Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Luns, 3 de xuño de 2013 Páx. 19967

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 22 de maio de 2013 pola que se autoriza a posta en funcionamento do Instituto de Educación Secundaria do Milladoiro no concello de Ames, provincia da Coruña.

Polo Decreto 49/2013, do 21 de marzo, creouse o Instituto de Educación Secundaria do Milladoiro no concello de Ames.

En consecuencia, de conformidade co establecido no Decreto 4/2013, do 10 de xaneiro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, que establece a competencia desta en materia de creación, supresión, transformación, clasificación, autorización e organización dos centros escolares; e en aplicación da disposición derradeira primeira do Decreto 49/2013, do 21 de marzo,

DISPOÑO:

Artigo único. Autorízase a posta en funcionamento do centro cuxos datos figuran a seguir:

Provincia: A Coruña.

Concello: Ames.

Localidade: Biduído.

Enderezo: Travesa do Porto, s/n.

Código do centro: 15032807.

Denominación: Instituto de Educación Secundaria do Milladoiro.

Unidades: 16 de educación secundaria obrigatoria e 4 de bacharelato.

Disposición derradeira primeira

Autorízase a persoa titular da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos para adoptar todos os actos e medidas necesarias para a aplicación desta orde.

Disposición derradeira segunda

Esta orde entrará en vigor ao día seguinte da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 22 de maio de 2013

Jesús Vázquez Abad
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria