Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Mércores, 5 de xuño de 2013 Páx. 20540

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 14 de maio de 2013, da Dirección Xeral de Traballo e Economía Social, pola que se fai público o depósito da modificación dos estatutos da asociación denominada Clúster do Produto Gráfico e do Libro Galego.

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servizo desta dirección xeral se presentou certificación, onde se reflicte o acordo acadado pola asemblea xeral ordinaria na reunión celebrada o 30 de abril de 2013, na cal se recolle o cambio de domicilio social, que pasa a ser en Edificio Feuga, oficina 11, rúa Lope Gómez de Marzoa, s/n, Santiago de Compostela.

Santiago de Compostela, 14 de maio de 2013

Odilo Martiñá Rodríguez
Director xeral de Traballo e Economía Social