Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Luns, 3 de xuño de 2013 Páx. 20166

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Pereiro de Aguiar

ANUNCIO de información pública relativo a un taller mecánico.

Presentado neste concello por Bertólez Neumáticos de Galicia, S.L., con CIF B32334708, representada por Antonio Bertólez Rodríguez, con DNI 34986223A, expediente número 2469/2012, de solicitud de licenza de obras de acondicionamento, apertura y funcionamiento para taller mecánico de reparación de vehículos automóbiles nas ramas de mecánica, electricidade e pneumáticos, na nave existente na parcela nº 34, do polígono de actuación 1, do parque empresarial do Pereiro de Aguiar.

De conformidade co disposto no artigo 8.3º do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación da incidencia ambiental, sométese a información pública o expediente referenciado, durante un prazo de vinte días contado desde o día seguinte ao da publicación deste edicto, para os efectos de que se poida examinar na secretaría deste concello e de que os interesados formulen as alegacións que consideren oportunas.

O Pereiro de Aguiar, 13 de maio de 2013

Eliseo Fernández Gómez
Alcalde