Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Luns, 3 de xuño de 2013 Páx. 20167

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Santa Comba

ANUNCIO de información pública relativo a un taller de maquinaria agrícola.

María Esther Díaz Couto e José Manuel Arufe Rieiro solicitaron desta alcaldía licenza municipal para a apertura dun taller de maquinaria agrícola na paraxe Bouzas de Riba, no lugar de Esmorode-Alón, de acordo co proxecto presentado; en cumprimento do disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, en que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública polo período de vinte días hábiles, co fin de que durante este prazo (que comezará a contar desde o día seguinte ao da derradeira inserción do presente edicto no Boletín Oficial da provincia ou no Diario Oficial de Galicia) as persoas que se consideren afectadas dalgún xeito pola actividade que se pretende instalar poidan examinar o expediente na secretaría deste concello e formular as reclamacións ou observacións que se consideren oportunas.

Santa Comba, 10 de maio de 2013

Antonio M. Landeira Gallardo
Alcalde