Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Martes, 4 de xuño de 2013 Páx. 20338

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

CÉDULA do 8 de maio de 2013, do Servizo de Mobilidade da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se notifican as resolucións ditadas nos expedientes sancionadores en materia de transportes terrestres (expediente OU-00827-O-2012 e dous máis).

De conformidade co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que a seguir se relacionan as resolucións que o xefe territorial ditou nos expedientes sancionadores instruídos por infracción da normativa vixente dos transportes terrestres, porque, intentada a notificación, non se puido efectuar.

Fáiselles saber que contra a dita resolución, que non é definitiva na vía administrativa, cabe recurso de alzada, ante o director xeral de Mobilidade, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta cédula.

En caso de conformidade coa resolución sancionadora, o interesado deberá aboar a multa imposta a través dun ingreso en calquera oficina do BBVA, de Caixa Galicia, de Caixanova ou de Banesto, empregando o modelo impreso que se facilitará no Servizo de Mobilidade.

No caso de non presentar recurso de alzada e non pagar a sanción imposta, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento segundo o previsto no artigo 97 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Para que conste e lles sirva de notificación aos interesados, asino e selo esta cédula.

Ourense, 8 de maio de 2013

José Enrique Rivera Sáez
Xefe do Servizo de Mobilidade de Ourense

ANEXO

Expediente

Matrícula

Denunciante

Persoa sancionada

DNI/CIF

Último enderezo coñecido

Infracción cometida

Data-Hora-Estrada-p.q.

Precepto

cualificador

Precepto sancionador

Sanción imposta

OU-00827-O-2012

6308-FWG

Garda Civil

3201 A47914C

Mario Jorge Brandao Parente

X2884685W

R/ Do Facho Beade, 11, 36312 Vigo (Pontevedra)

Minoración ata o 20 % nos períodos de descanso diario obrigatorio (sobre 9 horas). Menos de 8 horas a 7 horas e 12 minutos.

5.6.2012; 13.00; A52; 00203,000

Art. 142.3 LOTT,

art. 199.3 ROTT

Art. 143.1.c) LOTT, art. 201.1.c) ROTT

400 euros

OU-01017-O-2012

5571-HGX

Garda Civil

3203 L24919Z

Ángel González González

51337364F

Avda. de las Naciones, 92-7A, 28943 Fuenlabrada (Madrid)

Levar instalado un tacógrafo carecendo da placa de montaxe ou dalgún dos datos obrigatorios.

21.6.2012; 11.45; A52; 0181,000

Art. 142.25 LOTT en relación co art. 141.5 LOTT, art. 198.5 ROTT

Art. 143.1.f) LOTT, art. 201.1.f) ROTT

301 euros

OU-01371-O-2012

7879-FKD

Garda Civil

3201 I12849B

Europea de Transportes Guerreiro, S.L.

B36982247

Fotógrafo Ángel Llanos, 15-1º B, 36209 Vigo (Pontevedra)

Minoración superior ao 20 % e inferior ou igual ao 50 % nos períodos de descanso diario obrigatorio (sobre 9 horas). Menos de 6 horas a 4 horas e 30 minutos.

23.10.2012; 17.50; A52; 0262,000

Art. 142.25 LOTT en relación co art. 141.6 LOTT, art. 198.6 ROTT

Art. 143.1.f) LOTT, art. 201.1.f) ROTT

400 euros