Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Venres, 7 de xuño de 2013 Páx. 21385

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (205/2012).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento execución de títulos xudiciais 205/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Sonia Vila Muñiz contra a empresa Servanza, S.L., sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución, que é do seguinte teor literal:

«Dilixencia de ordenación.

Secretaria xudicial: Susana Varela Amboage.

Santiago de Compostela, 20 de maio de 2013.

A traballadora Sonia Vila Muñiz presentou escrito en que exixía o cumprimento polo empresario Servanza, S.L. da obriga de readmisión, e despachado auto de execución de sentenza, de conformidade co artigo 280 da LXS, acordo:

Citar de comparecencia as partes e o Fondo de Garantía Salarial coas advertencias legais e facéndolles saber que deben asistir cos medios de proba de que se intenten valer, e fixo o vindeiro día 17.6.2013 ás 8.55 horas para a comparecencia.

De non asistir/en o/os traballador/es ou persoa que o/s represente, considerarase que desiste/n na súa solicitude; se non o fai o empresario ou o seu representante, terá lugar o acto sen a súa presenza.

Así mesmo, acordo a citación da demanda por medio de edictos.

Notifíquese ás partes e fágaselles saber que en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións intentadas neles sen efecto serán válidas ata que non sexan facilitados outros datos alternativos, e será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similar, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación. Mediante recurso de reposición que se deberá interpor ante quen dita esta resolución, no prazo dos tres días hábiles seguintes ao da súa notificación, con expresión da infracción que contén a xuízo do recorrente, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución contra a cal se recorreu.

A secretaria xudicial».

Y para que sirva de citación en legal forma a Servanza, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial.

Santiago de Compostela, 20 de maio de 2013

A secretaria xudicial