos.

As liñas de actuación no proceso de ensino e aprendizaxe que permiten alcanzar os obxectivos do módulo deben versar sobre:

– A coordinación dos traballos dos equipos técnicos e artísticos en ensaios e en representacións.

– A rexedoría da representación do espectáculo escénico e evento.

– A elaboración da documentación técnica final da representación.

1.9. Módulo profesional: medios técnicos audiovisuais e escénicos.

• Equivalencia en créditos ECTS: 12.

• Código: – MP0910.

• Duración: 187 horas.

1.9.1. Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación.

• RA1. Determina as condicións técnicas dos equipamentos de iluminación e escenotecnia que cumpra empregar en proxectos audiovisuais e de espectáculos, analizando as súas características funcionais e operativas.

– CA1.1. Avaliáronse as calidades de fontes naturais, incandescentes, fluorescentes e de descarga que resultan pertinentes en diversos proxectos audiovisuais, escénicos e de espectáculos, relacionadas coa tecnoloxía de emisión, fotometría, colorimetría, tipo de feixe luminoso, tensión, potencia e eficacia luminosa.

– CA1.2. Comparáronse e definíronse os efectos da iluminación con aparellos de luz directa, luz refractada, luz reflectida e luz modular, tanto fixos como robotizados, sobre localizacións, escenas, decorados, presentadores, persoas invitadas, público e intérpretes, en proxectos audiovisuais, escénicos e de espectáculos.

– CA1.3. Definíronse as opcións de acometida eléctrica ou grupo electróxeno canto á potencia, fases eléctricas, seccións de cable, conectadores, cadros eléctricos e distribución de liñas, en proxectos audiovisuais e de espectáculos.

– CA1.4. Determinouse a idoneidade de diversas configuracións de mesas de luces e reguladores (dimmers) para proxectos televisivos, escénicos e de espectáculos, en función do material de iluminación involucrado e das intencións expresivas e dramáticas.

– CA1.5. Determinouse a utilización de filtros de efectos de cor, difusores, neutros e convertedores de temperatura de cor, sobre distintos tipos de aparellos de iluminación utilizados en proxectos audiovisuais, escénicos e de espectáculos.

– CA1.6. Definíronse os elementos escenográficos e a maquinaria escénica adecuada a diversos proxectos cinematográficos, televisivos, escénicos e de espectáculos.

• RA2. Determina as calidades técnicas do equipamento de captación de imaxe en cine, vídeo e televisión que se vaia empregar en diversos proxectos audiovisuais, con xustificación das súas características funcionais e operativas.

– CA2.1. Relacionáronse os parámetros técnicos dos obxectivos cos seus efectos sobre os elementos morfolóxicos do encadramento.

– CA2.2. Xustificáronse as alternativas de rexistro en película fotoquímica, fita magnética, discos ópticos, tarxetas de memoria e discos ríxidos que resulten idóneas para diversos tipos de filmación ou gravación audiovisual.

– CA2.3. Determináronse as calidades das cámaras que sexan adecuadas a diversos proxectos en cine e vídeo canto ao formato, relación de aspecto, definición, exploración e imaxes por segundo.

– CA2.4. Avaliáronse as capacidades das cámaras canto á sensibilidade lumínica, ganancia, adaptabilidade a temperaturas de cor, tempos de obturación, nivel de negros, axustes en matriz dixital e axustes de visor, en relación con diversos proxectos audiovisuais e as súas condicións de iluminación.

– CA2.5. Relacionáronse as opcións de código de tempos que ofrecen as diversas cámaras cos métodos de rexistro de códigos de tempo en gravacións con unha ou varias cámaras, e con posteriores procesos de posprodución e laboratorio.

– CA2.6. Avaliáronse as opcións de catalogación e xestión dixital de clips en cámara.

– CA2.7. Definíronse os requisitos de captación de son en cámara ou en equipamentos específicos de audio e determináronse as necesidades de axuste, control e monitorización de micrófonos propios e entradas exteriores na cámara.

– CA2.8. Avaliáronse os soportes de cámara en relación cos requisitos de rodaxe ou gravación e relacionáronse cos fundamentos narrativos e estéticos dos movementos de cámara.

• RA3. Determina as calidades técnicas do equipamento de son idóneo en programas de radio, gravacións musicais, espectáculos, representacións escénicas e proxectos audiovisuais e xustifica as súas características funcionais e operativas.

– CA3.1. Definíronse as prestacións técnicas dos micrófonos e accesorios necesarios en proxectos audiovisuais e de espectáculos, segundo as características acústicas dos espazos, o equipamento de captación ou amplificación de son e as intencións comunicativas ou dramáticas.

– CA3.2. Xustificáronse as necesidades de liñas de audio con diferentes tipos de cables e conectadores, en función dos requisitos de micrófonos, equipamentos reprodutores, equipamentos informáticos, mesas de mesturas, amplificadores, distribuidores, etapas de potencia, altofalantes e equipamentos de gravación e rexistro de audio que se vaian empregar en proxectos audiovisuais e de espectáculos.

– CA3.3. Xustificouse a idoneidade de diversas configuracións de mesas de audio e equipamentos de rexistro de son directo en rodaxes cinematográficas e gravacións audiovisuais.

– CA3.4. Determináronse as necesidades de mesas de audio e equipamentos de amplificación en gravacións ou directos televisivos.

– CA3.5. Determináronse as necesidades de mesas de audio e equipamentos de amplificación en representacións escénicas e espectáculos en vivo, segundo as condicións acústicas de estudios, salas e espazos diversos.

– CA3.6. Definíronse as especificacións técnicas e as calidades operativas de diversas configuracións de equipamento de audio en gravacións en estudio de música, dobraxe e efectos sonoros.

– CA3.7. Xustificouse a idoneidade de diversas configuracións de estudio de gravación e de estudio de radio para proxectos de gravación musical e programas de radio.

• RA4. Determina a configuración de medios técnicos do control de realización, adecuándoa a diversas estratexias multicámara en programas de televisión, e xustifica as súas características funcionais e operativas.

– CA4.1. Xustificouse o diagrama de equipamentos e conexións do control de realización e do estudio de televisión, de unidades móbiles e do control de continuidade.

– CA4.2. Avaliáronse as características de diversos mesturadores de vídeo e as súas capacidades canto a operacións de selección de liñas de entrada, sincronización, buses primarios e auxiliares, transicións, incrustacións, DSK e efectos dixitais.

– CA4.3. Definíronse as necesidades de liñas de entrada á mesa de audio e os envíos desta cara a diferentes destinos en control e estudio, en diversos programas televisivos.

– CA4.4. Deseñouse o esquema de intercomunicación entre os postos de realización, cámaras, rexedoría, mesa de audio, reprodución e gravación de vídeo, control de cámaras, control de iluminación, grafismo e conexións exteriores.

– CA4.5. Xustificouse a elección de soportes e formatos de rexistro de vídeo e audio e de tecnoloxías do tipo audio sigue vídeo e vídeo e audio embebido.

– CA4.6. Avaliáronse as especificacións das cámaras e das súas unidades de control e xustificáronse as operacións de axuste de imaxe en diversos programas gravados e emisións en directo.

– CA4.7. Determináronse as capacidades técnicas de sistemas de escenografía virtual e a súa vinculación coas cámaras e o mesturador de imaxe.

• RA5. Determina o equipamento de posprodución en proxectos audiovisuais segundo os requisitos de edición, grafismo, animación, efectos, sonorización, cambio de formato e procesos finais, e xustifica as súas características funcionais e operativas.

– CA5.1. Relacionáronse as especificacións técnicas e as calidades operativas do equipamento de posprodución coas diversas metodoloxías de montaxe e edición en proxectos de cine, vídeo e televisión.

– CA5.2. Xustificouse a idoneidade da edición lineal ou non lineal en diversos proxectos de montaxe e posprodución.

– CA5.3. Deseñouse o diagrama de bloques dun equipamento de edición non lineal e o sistema de edición, os seus periféricos, a súa conexión a redes e servidores, as súas conexións con magnetoscopios ou outros reprodutores, gravadores e matrices, asegurando a operatividade dos procesos de captura ou dixitalización, edición e envorcadura ao soporte de destino.

– CA5.4. Xustificáronse as decisións de proxecto de edición canto aos soportes de gravación, formatos, exploración, frecuencias de mostraxe, cuantificacións, estándares de compresión, taxas de bits, códecs de audio e vídeo, fotogramas clave e estándares de exhibición que cumpra empregar no proceso de edición e nos soportes de distribución de diversos proxectos audiovisuais.

– CA5.5. Establecéronse as opcións técnicas dos materiais que se vaian entregar ao final do proceso de posprodución, incluíndo listas de decisións de edición e gravacións off-line e on-line con destino a outras empresas, laboratorios e canles de distribución en diversos proxectos audiovisuais.

– CA5.6. Relacionáronse as capacidades de editores non lineais coas exixencias de proxectos de posprodución, canto a opcións de proxecto, admisión de formatos diversos, pistas de audio e vídeo, transicións, efectos, capacidades de trimaxe e sincronización, tempos de procesamento, capacidades de rotulación e integración con aplicacións de grafismo, composición vertical e 3D.

– CA5.7. Establecéronse as características do equipamento e as aplicacións de posprodución de audio necesarias en procesos de sonorización de proxectos audiovisuais.

– CA5.8. Determináronse as opcións técnicas e operativas de sistemas virtuais de edición de noticias, adecuadas ás diversas funcións en informativos de televisión.

• RA6. Define a idoneidade do equipamento técnico en proxectos multimedia, para o cal avalía as súas especificacións e xustifica as súas aptitudes en relación cos requisitos do medio e as necesidades dos proxectos.

– CA6.1. Definíronse as especificacións do equipamento informático para diversos proxectos multimedia canto a procesadores, memoria, disco ríxido, unidades ópticas de gravación e reprodución, tarxeta gráfica, pantalla e periféricos.

– CA6.2. Determináronse as necesidades da configuración en rede de equipamentos informáticos, as relacións servidor-clientes, os métodos de almacenamento e de copias de seguridade, así como os protocolos de permisos para diferentes membros do proxecto multimedia, segundo as súas funcións.

– CA6.3. Xustificáronse as prestacións técnicas e operativas das aplicacións de tratamento de imaxes, ilustración vectorial, animación 2D, modelaxe e animación 3D, deseño interactivo, deseño web, edición de vídeo e autoría en relación con diversos proxectos interactivos, de deseño web audiovisual, de videoxogos e de autoría en DVD/blu-ray e outros soportes.

– CA6.4. Xustificouse a utilización de determinados formatos e opcións de arquivamento de imaxe, audio e vídeo para os medios adquiridos a través de cámaras fotográficas, escáners, micrófonos, liñas de audio e reprodutores de vídeo, adecuados a diversos proxectos multimedia.

– CA6.5. Determináronse as necesidades de usuarios con diferentes graos de accesibilidade e as exixencias técnicas dos diversos medios de explotación e adaptáronse a elas as opcións de saída das aplicacións multimedia.

• RA7. Define as opcións técnicas e as calidades multimedia, multicanle e interactivas de programas audiovisuais e multimedia que se vaian emitir ou distribuír por calquera sistema ou soporte, analizando as súas características técnicas e xustificando as opcións.

– CA7.1. Definíronse as prestacións técnicas e as opcións de configuración de programas de televisión que se vaian difundir mediante TDT, IPTV, satélite, cable, streaming, podcast e telefonía móbil, canto aos parámetros que as definen.

– CA7.2. Xustificáronse as opcións técnicas de programas de radio que se vaian difundir mediante emisión analóxica, estándar de radio dixital DAB, TDT, streaming, podcast e telefonía móbil, canto ao cumprimento dos parámetros técnicos definitorios de cada sistema.

– CA7.3. Xustificáronse as necesidades de canle de retorno e as súas opcións técnicas en programas de televisión interactiva mediante set-top-box, descodificadores interactivos, liña telefónica, SMS, internet ou cable.

– CA7.4. Determináronse as opcións de configuración de produtos audiovisuais que hai que difundir mediante soportes dixitais, canto ao tipo de soporte, capacidades, formatos de vídeo, codificación e descodificación de audio e vídeo, taxa de bits, rexións e compatibilidade, así como os requisitos de autoría e navegación.

– CA7.5. Xustificáronse as opcións de configuración de produtos musicais que se vaian difundir mediante soportes dixitais, canto ao tipo de soporte, modulación, frecuencia de mostraxe, cuantificación, relación sinal-ruído, rango dinámico, gráficos e menús interactivos.

– CA7.6. Establecéronse as características técnicas de proxectos interactivos e videoxogos que se vaian difundir a través da internet, TDT, telefonía móbil e soportes dixitais para diversas plataformas.

1.9.2. Contidos básicos.

BC1. Determinación das condicións técnicas dos equipamentos de iluminación e escenotecnia necesarios en espectáculos e medios audiovisuais.

• Fotometría, colorimetría, temperatura de cor de fontes de luz, naturais e artificiais. Magnitudes. Instrumentos de medición.

• Calidade expresiva da luz.

• Electricidade aplicada para instalacións de iluminación en espectáculos e medios audiovisuais.

• Fontes de iluminación de audiovisuais e lámpadas de incandescencia, descarga, fluorescencia e LED.

• Equipamentos de iluminación para espectáculos e medios audiovisuais: proxectores de feixe aberto, proxectores con lente, reflectores de luz suave, aparellos modulares e robotizados.

• Escenotecnia e arquitectura teatral.

• Maquinaria escénica.

BC2. Determinación das calidades técnicas de equipamentos de captación de imaxe en cine, vídeo e televisión.

• Obxectivos de cine e vídeo: tipos, parámetros e accesorios.

• Características dos obxectivos empregados en producións audiovisuais.

• Soportes de rexistro idóneos a diversas tecnoloxías de captación de imaxe.

• Características técnicas dos sistemas de rexistro de vídeo dixital.

• Cámaras cinematográficas. Especificacións de videocámaras. Soportes de cámaras de cine.

• Accesorios para cámara en man: steadycam, bodycam e similares.

Travelling, dollies, plumas, guindastres e cabezas quentes.

• Sistemas de cámaras robotizadas.

BC3. Determinación das calidades técnicas do equipamento de son idóneo en espectáculos, radio e medios audiovisuais.

• Prestacións técnicas xerais dos micrófonos para captación de son en proxectos de espectáculos, radio e audiovisuais.

• Prestacións técnicas e operativas de mesas de audio analóxicas e dixitais para radio, espectáculos e audiovisuais.

• Prestacións da amplificación de audio en espazos escénicos, espectáculos, radio, estudios de gravación e estudios de televisión.

• Configuracións de liñas e amplificación para espazos escénicos e estudios de radio e televisión.

• Equipamentos de rexistro dixital de audio para son directo cinematográfico e audiovisual, gravacións musicais e programas de radio e televisión.

• Prestacións técnicas de gravadores de audio en tarxeta de memoria, disco ríxido ou DVD RAM.

• Configuración de estudios de gravación e estudios de radio.

BC4. Determinación da configuración de medios técnicos do control de realización, a unidade móbil e o control de continuidade de televisión.

• Calidades técnicas e operativas xerais de mesturadores de vídeo, xeradores de sincronismos, matrices ou patch-panel, preselectores de vídeo, cámaras e unidades de control de cámaras, reprodutores e gravadores de vídeo, tituladoras, sistemas de autocúe e sistemas de escenografía virtual.

• Equipamento de vídeo e audio do control de continuidade de televisión e vinculación entre os equipamentos e o sistema informático de continuidade.

• Tipos de cámaras de televisión en estudio e retransmisións.

• Unidades de control de cámaras e controis operativos.

BC5. Determinación do equipamento de posprodución en proxectos audiovisuais.

• Prestacións técnicas e operativas de magnetoscopios dixitais.

• Prestacións técnicas e operativas de editores lineais de vídeo.

• Equipamento e configuración de salas de posprodución non lineal.

• Calidades técnicas e operativas de aplicacións de edición non lineal.

• Configuracións do proxecto de edición non lineal.

• Configuracións de saída do proxecto de edición non lineal.

• Factores determinantes na idoneidade da edición lineal ou da edición non lineal en proxectos de posprodución audiovisual e cinematográfica.

• Prestacións técnicas e operativas dos sistemas virtuais de redacción e edición de noticias.

BC6. Definición da idoneidade do equipo técnico en proxectos multimedia.

• Prestacións técnicas do equipamento informático de producións multimedia.

• Prestacións dos sistemas de almacenamento.

• Prestacións dos escáneres, impresoras e táboas gráficas.

• Prestacións das aplicacións informáticas para multimedia.

• Formatos de arquivo de imaxe, audio e vídeo idóneos para proxectos multimedia.

• Características dos medios de destino que condicionan as opcións técnicas do proxecto: tamaños de pantalla, condicionantes de audio e vídeo e requisitos de uso e accesibilidade.

BC7. Definición das opcións técnicas e calidades multimedia, multicanle e interactivas de programas audiovisuais e multimedia.

• Estándares de televisión en definición estándar e formatos de emisión en TDT, IPTV, satélite, cable e mobilidade.

• Características dos sinais de vídeo analóxicos e dixitais.

• Televisión interactiva: medios, estándares, descodificadores interactivos e canles de retorno.

• Modulación, bandas de frecuencia e estándares de radio analóxica e dixital.

• Tipos de streaming e podcast na internet para audio e medios audiovisuais.

• Tecnoloxías e receptores de radio interactiva en telefonía móbil.

• Soportes dixitais para distribución de produtos audiovisuais e musicais.

• Formatos de vídeo sobre DVD e blu-ray.

• Formatos de audio sobre CD e DVD-audio.

• Características da difusión de interactivos a través da internet, TDT, telefonía móbil e soportes dixitais.

1.9.3. Orientacións pedagóxicas.

Este módulo profesional dá resposta á necesidade do coñecemento procedemental transversal imprescindible para a definición do equipamento técnico en cada proceso produtivo do título.

É aconsellable desenvolvelo en forma de proxectos de definición de ríders ou proxectos técnicos de equipamento adecuados a proxectos audiovisuais e de espectáculos.

A formación do módulo contribúe a alcanzar os obxectivos xerais b), n), ñ), p) e u) do ciclo formativo e as competencias b), d), g), i), j) e ñ).

As actividades de ensino e aprendizaxe que permiten alcanzar os obxectivos do módulo están relacionadas:

– Coa selección de obxectivos e sistemas ópticos de cámaras de cine e vídeo, en función das características de proxectos de gravación concretos.

– Coa selección de configuracións de iluminación e son, para a resolución dunha variada tipoloxía de procesos de espectáculos, radio e medios audiovisuais.

– Coa selección de sistemas de posprodución e de equipamento informático en programas multimedia.

– Coa elaboración de esbozos de instalacións técnicas de estudios de televisión, unidades móbiles e controis de continuidade de televisión.

– Coa elaboración de esbozos de instalacións de edición e posprodución en distintas configuracións.

1.10. Módulo profesional: proxecto de realización de proxectos audiovisuais e espectáculos.

• Equivalencia en créditos ECTS: 5.

• Código: – MP0911.

• Duración: 26 horas.

1.10.1. Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación.

• RA1. Identifica necesidades do sector produtivo en relación con proxectos tipo que as poidan satisfacer.

– CA1.1. Clasificáronse as empresas do sector polas súas características organizativas e o tipo de produto ou servizo que ofrecen.

– CA1.2. Caracterizáronse as empresas tipo e indicouse a súa estrutura organizativa e as funcións de cada departamento.

– CA1.3. Identificáronse as necesidades máis demandadas ás empresas.

– CA1.4. Valoráronse as oportunidades de negocio previsibles no sector.

– CA1.5. Identificouse o tipo de proxecto requirido para dar resposta ás demandas previstas.

– CA1.6. Determináronse as características específicas requiridas ao proxecto.

– CA1.7. Determináronse as obrigas fiscais, laborais e de prevención de riscos e as súas condicións de aplicación.

– CA1.8. Identificáronse as axudas e as subvencións para a incorporación de novas tecnoloxías de produción ou de servizo que se propoñan.

– CA1.9. Elaborouse o guión de traballo para seguir na elaboración do proxecto.

• RA2. Deseña proxectos relacionados coas competencias expresadas no título, onde inclúe e desenvolve as fases que o compoñen.

– CA2.1. Compilouse información relativa aos aspectos que se vaian tratar no proxecto.

– CA2.2. Realizouse o estudo da viabilidade técnica do proxecto.

– CA2.3. Identificáronse as fases ou as partes que compoñen o proxecto e o seu contido.

– CA2.4. Establecéronse os obxectivos procurados e identificouse o seu alcance.

– CA2.5. Prevíronse os recursos materiais e persoais necesarios para realizar o proxecto.

– CA2.6. Realizouse o orzamento correspondente.

– CA2.7. Identificáronse as necesidades de financiamento para a posta en marcha do proxecto.

– CA2.8. Definiuse e elaborouse a documentación necesaria para o seu deseño.

– CA2.9. Identificáronse os aspectos que se deben controlar para garantir a calidade do proxecto.

• RA3. Planifica a posta en práctica ou a execución do proxecto, para o cal determina o plan de intervención e a documentación asociada.

– CA3.1. Estableceuse a secuencia de actividades ordenadas en función das necesidades de posta en práctica.

– CA3.2. Determináronse os recursos e a loxística necesarios para cada actividade.

– CA3.3. Identificáronse as necesidades de permisos e autorizacións para levar a cabo as actividades.

– CA3.4. Determináronse os procedementos de actuación ou execución das actividades.

– CA3.5. Identificáronse os riscos inherentes á posta en práctica e definiuse o plan de prevención de riscos, así como os medios e os equipamentos necesarios.

– CA3.6. Planificouse a asignación de recursos materiais e humanos e os tempos de execución.

– CA3.7. Fíxose a valoración económica que dea resposta ás condicións da posta en práctica.

– CA3.8. Definiuse e elaborouse a documentación necesaria para a posta en práctica ou a execución.

• RA4. Define os procedementos para o seguimento e o control na execución do proxecto e xustifica a selección das variables e dos instrumentos empregados.

– CA4.1. Definiuse o procedemento de avaliación das actividades ou intervencións.

– CA4.2. Definíronse os indicadores de calidade para realizar a avaliación.

– CA4.3. Definiuse o procedemento para a avaliación das incidencias que se poidan presentar durante a realización das actividades, así como a súa solución e o seu rexistro.

– CA4.4. Definiuse o procedemento para xestionar os cambios nos recursos e nas actividades, incluíndo o sistema para o seu rexistro.

– CA4.5. Definiuse e elaborouse a documentación necesaria para a avaliación das actividades e do proxecto.

– CA4.6. Estableceuse o procedemento para a participación na avaliación das persoas usuarias ou da clientela e elaboráronse os documentos específicos.

– CA4.7. Estableceuse un sistema para garantir o cumprimento do prego de condicións do proxecto, cando este exista.

• RA5. Elabora e expón o informe do proxecto realizado e xustifica o procedemento seguido.

– CA5.1. Enunciáronse os obxectivos do proxecto.

– CA5.2. Describiuse o proceso seguido para a identificación das necesidades das empresas do sector.

– CA5.3. Describiuse a solución adoptada a partir da documentación xerada no proceso de deseño.

– CA5.4. Describíronse as actividades en que se divide a execución do proxecto.

– CA5.5. Xustificáronse as decisións tomadas de planificación da execución do proxecto.

– CA5.6. Xustificáronse as decisións tomadas de seguimento e control na execución do proxecto.

– CA5.7. Formuláronse as conclusións do traballo realizado en relación coas necesidades do sector produtivo.

– CA5.8. Formuláronse, de ser o caso, propostas de mellora.

– CA5.9. Realizáronse, de ser o caso, as aclaracións solicitadas na exposición.

– CA5.10. Empregáronse ferramentas informáticas para a presentación dos resultados.

1.10.2. Orientacións pedagóxicas.

Este módulo profesional complementa a formación establecida para o resto dos módulos profesionais que integran o título nas funcións de análise do contexto, deseño do proxecto e organización da execución.

A función de análise do contexto abrangue as subfuncións de compilación de información, identificación de necesidades e estudo de viabilidade.

A función de deseño do proxecto ten como obxectivo establecer as liñas xerais para dar resposta ás necesidades presentadas, concretando os aspectos relevantes.

Para a súa realización abrangue as subfuncións de definición do proxecto, planificación da intervención e elaboración da documentación.

A función de organización da execución abrangue as subfuncións de programación de actividades, xestión de recursos e supervisión da intervención.

As actividades profesionais asociadas a estas funcións desenvólvense no sector da produción e realización de produtos audiovisuais (cine, vídeo, multimedia, televisión e novos medios) e de espectáculos (artes escénicas, producións musicais e eventos).

Fomentarase e valorarase a creatividade, o espírito crítico e a capacidade de innovación nos procesos realizados, así como a adaptación da formación recibida en supostos laborais e en novas situacións.

O equipo docente exercerá a titoría das seguintes fases de realización do traballo, que se realizarán fundamentalmente de xeito non presencial: estudo das necesidades do sector produtivo, deseño, planificación e seguimento da execución do proxecto.

A exposición do informe, que realizará todo o alumnado, é parte esencial do proceso de avaliación e defenderase ante o equipo docente.

Polas súas propias características, a formación do módulo relaciónase con todos os obxectivos xerais do ciclo e con todas as competencias profesionais, persoais e sociais, bardante no relativo á posta en práctica de diversos aspectos da intervención deseñada.

As liñas de actuación no proceso de ensino e aprendizaxe que permiten alcanzar os obxectivos do módulo están relacionadas:

– Coa execución de traballos en equipo.

– Coa responsabilidade e autoavaliación do traballo realizado.

– Coa autonomía e iniciativa persoal.

– Co uso das TIC.

1.11. Módulo profesional: formación e orientación laboral.

• Equivalencia en créditos ECTS: 5.

• Código: – MP0912.

• Duración: 107 horas.

1.11.1. Unidade formativa 1: prevención de riscos laborais.

• Código: – MP0912_12.

• Duración: 45 horas.

1.11.1.1. Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación.

• RA1. Recoñece os dereitos e as obrigas das persoas traballadoras e empresarias relacionados coa seguridade e a saúde laboral.

– CA1.1. Relacionáronse as condicións laborais coa saúde da persoa traballadora.

– CA1.2. Distinguíronse os principios da acción preventiva que garanten o dereito á seguridade e á saúde das persoas traballadoras.

– CA1.3. Apreciouse a importancia da información e da formación como medio para a eliminación ou a redución dos riscos laborais.

– CA1.4. Comprendéronse as actuacións adecuadas ante situacións de emerxencia e risco laboral grave e inminente.

– CA1.5. Valoráronse as medidas de protección específicas de persoas traballadoras sensibles a determinados riscos, así como as de protección da maternidade e a lactación e as de menores.

– CA1.6. Analizáronse os dereitos á vixilancia e protección da saúde no sector de produción e realización de audiovisuais e espectáculos.

– CA1.7. Asumiuse a necesidade de cumprir as obrigas das persoas traballadoras en materia de prevención de riscos laborais.

• RA2. Avalía as situacións de risco derivadas da súa actividade profesional analizando as condicións de traballo e os factores de risco máis habituais do sector de produción e realización de audiovisuais e espectáculos.

– CA2.1. Determináronse as condicións de traballo con significación para a prevención nos contornos de traballo relacionados co perfil profesional de técnico superior en realización de proxectos audiovisuais e espectáculos.

– CA2.2. Clasificáronse os factores de risco na actividade e os danos derivados deles.

– CA2.3. Clasificáronse e describíronse os tipos de danos profesionais, con especial referencia a accidentes de traballo e doenzas profesionais, relacionados co perfil profesional de técnico superior en realización de proxectos audiovisuais e espectáculos.

– CA2.4. Identificáronse as situacións de risco más habituais nos contornos de traballo das persoas coa titulación de técnico superior en realización de proxectos audiovisuais e espectáculos.

– CA2.5. Levouse a cabo a avaliación de riscos nun contorno de traballo, real ou simulado, relacionado co sector de actividade.

• RA3. Participa na elaboración dun plan de prevención de riscos e identifica as responsabilidades de todos os axentes implicados.

– CA3.1. Valorouse a importancia dos hábitos preventivos en todos os ámbitos e en todas as actividades da empresa.

– CA3.2. Clasificáronse os xeitos de organización da prevención na empresa en función dos criterios establecidos na normativa sobre prevención de riscos laborais.

– CA3.3. Determináronse os xeitos de representación das persoas traballadoras na empresa en materia de prevención de riscos.

– CA3.4. Identificáronse os organismos públicos relacionados coa prevención de riscos laborais.

– CA3.5. Valorouse a importancia da existencia dun plan preventivo na empresa que inclúa a secuencia de actuacións para realizar en caso de emerxencia.

– CA3.6. Estableceuse o ámbito dunha prevención integrada nas actividades da empresa e determináronse as responsabilidades e as funcións de cadaquén.

– CA3.7. Definiuse o contido do plan de prevención nun centro de traballo relacionado co sector profesional da titulación de técnico superior en realización de proxectos audiovisuais e espectáculos.

– CA3.8. Proxectouse un plan de emerxencia e evacuación para unha pequena ou mediana empresa do sector de actividade do título.

• RA4. Determina as medidas de prevención e protección no contorno laboral da titulación de técnico superior en realización de proxectos audiovisuais e espectáculos.

– CA4.1. Definíronse as técnicas e as medidas de prevención e de protección que se deben aplicar para evitar ou diminuír os factores de risco, ou para reducir as súas consecuencias no caso de materializarse.

– CA4.2. Analizouse o significado e o alcance da sinalización de seguridade de diversos tipos.

– CA4.3. Seleccionáronse os equipamentos de protección individual (EPI) adecuados ás situacións de risco atopadas.

– CA4.4. Analizáronse os protocolos de actuación en caso de emerxencia.

– CA4.5. Identificáronse as técnicas de clasificación de persoas feridas en caso de emerxencia, onde existan vítimas de diversa gravidade.

– CA4.6. Identificáronse as técnicas básicas de primeiros auxilios que se deben aplicar no lugar do accidente ante danos de diversos tipos, así como a composición e o uso da caixa de urxencias.

1.11.1.2. Contidos básicos.

BC1. Dereitos e obrigas en seguridade e saúde laboral.

• Relación entre traballo e saúde. Influencia das condicións de traballo sobre a saúde.

• Conceptos básicos de seguridade e saúde laboral.

• Análise dos dereitos e das obrigas das persoas traballadoras e empresarias en prevención de riscos laborais.

• Actuación responsable no desenvolvemento do traballo para evitar as situacións de risco no seu contorno laboral.

• Protección de persoas traballadoras especialmente sensibles a determinados riscos.

BC2. Avaliación de riscos profesionais.

• Análise de factores de risco ligados a condicións de seguridade, ambientais, ergonómicas e psicosociais.

• Determinación dos danos á saúde da persoa traballadora que se poden derivar das condicións de traballo e dos factores de risco detectados.

• Riscos específicos no sector de produción e realización de audiovisuais e espectáculos en función das probables consecuencias, do tempo de exposición e dos factores de risco implicados.

• Avaliación dos riscos atopados en situacións potenciais de traballo no sector de produción e realización de audiovisuais e espectáculos.

BC3. Planificación da prevención de riscos na empresa.

• Xestión da prevención na empresa: funcións e responsabilidades.

• Órganos de representación e participación das persoas traballadoras en prevención de riscos laborais.

• Organismos estatais e autonómicos relacionados coa prevención de riscos.

• Planificación da prevención na empresa.

• Plans de emerxencia e de evacuación en contornos de traballo.

• Elaboración dun plan de emerxencia nunha empresa do sector.

• Participación na planificación e na posta en práctica dos plans de prevención.

BC4. Aplicación de medidas de prevención e protección na empresa.

• Medidas de prevención e protección individual e colectiva.

• Protocolo de actuación ante unha situación de emerxencia.

• Aplicación das técnicas de primeiros auxilios.

• Actuación responsable en situacións de emerxencias e primeiros auxilios.

1.11.2. Unidade formativa 2: equipos de traballo, dereito do traballo e da Seguridade Social e procura de emprego.

• Código: – MP0912 _22.

• Duración: 62 horas.

1.11.2.1. Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación.

• RA1. Participa responsablemente en equipos de traballo eficientes que contribúan á consecución dos obxectivos da organización.

– CA1.1. Identificáronse os equipos de traballo en situacións de traballo relacionadas co perfil de técnico superior en realización de proxectos audiovisuais e espectáculos e valoráronse as súas vantaxes sobre o traballo individual.

– CA1.2. Determináronse as características do equipo de traballo eficaz fronte ás dos equipos ineficaces.

– CA1.3. Adoptáronse responsablemente os papeis asignados para a eficiencia e a eficacia do equipo de traballo.

– CA1.4. Empregáronse adecuadamente as técnicas de comunicación no equipo de traballo para recibir e transmitir instrucións e coordinar as tarefas.

– CA1.5. Determináronse procedementos para a resolución dos conflitos identificados no seo do equipo de traballo.

– CA1.6. Aceptáronse de forma responsable as decisións adoptadas no seo do equipo de traballo.

– CA1.7. Analizáronse os obxectivos alcanzados polo equipo de traballo en relación cos obxectivos establecidos e coa participación responsable e activa dos seus membros.

• RA2. Identifica os dereitos e as obrigas que derivan das relacións laborais e recoñéceos en diferentes situacións de traballo.

– CA2.1. Identificáronse o ámbito de aplicación, as fontes e os principios de aplicación do dereito do traballo.

– CA2.2. Distinguíronse os principais organismos que interveñen nas relacións laborais.

– CA2.3. Identificáronse os elementos esenciais dun contrato de traballo.

– CA2.4. Analizáronse as principais modalidades de contratación e identificáronse as medidas de fomento da contratación para determinados colectivos.

– CA2.5. Valoráronse os dereitos e as obrigas que se recollen na normativa laboral.

– CA2.6. Determináronse as condicións de traballo pactadas no convenio colectivo aplicable ou, en ausencia deste, as condicións habituais no sector profesional relacionado co título de técnico superior en realización de proxectos audiovisuais e espectáculos.

– CA2.7. Valoráronse as medidas establecidas pola lexislación para a conciliación da vida laboral e familiar e para a igualdade efectiva entre homes e mulleres.

– CA2.8. Analizouse o recibo de salarios e identificáronse os principais elementos que o integran.

– CA2.9. Identificáronse as causas e os efectos da modificación, a suspensión e a extinción da relación laboral.

– CA2.10. Identificáronse os órganos de representación das persoas traballadoras na empresa.

– CA2.11. Analizáronse os conflitos colectivos na empresa e os procedementos de solución.

– CA2.12. Identificáronse as características definitorias dos novos contornos de organización do traballo.

• RA3. Determina a acción protectora do sistema da Seguridade Social ante as continxencias cubertas e identifica as clases de prestacións.

– CA3.1. Valorouse o papel da Seguridade Social como piar esencial do Estado social e para a mellora da calidade de vida da cidadanía.

– CA3.2. Delimitouse o funcionamento e a estrutura do sistema da Seguridade Social.

– CA3.3. Identificáronse, nun suposto sinxelo, as bases de cotización dunha persoa traballadora e as cotas correspondentes a ela e á empresa.

– CA3.4. Determináronse as principais prestacións contributivas da Seguridade Social, os seus requisitos e a súa duración e realizouse o cálculo da súa contía nalgúns supostos prácticos.

– CA3.5. Determináronse as posibles situacións legais de desemprego en supostos prácticos sinxelos e realizouse o cálculo da duración e da contía dunha prestación por desemprego de nivel contributivo básico.

• RA4. Planifica o seu itinerario profesional seleccionando alternativas de formación e oportunidades de emprego ao longo da vida.

– CA4.1. Valoráronse as propias aspiracións, motivacións, actitudes e capacidades que permitan a toma de decisións profesionais.

– CA4.2. Tomouse conciencia da importancia da formación permanente como factor clave para a empregabilidade e a adaptación ás exixencias do proceso produtivo.

– CA4.3. Valoráronse as oportunidades de formación e emprego noutros Estados da Unión Europea.

– CA4.4. Valorouse o principio de non-discriminación e de igualdade de oportunidades no acceso ao emprego e nas condicións de traballo.

– CA4.5. Deseñáronse os itinerarios formativos profesionais relacionados co perfil profesional de técnico superior en realización de proxectos audiovisuais e espectáculos.

– CA4.6. Determináronse as competencias e as capacidades requiridas para a actividade profesional relacionada co perfil do título e seleccionouse a formación precisa para as mellorar e permitir unha adecuada inserción laboral.

– CA4.7. Identificáronse as principais fontes de emprego e de inserción laboral para as persoas coa titulación de técnico superior en realización de proxectos audiovisuais e espectáculos.

– CA4.8. Empregáronse adecuadamente as técnicas e os instrumentos de procura de emprego.

– CA4.9. Prevíronse as alternativas de autoemprego nos sectores profesionais relacionados co título.

1.11.2.2. Contidos básicos.

BC1. Xestión do conflito e equipos de traballo.

• Diferenciación entre grupo e equipo de traballo.

• Valoración das vantaxes e os inconvenientes do traballo de equipo para a eficacia da organización.

• Equipos no sector de produción e realización de audiovisuais e espectáculos, segundo as funcións que desempeñen.

• Dinámicas de grupo.

• Equipos de traballo eficaces e eficientes.

• Participación no equipo de traballo: desempeño de papeis, comunicación e responsabilidade.

• Conflito: características, tipos, causas e etapas.

• Técnicas para a resolución ou a superación do conflito.

BC2. Contrato de traballo.

• Dereito do traballo.

• Organismos públicos (administrativos e xudiciais) que interveñen nas relacións laborais.

• Análise da relación laboral individual.

• Dereitos e deberes derivados da relación laboral.

• Análise dun convenio colectivo aplicable ao ámbito profesional da titulación de técnico superior en realización de proxectos audiovisuais e espectáculos.

• Modalidades de contrato de traballo e medidas de fomento da contratación.

• Análise das principais condicións de traballo: clasificación e promoción profesional, tempo de traballo, retribución etc.

• Modificación, suspensión e extinción do contrato de traballo.

• Sindicatos e asociacións empresariais.

• Representación das persoas traballadoras na empresa.

• Conflitos colectivos.

• Novos contornos de organización do traballo.

BC3. Seguridade Social, emprego e desemprego.

• A Seguridade Social como piar do Estado social.

• Estrutura do sistema da Seguridade Social.

• Determinación das principais obrigas das persoas empresarias e das traballadoras en materia de seguridade social.

• Protección por desemprego.

• Prestacións contributivas da Seguridade Social.

BC4. Procura activa de emprego.

• Coñecemento dos propios intereses e das propias capacidades formativo-profesionais.

Importancia da formación permanente para a traxectoria laboral e profesional das persoas coa titulación de técnico superior en realización de proxectos audiovisuais e espectáculos.

• Oportunidades de aprendizaxe e emprego en Europa.

• Itinerarios formativos relacionados coa titulación de técnico superior en realización de proxectos audiovisuais e espectáculos.

• Definición e análise do sector profesional do título de técnico superior en realización de proxectos audiovisuais e espectáculos.

• Proceso de toma de decisións.

• Proceso de procura de emprego no sector de actividade.

• Técnicas e instrumentos de procura de emprego.

1.11.3. Orientacións pedagóxicas.

Este módulo profesional contén a formación necesaria para que o alumnado se poida inserir laboralmente e desenvolver a súa carreira profesional no sector de produción e realización de audiovisuais e espectáculos.

A formación do módulo contribúe a alcanzar os obxectivos xerais q), s) e w) do ciclo formativo e as competencias m), n) e p).

As liñas de actuación no proceso de ensino e aprendizaxe que permiten alcanzar os obxectivos do módulo deben versar sobre:

– O manexo das fontes de información para a elaboración de itinerarios formativo-profesionalizadores, en especial no referente ao sector de produción e realización de audiovisuais e espectáculos.

– A posta en práctica de técnicas activas de procura de emprego:

▪ A realización de probas de orientación e dinámicas sobre as propias aspiracións, competencias e capacidades.

▪ O manexo de fontes de información, incluídos os recursos da internet para a procura de emprego.

▪ A preparación e realización de cartas de presentación e currículos (potenciarase o emprego doutros idiomas oficiais na Unión Europea no manexo de información e elaboración do currículo Europass).

– A familiarización coas probas de selección de persoal, en particular a entrevista de traballo.

– A identificación de ofertas de emprego público ás cales se pode acceder en función da titulación, e resposta á súa convocatoria.

– A formación de equipos na aula para a realización de actividades mediante o emprego de técnicas de traballo en equipo.

– O estudo das condicións de traballo do sector de produción e realización de audiovisuais e espectáculos a través do manexo da normativa laboral, dos contratos máis comunmente utilizados e do convenio colectivo de aplicación no sector de produción e realización de audiovisuais e espectáculos.

– A superación de calquera forma de discriminación no acceso ao emprego e no desenvolvemento profesional.

– A análise da normativa de prevención de riscos laborais que lle permita a avaliación dos riscos derivados das actividades desenvolvidas no sector produtivo, así como a colaboración na definición dun plan de prevención para a empresa e das medidas necesarias para a súa posta en práctica.

O correcto desenvolvemento deste módulo exixe a disposición de medios informáticos con conexión á internet e que polo menos dúas sesións de traballo semanais sexan consecutivas.

1.12. Módulo profesional: empresa e iniciativa emprendedora.

• Equivalencia en créditos ECTS: 4.

• Código: – MP0913.

• Duración: 53 horas.

1.12.1. Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación.

• RA1. Desenvolve o seu espírito emprendedor identificando as capacidades asociadas a el e definindo ideas emprendedoras caracterizadas pola innovación e a creatividade.

– CA1.1. Identificouse o concepto de innovación e a súa relación co progreso da sociedade e o aumento no benestar dos individuos.

– CA1.2. Analizouse o concepto de cultura emprendedora e a súa importancia como dinamizadora do mercado laboral e fonte de benestar social.

– CA1.3. Valorouse a importancia da iniciativa individual, a creatividade, a formación, a responsabilidade e a colaboración como requisitos indispensables para ter éxito na actividade emprendedora.

– CA1.4. Analizáronse as características das actividades emprendedoras no sector de produción e realización de audiovisuais e espectáculos.

– CA1.5. Valorouse o concepto de risco como elemento inevitable de toda actividade emprendedora.

– CA1.6. Valoráronse ideas emprendedoras caracterizadas pola innovación, pola creatividade e pola súa factibilidade.

– CA1.7. Decidiuse, a partir das ideas emprendedoras, unha determinada idea de negocio do ámbito da realización de proxectos audiovisuais e espectáculos, que debe servir de punto de partida para a elaboración do proxecto empresarial.

– CA1.8. Analizouse a estrutura dun proxecto empresarial e valorouse a súa importancia como paso previo á creación dunha pequena empresa.

• RA2. Decide a oportunidade de creación dunha pequena empresa para o desenvolvemento da idea emprendedora, tras a análise da relación entre a empresa e o contorno, do proceso produtivo, da organización dos recursos humanos e dos valores culturais e éticos.

– CA2.1. Valorouse a importancia das pequenas e medianas empresas no tecido empresarial galego.

– CA2.2. Analizouse o impacto ambiental da actividade empresarial e a necesidade de introducir criterios de sustentabilidade nos principios de actuación das empresas.

– CA2.3. Identificáronse os principais compoñentes do contorno xeral que rodea a empresa e, en especial, nos aspectos tecnolóxico, económico, social, ambiental, demográfico e cultural.

– CA2.4. Apreciouse a influencia na actividade empresarial das relacións coa clientela, con provedores, coas administracións públicas, coas entidades financeiras e coa competencia como principais integrantes do contorno específico.

– CA2.5. Determináronse os elementos do contorno xeral e específico dunha pequena ou mediana empresa de realización de proxectos audiovisuais e espectáculos en función da súa posible localización.

– CA2.6. Analizouse o fenómeno da responsabilidade social das empresas e a súa importancia como un elemento da estratexia empresarial.

– CA2.7. Valorouse a importancia do balance social dunha empresa relacionada coa realización de proxectos audiovisuais e espectáculos e describíronse os principais custos sociais en que incorren estas empresas, así como os beneficios sociais que producen.

– CA2.8. Identificáronse, en empresas de realización de proxectos audiovisuais e espectáculos, prácticas que incorporen valores éticos e sociais.

– CA2.9. Definíronse os obxectivos empresariais incorporando valores éticos e sociais.

– CA2.10. Analizáronse os conceptos de cultura empresarial e de comunicación e imaxe corporativas, así como a súa relación cos obxectivos empresariais.

– CA2.11. Describíronse as actividades e os procesos básicos que se realizan nunha empresa de realización de proxectos audiovisuais e espectáculos e delimitáronse as relacións de coordinación e dependencia dentro do sistema empresarial.

– CA2.12. Elaborouse un plan de empresa que inclúa a idea de negocio, a localización, a organización do proceso produtivo e dos recursos necesarios, a responsabilidade social e o plan de mercadotecnia.

• RA3. Selecciona a forma xurídica tendo en conta as implicacións legais asociadas e o proceso para a súa constitución e posta en marcha.

– CA3.1. Analizouse o concepto de persoa empresaria, así como os requisitos que cómpren para desenvolver a actividade empresarial.

– CA3.2. Analizáronse as formas xurídicas da empresa e determináronse as vantaxes e as desvantaxes de cada unha en relación coa súa idea de negocio.

– CA3.3. Valorouse a importancia das empresas de economía social no sector de produción e realización de audiovisuais e espectáculos.

– CA3.4. Especificouse o grao de responsabilidade legal das persoas propietarias da empresa en función da forma xurídica elixida.

– CA3.5. Diferenciouse o tratamento fiscal establecido para cada forma xurídica de empresa.

– CA3.6. Identificáronse os trámites exixidos pola lexislación para a constitución dunha pequena ou mediana empresa en función da súa forma xurídica.

– CA3.7. Identificáronse as vías de asesoramento e xestión administrativa externas á hora de pór en marcha unha pequena ou mediana empresa.

– CA3.8. Analizáronse as axudas e subvencións para a creación e posta en marcha de empresas de realización de proxectos audiovisuais e espectáculos tendo en conta a súa localización.

– CA3.9. Incluíuse no plan de empresa información relativa á elección da forma xurídica, aos trámites administrativos, ás axudas e ás subvencións.

• RA4. Realiza actividades de xestión administrativa e financeira básica dunha pequena ou mediana empresa, identifica as principais obrigas contables e fiscais e formaliza a documentación.

– CA4.1. Analizáronse os conceptos básicos de contabilidade, así como as técnicas de rexistro da información contable: activo, pasivo, patrimonio neto, ingresos, gastos e contas anuais.

– CA4.2. Describíronse as técnicas básicas de análise da información contable, en especial no referente ao equilibrio da estrutura financeira e á solvencia, á liquidez e á rendibilidade da empresa.

– CA4.3. Definíronse as obrigas fiscais (declaración censual, IAE, liquidacións trimestrais, resumos anuais etc.) dunha pequena e dunha mediana empresa relacionada coa realización de proxectos audiovisuais e espectáculos e diferenciáronse os tipos de impostos no calendario fiscal (liquidacións trimestrais e liquidacións anuais).

– CA4.4. Formalizouse con corrección, mediante procesos informáticos, a documentación básica de carácter comercial e contable (notas de pedido, albarás, facturas, recibos, cheques, obrigas de pagamento e letras de cambio) para unha pequena e unha mediana empresa de realización de proxectos audiovisuais e espectáculos e describíronse os circuítos que recorre esa documentación na empresa.

– CA4.5. Elaborouse o plan financeiro e analizouse a viabilidade económica e financeira do proxecto empresarial.

1.12.2. Contidos básicos.

BC1. Iniciativa emprendedora.

• Innovación e desenvolvemento económico. Principais características da innovación na actividade de realización de proxectos audiovisuais e espectáculos (materiais, tecnoloxía, organización da produción etc.).

• A cultura emprendedora na Unión Europea, en España e en Galicia.

• Factores clave das persoas emprendedoras: iniciativa, creatividade, formación, responsabilidade e colaboración.

• Actuación das persoas emprendedoras no sector de produción e realización de audiovisuais e espectáculos.

• O risco como factor inherente á actividade emprendedora.

• Valoración do traballo por conta propia como fonte de realización persoal e social.

• Ideas emprendedoras: fontes de ideas, maduración e avaliación destas.

• Proxecto empresarial: importancia e utilidade, estrutura e aplicación no ámbito de realización de proxectos audiovisuais e espectáculos.

BC2. A empresa e o seu contorno.

• A empresa como sistema: concepto, funcións e clasificacións.

• Análise do contorno xeral dunha pequena ou mediana empresa de realización de proxectos audiovisuais e espectáculos: aspectos tecnolóxico, económico, social, ambiental, demográfico e cultural.

• Análise do contorno específico dunha pequena ou mediana empresa de realización de proxectos audiovisuais e espectáculos: clientela, provedores, administracións públicas, entidades financeiras e competencia.

• Localización da empresa.

• A persoa empresaria. Requisitos para o exercicio da actividade empresarial.

• Responsabilidade social da empresa e compromiso co desenvolvemento sustentable.

• Cultura empresarial, comunicación e imaxe corporativas.

• Actividades e procesos básicos na empresa. Organización dos recursos dispoñibles. Externalización de actividades da empresa.

• Descrición dos elementos e estratexias do plan de produción e do plan de márketing.

BC3. Creación e posta en marcha dunha empresa.

• Formas xurídicas das empresas.

• Responsabilidade legal do empresariado.

• A fiscalidade da empresa como variable para a elección da forma xurídica.

• Proceso administrativo de constitución e posta en marcha dunha empresa.

• Vías de asesoramento para a elaboración dun proxecto empresarial e para a posta en marcha da empresa.

• Axudas e subvencións para a creación dunha empresa de realización de proxectos audiovisuais e espectáculos.

• Plan de empresa: elección da forma xurídica, trámites administrativos, e xestión de axudas e subvencións.

BC4. Función administrativa.

• Análise das necesidades de investimento e das fontes de financiamento dunha pequena e dunha mediana empresa no sector de produción e realización de audiovisuais e espectáculos.

• Concepto e nocións básicas de contabilidade: activo, pasivo, patrimonio neto, ingresos, gastos e contas anuais.

• Análise da información contable: equilibrio da estrutura financeira e ratios financeiras de solvencia, liquidez e rendibilidade da empresa.

• Plan financeiro: estudo da viabilidade económica e financeira.

• Obrigas fiscais dunha pequena e dunha mediana empresa.

• Ciclo de xestión administrativa nunha empresa de realización de proxectos audiovisuais e espectáculos: documentos administrativos e documentos de pagamento.

• Coidado na elaboración da documentación administrativo-financeira.

1.12.3. Orientacións pedagóxicas.

Este módulo profesional contén a formación necesaria para desenvolver a propia iniciativa no ámbito empresarial, tanto cara ao autoemprego como cara á asunción de responsabilidades e funcións no emprego por conta allea.

A formación do módulo permite alcanzar os obxectivos xerais o) e v) do ciclo formativo e as competencias k), o) e p).

As liñas de actuación no proceso de ensino e aprendizaxe que permiten alcanzar os obxectivos do módulo deben versar sobre:

– O manexo das fontes de información sobre o sector das empresas de realización de proxectos audiovisuais e espectáculos, incluíndo a análise dos procesos de innovación sectorial en marcha.

– A realización de casos e dinámicas de grupo que permitan comprender e valorar as actitudes das persoas emprendedoras e axustar a súa necesidade ao sector de produción e realización de audiovisuais e espectáculos.

– A utilización de programas de xestión administrativa e financeira para pequenas e medianas empresas do sector.

– A realización dun proxecto empresarial relacionado coa actividade de realización de proxectos audiovisuais e espectáculos composto por un plan de empresa e un plan financeiro e que inclúa todas as facetas de posta en marcha dun negocio.

O plan de empresa incluirá os seguintes aspectos: maduración da idea de negocio, localización, organización da produción e dos recursos, xustificación da súa responsabilidade social, plan de márketing, elección da forma xurídica, trámites administrativos e axudas e subvencións.

O plan financeiro debe incluír o plan de tesouraría, a conta de resultados provisional e o balance previsional, así como a análise da súa viabilidade económica e financeira.

É aconsellable que o proxecto empresarial se vaia realizando conforme se desenvolvan os contidos relacionados nos resultados de aprendizaxe.

O correcto desenvolvemento deste módulo exixe a disposición de medios informáticos con conexión á internet e que polo menos dúas sesións de traballo sexan consecutivas.

1.13. Módulo profesional: formación en centros de traballo.

• Equivalencia en créditos ECTS: 22.

• Código: – MP0914.

• Duración: 384 horas.

1.13.1. Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación.

• RA1. Identifica a estrutura e a organización da empresa en relación co tipo de servizo que presta.

– CA1.1. Identificouse a estrutura organizativa da empresa e as funcións de cada área.

– CA1.2. Comparouse a estrutura da empresa coas organizacións empresariais tipo existentes no sector.

– CA1.3. Relacionáronse as características do servizo e o tipo de clientela co desenvolvemento da actividade empresarial.

– CA1.4. Identificáronse os procedementos de traballo no desenvolvemento da prestación de servizo.

– CA1.5. Valoráronse as competencias necesarias dos recursos humanos para o desenvolvemento óptimo da actividade.

– CA1.6. Valorouse a idoneidade das canles de difusión máis frecuentes nesta actividade.

• RA2. Aplica hábitos éticos e laborais no desenvolvemento da súa actividade profesional de acordo coas características do posto de traballo e cos procedementos establecidos na empresa.

– CA2.1. Recoñecéronse e xustificáronse:

▪ A dispoñibilidade persoal e temporal necesaria no posto de traballo.

▪ As actitudes persoais (puntualidade, empatía etc.) e profesionais (orde, limpeza, responsabilidade etc.) necesarias para o posto de traballo.

▪ Os requisitos actitudinais ante a prevención de riscos na actividade profesional.

▪ Os requisitos actitudinais referidos á calidade na actividade profesional.

▪ As actitudes relacionais co propio equipo de traballo e coa xerarquía establecida na empresa.

▪ As actitudes relacionadas coa documentación das actividades realizadas no ámbito laboral.

▪ As necesidades formativas para a inserción e a reinserción laboral no ámbito científico e técnico do bo facer profesional.

– CA2.2. Identificáronse as normas de prevención de riscos laborais e os aspectos fundamentais da Lei de prevención de riscos laborais de aplicación na actividade profesional.

– CA2.3. Aplicáronse os equipamentos de protección individual segundo os riscos da actividade profesional e as normas da empresa.

– CA2.4. Mantívose unha actitude de respecto polo ambiente nas actividades desenvolvidas.

– CA2.5. Mantivéronse organizados, limpos e libres de obstáculos o posto de traballo e a área correspondente ao desenvolvemento da actividade.

– CA2.6. Responsabilizouse do traballo asignado interpretando e cumprindo as instrucións recibidas.

– CA2.7. Estableceuse unha comunicación eficaz coa persoa responsable en cada situación e cos membros do equipo.

– CA2.8. Coordinouse co resto do equipo comunicando as incidencias salientables que se presenten.

– CA2.9. Valorouse a importancia da súa actividade e a necesidade de adaptación aos cambios de tarefas.

– CA2.10. Responsabilizouse da aplicación das normas e os procedementos no desenvolvemento do seu traballo.

• RA3. Planifica e dirixe a rodaxe ou a gravación das secuencias dunha obra audiovisual e elabora a documentación técnica necesaria, con xustificación da distribución de sesións en función de criterios de idoneidade e rendibilidade.

– CA3.1. Analizáronse os criterios formais e estéticos do proxecto, atendendo aos aspectos de época, referencias históricas, estilos artísticos e de iluminación, natureza do segmento sonoro e escenografía.

– CA3.2. Asignáronse os recursos humanos e materiais e o tempo necesario para o rexistro de cada secuencia de produción do proxecto de cine, vídeo ou multimedia, a partir das listas de desagregación.

– CA3.3. Elaborouse o plan de rodaxe ou gravación, axustándose ao orzamento establecido e incluíndo solucións alternativas en previsión das continxencias.

– CA3.4. Realizáronse ensaios con persoal técnico e artístico para valorar a correcta execución das operacións de índole técnica e artística e o seu axuste á posta en escena, avaliando tempos e duracións.

– CA3.5. Dirixiuse o proceso de rodaxe ou gravación das tomas, controlando a interpretación, a acción, a utilización de armas ou efectos especiais e o movemento ou uso de vehículos e semoventes, entre outros aspectos.

– CA3.6. Valorouse a toma realizada e o seu control de son e procedeuse á súa repetición ata a disposición da toma correcta.

– CA3.7. Realizouse o proceso de xestión, conservación e arquivamento do material audiovisual xerado durante a rodaxe ou a gravación para posteriores usos e adecuacións.

• RA4. Planifica e realiza o desenvolvemento espacial e temporal da realización multicámara en control, relacionando a coordinación das intervencións técnicas coa consecución das intencións comunicativas do programa de televisión.

– CA4.1. Desenvolveuse a escaleta dun programa de televisión a partir da desagregación do guión.

– CA4.2. Xestionouse a consecución dos materiais necesarios na preprodución dun programa de televisión e unificáronse os formatos de orixe.

– CA4.3. Planificouse a colocación das cámaras e a súa cobertura, os movementos, a colocación de persoas ou personaxes, as condicións técnicas da toma de son e os efectos de iluminación.

– CA4.4. Controlouse, durante a realización ou emisión dun programa, a reprodución e emisión de pezas de vídeos, as fontes utilizadas e as actuacións artísticas.

– CA4.5. Realizáronse programas de televisión en multicámara xestionando todos os recursos humanos e técnicos que interveñen no proceso.

– CA4.6. Determinouse a configuración dos equipamentos auxiliares, servidores e sistemas virtuais de redacción e edición, e a monitorización en multipantalla.

• RA5. Planifica e realiza o proceso de montaxe e posprodución dun programa audiovisual, tendo en conta a relación entre as características das plataformas de edición e o cumprimento dos obxectivos técnicos do proxecto.

– CA5.1. Definíronse os formatos de vídeo, de arquivo de creación de gráficos e de son para a realización da montaxe dun produto audiovisual.

– CA5.2. Minutouse, describiuse e compactouse pertinentemente o contido dos soportes físicos para a súa posterior identificación na montaxe.

– CA5.3. Elaborouse o plan de montaxe e posprodución dun programa audiovisual, verificando a dispoñibilidade e a calidade técnica de todas as imaxes, o audio e o material gráfico.

– CA5.4. Configuráronse os compoñentes do sistema de edición en parámetros tales como código de tempo, selección de fluxos de entrada e saída, remotamento de dispositivos e axustes de sincronización etc.

– CA5.5. Realizouse a montaxe ou posprodución dun produto audiovisual de acordo co estándar de calidade requirido na documentación do proxecto.

– CA5.6. Integráronse na montaxe efectos xerados in situ ou procedentes dunha plataforma externa, así como gráficos e rotulación procedentes de equipamentos xeradores de caracteres ou de plataformas de grafismo e rotulación externas.

– CA5.7. Adecuáronse as características do máster dun produto aos formatos e ás tecnoloxías que se empregan na exhibición audiovisual.

• RA6. Planifica os ensaios e rexe a representación dun espectáculo ou evento, analizando os requisitos artísticos e técnicos do proxecto.

– CA6.1. Elaborouse a desagregación do persoal técnico que intervén, en relación coas accións que debe desenvolver en cada momento do ensaio ou representación do espectáculo ou evento.

– CA6.2. Redactouse o primeiro libro de rexedoría anotando os cambios formulados por dirección, a orde das escenas, as entradas e saídas de personaxes, cambios de escenografía, aderezos, son, luminotecnia, descansos e efectos.

– CA6.3. Planificáronse os ensaios dun proxecto de espectáculo en vivo ou evento, tendo en conta a regulamentación e a lexislación laboral nas artes escénicas, a habilitación dos espazos de traballo e o cumprimento das disposicións de prevención de riscos laborais.

– CA6.4. Desenvolveuse o proceso completo de creación dunha escaleta para a presentación dun produto nun evento ou espectáculo multimedia.

– CA6.5. Planificouse a realización da pasada para supervisar o funcionamento de todos os elementos artísticos e técnicos que interveñen na representación.

– CA6.6. Estableceuse a orde das accións que cumpra seguir durante a representación do espectáculo ou evento.

– CA6.7. Redactouse o libro final de rexedoría como base para a posta en marcha de posteriores representacións do espectáculo ou evento.

– CA6.8. Elaborouse a ficha completa ou ríder do espectáculo ou evento para a súa adaptación a un novo espazo escénico.

1.13.2. Orientacións pedagóxicas.

Este módulo profesional contribúe a completar as competencias deste título e os obxectivos xerais do ciclo, tanto os que se alcanzasean no centro educativo como os de difícil consecución nel.

2. Anexo II.

A) Espazos mínimos.

Espazo formativo

Superficie en m2

(30 alumnos/as)

Superficie en m2

(20 alumnos/as)

Grao de utilización

Aula polivalente

60

40

32 %

Aula técnica de imaxe e son

90

60

17 %

Estudios de producións audiovisuais

180

180

20 %

Salas de montaxe e posprodución

90

90

17 %

Aula escenario

170

150

14 %

• A consellería con competencias en materia de educación poderá autorizar unidades para menos de trinta postos escolares, polo que será posible reducir os espazos formativos proporcionalmente ao número de alumnos e alumnas, tomando como referencia para a determinación das superficies necesarias as cifras indicadas nas columnas segunda e terceira da táboa.

• O grao de utilización expresa en tanto por cento a ocupación en horas do espazo prevista para a impartición das ensinanzas no centro educativo, por un grupo de alumnado, respecto da duración total destas.

• Na marxe permitida polo grao de utilización, os espazos formativos establecidos poden ser ocupados por outros grupos de alumnos ou alumnas que cursen o mesmo ou outros ciclos formativos, ou outras etapas educativas.

• En todo caso, as actividades de aprendizaxe asociadas aos espazos formativos (coa ocupación expresada polo grao de utilización) poderán realizarse en superficies utilizadas tamén para outras actividades formativas afíns.

B) Equipamentos mínimos.

Equipamento

– Equipamentos audiovisuais de videoproxección.

– Sistema de monitorización de vídeo e de audio con sistema de amplificación.

– Equipamentos informáticos en rede e con conexión á internet. Impresora láser. Escáner.

– Moblaxe axeitada para cada espazo.

– Software de propósito xeral e software específico de carácter profesional para a realización de efectos especiais de imaxe, para a autoría de DVD, para a planificación, produción, xestión e realización de proxectos audiovisuais e de espectáculos e para a xeración, o tratamento, a edición e a posprodución de imaxe fixa, de imaxe móbil e de son.

– Videocámaras en configuración de estudio con trípodes ou pedestais, con posibilidades de autocúe e de utilización de cámara no ombro.

– Carro de travelling lixeiro.

– Pluma lixeira sobre trípode ou guindastre pequeno.

– Elementos de reflexión: reflectores encartables, pantallas de reflexión e palio de dous por dous metros.

– Elementos de corte consistente en chapas Cremer, bandeiras de diversos tamaños, gasas e sedas.

– Fotómetro de luz incidente, fotómetro de luz reflectida tipo spot e termocolorímetro.

– Sistema de intercomunicación.

– Mesturador de vídeo.

– Sistemas externos de almacenamento de datos con entradas e saídas de imaxe e son.

– Titulador.

– Sistema de autocúe.

– Mesa de mesturas de audio.

– Control de cámaras con monitor de vídeo, preselector e rasterizador ou monitor de forma de onda con vectorscopio.

– Monitores de campo con alimentación.

–Camascopios compactos HD con trípodes, baterías, cargador, fontes de alimentación, fundas de chuvia e bolsas de transporte.

– Sistema de microfonía sen fíos, micrófono dinámico direccional e micrófono de gravata, pértega, zeppelin, suspensións e sistema portátil de gravación de son.

– Sala de maquillaxe que inclúa butacas para maquillaxe, espellos, iluminación específica, lavabo de peiteado, camerino e ducha.

– Equipamentos de edición individual.

– Estruturas Truss.

– Grella e proxectores (Fresnel, PC, canón de seguimento, recortes, fluorescentes e asimétricos), bandeiras, accesorios de control do feixe luminoso, filtros e sistema de regulación da iluminación mediante dimmers e mesa de luces.

– Maquinaria escénica cun mínimo de tres varas, en tear.

– Sistema de reprodución e control de son.

– Cámara negra.

3. Anexo III.

A) Especialidades do profesorado con atribución docente nos módulos profesionais do ciclo formativo de grao superior de realización de proxectos audiovisuais e espectáculos.

Módulo profesional

Especialidade do profesorado

Corpo

• MP0902. Planificación da realización en cine e vídeo.

Procesos e medios de comunicación.

Catedráticos/as de ensino secundario

Profesorado de ensino secundario.

• MP0903. Procesos de realización en cine e vídeo.

Procesos e medios de comunicación.

Catedráticos/as de ensino secundario

Profesorado de ensino secundario.

• MP0904. Planificación da realización en televisión.

Técnicas e procedementos de imaxe e son.

Profesorado técnico de formación profesional.

• MP0905. Procesos de realización en televisión.

Técnicas e procedementos de imaxe e son.

Profesorado técnico de formación profesional.

• MP0906. Planificación da montaxe e a posprodución de audiovisuais.

Técnicas e procedementos de imaxe e son.

Profesorado técnico de formación profesional.

• MP0907. Realización da montaxe e posprodución de audiovisuais.

Técnicas e procedementos de imaxe e son.

Profesorado técnico de formación profesional.

• MP0908. Planificación da rexedoría de espectáculos e eventos.

Procesos e medios de comunicación.

Catedráticos/as de ensino secundario.

Profesorado de ensino secundario.

• MP0909. Procesos de rexedoría de espectáculos e eventos.

Procesos e medios de comunicación.

Catedráticos/as de ensino secundario.

Profesorado de ensino secundario.

• MP0910. Medios técnicos audiovisuais e escénicos.

Procesos e medios de comunicación.

Catedráticos/as de ensino secundario.

Profesorado de ensino secundario.

• MP0911. Proxecto de realización de proxectos de audiovisuais e espectáculos.

Procesos e medios de comunicación.

Catedráticos/as de ensino secundario.

Profesorado de ensino secundario.

Técnicas e procedementos de imaxe e son.

Profesorado técnico de formación profesional.

• MP0912. Formación e orientación laboral.

Formación e orientación laboral.

Catedráticos/as de ensino secundario.

Profesorado de ensino secundario.

• MP0913. Empresa e iniciativa emprendedora.

Formación e orientación laboral.

Catedráticos/as de ensino secundario.

Profesorado de ensino secundario.

B) Titulacións equivalentes para efectos de docencia.

Corpos

Especialidades

Titulacións

• Profesorado de ensino secundario.

Formación e orientación laboral.

– Diplomado/a en ciencias empresariais.

– Diplomado/a en relacións laborais.

– Diplomado/a en traballo social.

– Diplomado/a en educación social.

– Diplomado/a en xestión e administración pública.

C) Titulacións requiridas para a impartición dos módulos profesionais que conforman o título para os centros de titularidade privada e doutras administracións distintas da educativa e orientacións para a Administración educativa.

Módulos profesionais

Titulacións

• MP0902. Planificación da realización en cine e vídeo.

• MP0903. Procesos de realización en cine e vídeo.

• MP0908. Planificación da rexedoría de espectáculos e eventos.

• MP0909. Procesos de rexedoría de espectáculos e eventos.

• MP0910. Medios técnicos audiovisuais e escénicos.

• MP0912. Formación e orientación laboral.

• MP0913. Empresa e iniciativa emprendedora.

• Licenciado/a, enxeñeiro/a, arquitecto/a ou o título de grao correspondente, ou outros títulos equivalentes para os efectos de docencia.

• MP0904. Planificación da realización en televisión.

• MP0905. Procesos de realización en televisión.

• MP0906. Planificación da montaxe e a posprodución de audiovisuais.

• MP0907. Realización da montaxe e posprodución de audiovisuais.

• MP0911. Proxecto de realización de proxectos de audiovisuais e espectáculos.

• Licenciado/a, enxeñeiro/a, arquitecto/a ou o título de grao correspondente, ou outros títulos equivalentes.

• Diplomado/a, enxeñeiro/a técnico/a ou arquitecto/a técnico/a, ou o título de grao correspondente, ou outros títulos equivalentes.

4. Anexo IV.

Validacións entre módulos profesionais de títulos establecidos ao abeiro da Lei orgánica 1/1990 (LOXSE) e os establecidos no título de técnico superior en realización de proxectos audiovisuais e espectáculos ao abeiro da Lei orgánica 2/2006.

Módulos profesionais incluídos nos ciclos formativos establecidos na LOXSE

Módulos profesionais do ciclo formativo (LOE):

realización de proxectos audiovisuais e espectáculos

• Realización en cine e vídeo.

• MP0902. Planificación da realización en cine e vídeo.

• MP0903. Procesos de realización en cine e vídeo.

• Realización en televisión.

• MP0904. Planificación da realización en televisión.

• MP0905. Procesos de realización en televisión.

• Montaxe, edición e posprodución de audiovisuais.

• MP0906. Planificación da montaxe e a posprodución de audiovisuais.

• MP0907. Realización da montaxe e posprodución de audiovisuais.

• Sistemas técnicos de realización.

• MP0910. Medios técnicos audiovisuais e escénicos.

• Formación en centro de traballo do título de técnico superior en realización de audiovisuais e espectáculos.

• MP0914. Formación en centros de traballo.

5. Anexo V.

A) Correspondencia das unidades de competencia acreditadas consonte o establecido no artigo 8 da Lei orgánica 5/2002, do 19 de xuño, cos módulos profesionais para a súa validación.

Unidades de competencia acreditadas

Módulos profesionais validables

• UC0700_3: determinar os recursos necesarios para o desenvolvemento do proxecto audiovisual.

• UC0701_3: coordinar a dispoñibilidade e a adecuación dos recursos humanos, técnicos e artísticos necesarios para a rodaxe ou a gravación.

• MP0902. Planificación da realización en cine e vídeo.

• UC0702_3: organizar e controlar a rodaxe ou a gravación e o proceso de posprodución.

• MP0903. Procesos de realización en cine e vídeo.

• UC0216_3: coordinar o desenvolvemento das necesidades de realización dunha produción televisiva, do espazo escénico e da posta en escena nas localizacións.

• MP0904. Planificación da realización en televisión.

• UC0217_3: asistir no control de realización dunha produción televisiva mediante o control de medios técnicos e humanos.

• UC0218_3: participar na posprodución de produtos televisivos.

• MP0905. Procesos de realización en televisión.

• UC0947_3: planificar o proceso de montaxe e posprodución dun produto audiovisual.

• UC0948_3: preparar os materiais e os efectos necesarios para a montaxe e a posprodución.

• MP0906. Planificación da montaxe e a posprodución de audiovisuais.

• UC0949_3: realizar a montaxe integrando ferramentas de posprodución e materiais de procedencia diversa.

• UC0950_3: coordinar os procesos finais de montaxe e posprodución ata xerar o produto audiovisual final.

• MP0907. Realización da montaxe e posprodución de audiovisuais.

• UC1420_3: determinar as necesidades técnicas e artísticas e planificar os ensaios de espectáculos en vivo e eventos.

• MP0908. Planificación da rexedoría de espectáculos e eventos.

• UC1421_3: rexer e supervisar os procesos técnicos e artísticos na preparación e no desenvolvemento dos ensaios de espectáculos en vivo e eventos.

• UC1422_3: rexer e supervisar os procesos técnicos e artísticos na execución de espectáculos en vivo e eventos, en local estable e en xira.

• MP0909. Procesos de rexedoría de espectáculos e eventos.

Nota: as persoas matriculadas no ciclo formativo de grao superior de técnico superior en realización de proxectos audiovisuais e espectáculos que teñan acreditadas todas as unidades de competencia incluídas no título, de acordo co procedemento establecido no Real decreto 1224/2009, do 17 de xullo, de recoñecemento das competencias profesionais adquiridas por experiencia laboral, terán validado o módulo profesional – MP0910. Medios técnicos audiovisuais e escénicos.

B) Correspondencia dos módulos profesionais coas unidades de competencia para a súa acreditación

Módulos profesionais superados

Unidades de competencia acreditables

• MP0902. Planificación da realización en cine e vídeo.

• UC0700_3: determinar os recursos necesarios para o desenvolvemento do proxecto audiovisual.

• UC0701_3: coordinar a dispoñibilidade e a adecuación dos recursos humanos, técnicos e artísticos necesarios para a rodaxe ou a gravación.

• MP0903. Procesos de realización en cine e vídeo.

• UC0702_3: organizar e controlar a rodaxe ou a gravación e o proceso de posprodución.

• MP0904. Planificación da realización en televisión.

• UC0216_3: coordinar o desenvolvemento das necesidades de realización dunha produción televisiva, do espazo escénico e da posta en escena nas localizacións.

• MP0905. Procesos de realización en televisión.

• UC0217_3: asistir no control de realización dunha produción televisiva mediante o control de medios técnicos e humanos.

• UC0218_3: participar na posprodución de produtos televisivos.

• MP0906. Planificación da montaxe e a posprodución de audiovisuais.

• UC0947_3: planificar o proceso de montaxe e posprodución dun produto audiovisual.

• UC0948_3: preparar os materiais e os efectos necesarios para a montaxe e a posprodución.

• MP0907. Realización da montaxe e posprodución de audiovisuais.

• UC0949_3: realizar a montaxe integrando ferramentas de posprodución e materiais de procedencia diversa.

• UC0950_3: coordinar os procesos finais de montaxe e posprodución ata xerar o produto audiovisual final.

• MP0908. Planificación da rexedoría de espectáculos e eventos.

• UC1420_3: determinar as necesidades técnicas e artísticas e planificar os ensaios de espectáculos en vivo e eventos.

• MP0909. Procesos de rexedoría de espectáculos e eventos.

• UC1421_3: rexer e supervisar os procesos técnicos e artísticos na preparación e no desenvolvemento dos ensaios de espectáculos en vivo e eventos.

• UC1422_3: rexer e supervisar os procesos técnicos e artísticos na execución de espectáculos en vivo e eventos, en local estable e en xira.

6. Anexo VI.

Organización dos módulos profesionais do ciclo formativo de grao superior de realización de proxectos audiovisuais e espectáculos para o réxime ordinario.

Curso

Módulo

Duración

Especialidade do profesorado

• MP0902. Planificación da realización en cine e vídeo

160

Procesos e medios de comunicación

• MP0904. Planificación da realización en televisión

160

Técnicas e procedementos de imaxe e son

• MP0906. Planificación da montaxe e a posprodución de audiovisuais

186

Técnicas e procedementos de imaxe e son

• MP0908. Planificación da rexedoría de espectáculos e eventos

160

Procesos e medios de comunicación

• MP0910. Medios técnicos audiovisuais e escénicos

187

Procesos e medios de comunicación

• MP0912. Formación e orientación laboral

107

Formación e orientación laboral

Total 1º

(FCE)

960

• MP0903. Procesos de realización en cine e vídeo

157

Procesos e medios de comunicación

• MP0905. Procesos de realización en televisión

140

Técnicas e procedementos de imaxe e son

• MP0907. Realización da montaxe e posprodución de audiovisuais

140

Técnicas e procedementos de imaxe e son

• MP0909. Procesos de rexedoría de espectáculos e eventos

140

Procesos e medios de comunicación

• MP0913. Empresa e iniciativa emprendedora

53

Formación e orientación laboral

Total 2º

(FCE)

630

• MP0911. Proxecto de realización de proxectos de audiovisuais e espectáculos

26

Procesos e medios de comunicación

Técnicas e procedementos de imaxe e son

• MP0914. Formación en centros de traballo

384

7. Anexo VII.

Organización dos módulos profesionais en unidades formativas de menor duración.

Módulo profesional

Unidades formativas

Duración

• MP0906. Planificación da montaxe e da posprodución de audiovisuais

• MP0906_12. Planificación da montaxe de audiovisuais

100

• MP0906_22. Planificación da posprodución de audiovisuais

86

• MP0907. Realización da montaxe e posprodución de audiovisuais

• MP0907_12. Realización da montaxe de audiovisuais

90

• MP0907_22. Realización da posprodución de audiovisuais

50

• MP0912. Formación e orientación laboral

• MP0912_12. Prevención de riscos laborais

45

• MP0912_22. Equipos de traballo, dereito do traballo e da Seguridade Social e procura de emprego

62