Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Martes, 4 de xuño de 2013 Páx. 20337

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 30 de abril de 2013, do Servizo de Mobilidade de Lugo, pola que se somete a información pública o expediente de modificación de concesión de servizo público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada V-2006; XG-168.

Ao abeiro do establecido na Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestrres, e no seu Regulamento de execución, aprobado polo Real decreto 1211/1990, do 28 de setembro, iniciouse expediente de modificación da seguinte concesión:

– V-2006; XG-168, Lugo-Navia de Suarna, con anexos, da titularidade de González y de la Riva, S.L.

Os interesados ou afectados no expediente poderán comparecer no procedemento e, tras o exame da documentación pertinente no Servizo de Mobilidade de Lugo (rolda da Muralla, nº 70-2º andar), efectuar as alegacións que consideren oportunas no prazo de quince días, que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Dentro dese mesmo prazo poderase acceder á documentación en soporte electrónico mediante a súa solicitude no enderezo mobilidade.lugo@xunta.es

Lugo, 30 de abril de 2013

María del Pilar Represa Fernández
Xefa do Servizo de Mobilidade de Lugo