Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Xoves, 6 de xuño de 2013 Páx. 20967

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 23 de maio de 2013, da Xerencia de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos, pola que se anuncia a contratación dun servizo de seguridade e vixilancia para o Hospital Comarcal de Monforte (AB-HCM1-13-003).

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información.

a) Organismo: Xerencia de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos.

b) Dependencia que tramita o expediente: Unidade de Contratación Administrativa de Monforte de Lemos.

c) Obtención de documentación e información:

1) Dependencia: Unidade de Contratación Administrativa de Monforte de Lemos.

2) Domicilio: Hospital Comarcal de Monforte, Corredoira, s/n.

3) Localidade e código postal: Monforte de Lemos, 27400.

4) Teléfono: 982 41 79 00.

5) Telefax: 982 40 40 06.

6) Correo electrónico: jose.luis.rodriguez.martinez@sergas.es

7) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

8) Data límite da obtención da documentación e información: ata o último día do prazo de presentación de ofertas, todos os días laborables, das 9.00 ás 14.00 horas, agás sábados.

d) Número de expediente: AB-HCM1-13-003.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: procedemento aberto.

b) Descrición: servizo de seguridade e vixilancia para o Hospital Comarcal de Monforte.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: lote único.

d) Lugar de execución/entrega:

1) Domicilio: Hospital Comarcal de Monforte, Corredoira, s/n.

2) Localidade e código postal: Monforte de Lemos, 27400.

e) Prazo de execución: 24 mensualidades contadas desde a data de entrada en vigor.

f) Admisión de prórroga: si.

g) CPV (referencia de nomenclatura): 79710000-4 Servizos de seguridade.

3. Tramitación, procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación, de ser o caso: véxase o punto 6.5 do prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Orzamento base de licitación.

a) Importes: s/IVE: 264.026,40 €; IVE (21 %): 55.445,54 €; c/IVE: 319.471,94 €.

5. Garantías exixidas.

Provisional: non. Definitiva: 5 % do importe de adxudicación do contrato, excluído o IVE.

6. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación, de ser o caso: grupo, subgrupo e categoría: grupo M, subgrupo 2, categoría: b.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional, de ser o caso:

1) Solvencia económica e financeira: véxase o punto 5.3 do prego de cláusulas administrativas particulares.

2) Solvencia técnica e/ou profesional: véxase o punto 5.3 do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Outros requisitos específicos: véxanse os pregos.

d) Contratos reservados: non.

7. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: antes das 14.00 horas do décimo quinto día natural contado a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Modalidade de presentación: a referida no prego de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas.

c) Lugar de presentación: Hospital Comarcal de Monforte.

1) Dependencia: Rexistro Xeral.

2) Domicilio: Corredoira, s/n.

3) Localidade e código postal: Monforte de Lemos, 27400.

4) Enderezo electrónico: jose.luis.rodriguez.martinez@sergas.es

d) Número previsto de empresas que se pretenden invitar para presentaren ofertas (procedemento restrinxido): non procede.

e) Admisión de variantes, se procede: non procede.

f) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dos (2) meses a partir da data da súa apertura.

8. Apertura das ofertas.

a) Enderezo: publicarase no perfil do contratante.

b) Localidade e código postal: publicaranse no perfil do contratante.

c) Data e hora: a data e a hora de apertura dos sobres B e C publicaranse no perfil do contratante.

9. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario.

10. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea (de ser o caso): non procede.

11. Outras informacións.

Lugo, 23 de maio de 2013

Antonio García Quintáns
Xerente de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos