Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Xoves, 6 de xuño de 2013 Páx. 20978

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ourol

ANUNCIO de información pública sobre ampliación de explotación gandeira de vacún de carne en Cerdeiras, O Cañizo (Miñotos).

Ignacio Porto Calvo solicitou desta alcaldía licenza municipal para ampliación de explotación gandeira de vacún de carne situada en Cerdeiras, O Cañizo (Miñotos), parcela 546-polígono 9, Ourol.

De conformidade co disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, de avaliación de incidencia ambiental, sométese a información publica durante un período de vinte días hábiles, co fin de que durante este –que empezará a contarse desde o día seguinte ao da inserción deste anuncio no Boletín Oficial da provincia e no Diario Oficial de Galicia– poidan examinar o expediente, na Secretaría deste concello, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas polas actividades que se pretenden instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que xulguen oportunas.

Ourol, 29 de maio de 2013

Marcial Sanjurjo Fernández
Alcalde presidente