Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Venres, 7 de xuño de 2013 Páx. 21400

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ACORDO do 23 de maio de 2013, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se comunica a proposta de resolución do expediente sancionador E.S. 40/13 seguido a Areas, S.A. (estación de servizo).

Notifícaselle á denunciada cos datos e último enderezo coñecido que se sinalan no anexo, a notificación da proposta da resolución ditada polo instrutor do expediente que se cita e que na súa parte dispositiva di: «Sancionar a Areas, S.A. coa multa de 6.000,00 (seis mil) euros como responsable da infracción administrativa especificada nos fundamentos xurídicos desta proposta de resolución».

Os interesados dispoñen do prazo de quince días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación deste acordo para presentar alegacións. No prazo de quince días hábiles, ao remate dese prazo, o xefe territorial da Consellería de Economía e Industria, ditará a resolución definitiva que corresponda.

A Coruña, 23 de maio de 2013

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Expediente sancionador: E.S. 40/13.

Denunciada: Areas, S.A.

Infración: deficiencias nas instalacións da subministración de auga e aire.