Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Xoves, 6 de xuño de 2013 Páx. 20934

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ORDE do 6 de maio de 2013 pola que se autoriza a transmisión inter vivos da concesión da batea Jua IX.

Visto o expediente instruido a efectos de transmisión da batea Jua IX e da concesión administrativa que o ampara, resulta:

a) Antecedentes de feito.

Primeiro. Mediante escrito do 2.5.2013, Fernando Hermo Suárez e Amalia Torrado Hermo, solicitan autorización para transmisión da concesión e da batea Jua IX.

Segundo. Os informes do servicio de Protección dos Recursos sobre as características da batea do expediente son favorables.

b) Consideracións legais e técnicas.

Primeiro. Este órgano é competente para resolver o expediente de conformidade coa Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia, (DOG nº 243, do 16 de decembro), modificada pola Lei 6/2009, do 11 de decembro (DOG nº 243, do 15 de decembro) e coa Resolución do 12 de abril de 2012, de delegación de sinatura en materia de acuicultura nos titulares das xefaturas de Coordinación da Área do Mar da Consellería do Medio Rural e do Mar.

Segundo. O expediente seguiu todos os trámites establecidos no procedemento administrativo común, coas especialidades previstas no decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia, e na Orde do 15 de xuño de 1999 pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións dos viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia.

Vistas as disposicións citadas, a proposta de resolución elaborada polo Servicio de Recursos Mariños, o artigo 89 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e demais normas de xeral e pertinente aplicación, esta consellería resolve:

Autorizar a transmisión inter vivos, a favor de José Daniel Hermo Torrado (76777416-N) 1/2 privativo e Francisco Javier Hermo Torrado (52453540-Q) 1/2 privativo, do establecemento e da concesión que se indica a seguir:

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: Jua IX.

Ubicación:

Cuadrícula nº: 91.

Polígono: E.

Distrito: Caramiñal, (A Coruña).

Especies autorizadas: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título habilitante: concesión.

Orde outorgamento: 8.3.1967.

Remate vixencia: 15.12.2019.

Actuais titulares: Fernando Hermo Suárez e Amalia Torrado Hermo (33112856-D-76449968-S) 100 % gananciais.

Novos titulares: José Daniel Hermo Torrado (76777416-N) 1/2 privativo e Francisco Javier Hermo Torrado (52453540-Q) 1/2 privativo.

Baixo as seguintes condicións:

Primeira. Os titulares deberán presentar no prazo máximo de un mes, contado desde o día seguinte ao da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia, orixinal ou fotocopia cotexada da seguinte documentación:

a) Documento notarial da transmisión ou doazón.

b) Solicitude ou carta de pagamento do imposto de transmisións patrimoniais ou documento de sucesións.

Segunda. Transcorrido o prazo indicado na condición primeira sen ter aportado a documentación requirida, a autorización quedará sen efecto, logo de comunicación por parte da Consellería.

Terceira. Os novos titulares da concesión quedan subrogados nos dereitos e obrigas dos anteriores, desde o momento de formalización da compra-venda en escritura pública.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante a conselleira do Medio Rural e do Mar, ou recurso contencioso-administrativo ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses, contados en ambos os casos desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e o artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

A Coruña, 6 de maio de 2013

P.D. de sinatura (Resolución do 12 de abril de 2012)
Juan Carlos Barreiro González
Xefe de Coordinación da Área do Mar