Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Martes, 4 de xuño de 2013 Páx. 20367

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

EDICTO do 7 de maio de 2013, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se lles require documentación ás persoas solicitantes de diversos procedementos xestionados nesta xefatura territorial.

No uso das competencias atribuídas a esta xefatura territorial, e en virtude do disposto nos artigos 59, 71.1 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ao seren devoltas polo servizo de Correos as notificacións enviadas no seu día cos requirimentos de emenda ditados nos procedementos instados polos/as interesados/as, requírense para que no prazo de dez (10) días contados desde o seguinte ao da data de publicación deste edicto acheguen os documentos que se indican no anexo, advertíndolles que, de non o facer así, se producirán os efectos recollidos no citado anexo. No mesmo prazo antes sinalado, e de acordo co previsto no artigo 61 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, poderán comparecer, persoalmente ou debidamente representados, na Xefatura Territorial de Traballo e Benestar da Coruña (rúa Salvador de Madariaga, nº 9 ).

A Coruña, 7 de maio de 2013

María Pilar Caridad Alonso
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Apelidos e nome

DNI/NIE

Nº expte.

Concello

Documentación requirida

Efectos

Soto Raña, Juan

76272902A

14/J/13

Oroso

Renda 2011, interesado

Desistido

Suárez Fernández, Juan Manuel

35257994Y

107/I/13

Ribeira

Sinatura, DNI e padrón conviventes

Desistido

Duro Rodríguez, Marta María

33295366Z

131/I/13

Santiago de Compostela

Contradición, pensión compensatoria e Inem

Desistido