Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Xoves, 6 de xuño de 2013 Páx. 20979

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Santiago de Compostela

ANUNCIO de información pública (LAP/362/2012).

Talleres Uzalvi, S.L. solicitou licenza de legalización para nave taller de reparación de vehículos en Vía Isaac Peral, 36, Santiago de Compostela (A Coruña). De conformidade co Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por un prazo de vinte días hábiles para que todas as persoas que se encontren afectadas poidan formular por escrito as reclamacións que consideren pertinentes. O correspondente expediente LAP/362/2012 pode consultarse no Negociado de Aperturas deste concello.

Santiago de Compostela, 15 de maio de 2013

P.D. (Xunta de Goberno da cidade de Santiago de Compostela
do 28 de febreiro de 2013)
María Pardo Valdés
Concelleira delegada da Área de Desenvolvemento Urbano e Sostible