Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Luns, 3 de xuño de 2013 Páx. 20087

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (771/2013).

María Socorro Bazarra Varela, secretaria xudicial da Sección Primeira desta Sala Segundo do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fai saber que no procedemento de recurso de suplicación número 771/2013 desta Sección, seguido por instancia de José Manuel Acuña Martínez contra Fogasa, Soluciones Integrales de Ingeniería Civil, S.L., administración concursal de Soluciones Integrales de Ingeniería Civil, S.L., sobre despedimento disciplinario, se ditou a seguinte resolución:

Resolvemos que desestimando o recurso de suplicación interposto por José Manuel Acuña Martínez contra a sentenza do 5 de decembro de 2012, ditada polo Xulgado do Social número 2 de Pontevedra, en autos 96, 237 e 239/2012 acumulados, confirmamos a resolución de instancia.

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza e fágaselles saber que contra ela só cabe recurso de casación para a unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta Sala do Social dentro dos dez días seguintes ao da notificación desta sentenza e de acordo co disposto nos artigos 220 e seguintes da Lei de xurisdición social.

Se a recorrente non está exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na conta corrente desta sala nº 1552 0000 80 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na conta desta sala nº 1552 0000 35 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal, e lévese o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do Social de procedencia.

Así por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo. Seguen as sinaturas e a publicación.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás as que sexan suposto da comunicación das resolucións que revista forma de autos, sentenzas ou cando se trate de emprazamento.

E para que sirva de notificación a Soluciones Integrales de Ingeniería Civil, S.L., expido e asino este edicto.

A Coruña, 10 de maio de 2013

A secretaria xudicial