Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Xoves, 6 de xuño de 2013 Páx. 20971

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Alfoz

ANUNCIO de información pública sobre o estudo individualizado da delimitación do núcleo rural da Faia-A Igrexa (Bacoi).

De conformidade co establecido na disposición adicional segunda da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, modificada pola Lei 2/2010, do 25 de marzo, sométese a información pública durante un mes o estudo individualizado da delimitación do núcleo rural da Faia-A Igrexa na parroquia de Bacoi.

Durante o dito prazo poderanse presentar alegacións.

Alfoz, 26 de abril de 2013

Emilio Lousas Muíña
Alcalde