Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Martes, 4 de xuño de 2013 Páx. 20384

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 16 de maio de 2013 pola que se dá traslado do acordo de incoación do expediente de reposición da legalidade urbanística IU2/43/2013, devolto polo servizo de Correos por resultar descoñecido o enderezo dos interesados.

O xefe do Servizo de Inspección Urbanística II acordou, o 8 de maio de 2013, incoar expediente de reposición da legalidade urbanística polas obras de ampliación dunha nave industrial no lugar do Pío, parroquia de Bora, na provincia de Pontevedra.

Ao non poderse realizar a notificación persoal daquel acordo aos herdeiros de Inocencia Cortegoso Portela, mediante a presente cédula, e ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselles aos interesados o devandito acordo.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, fáiselles saber aos interesados que o texto íntegro do acordo que se notifica se encontra ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística sitas no Edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

Os interesados disporán dun prazo de 15 días hábiles para alegar e presentar os documentos e informacións que coiden pertinentes e, se é o caso, propor proba concretando os medios de que pretendan valerse.

Para que conste e lles sirva de notificación aos citados interesados, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 16 de maio de 2013

María Martínez Allegue
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística