Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Luns, 3 de xuño de 2013 Páx. 20082

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 11 de abril de 2013, da Xerencia de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de avaliación colexiada, convocado por Resolución 2/2012 do 2 de maio de 2012 (DOG nº 137, do 18 de xullo), dun posto vacante de xefe/a da Sección de Obstetricia e Xinecoloxía do Hospital de Verín.

Por Resolución 2/2012 do 2 de maio de 2012 (DOG nº 137, do 18 de xullo) convocouse para a súa provisión, polo sistema de avaliación colexiada, un posto vacante de xefe/a da Sección de Obstetricia e Xinecoloxía.

De acordo co disposto nas bases da convocatoria, logo da actuación da comisión de valoración a que se fai referencia na base sétima, e á vista do currículo profesional e da defensa do proxecto técnico de xestión polo aspirante, que constan nas actas da devandita comisión.

A Xerencia de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, de conformidade co previsto no Decreto 206/2005, do 22 de xullo (DOG número 145, do 29 de xullo), de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, e na Orden do 24 de maio de 2006 (DOG, número 106, do 5 de xuño), pola que se establecen as bases do procedemento para a provisión dos postos de xefatura e coordinación das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde, e en virtude das competencias atribuídas polo Decreto 311/2009, do 28 de maio (DOG número 109, do 5 de xuño), polo que se establece a estrutura orgánica dos servizos centrais do Servizo Galego de Saúde, e na Orde do 28 de setembro de 2011 (DOG número 188, do 30 de setembro) pola que se desenvolve a estrutura organizativa de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, así como na Orde do 5 de xullo de 2012 (DOG número 139, do 20 de xullo), sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde.

ACORDA:

Primeiro. Adxudicar o posto de traballo convocado ao aspirante que obtivo a maior puntuación nos termos previstos no anexo desta resolución.

Segundo. O profesional nomeado deberá cesar na praza que desempeña dentro dos tres días hábiles seguintes ao da súa publicación.

Terceiro. A toma de posesión do posto de traballo adxudicado deberá efectuarse dentro dos tres días hábiles seguintes ao do cesamento. Para estes efectos, entenderase por praza desempeñada a efectivamente ocupada, con independencia de que sexa en condición de destino definitivo, adscrición ou destino provisional ou comisión de servizos.

Se así o permiten as necesidades do servizo, e por petición motivada do interesado, os prazos a que se refiren os parágrafos anteriores poderán ser prorrogados pola xerente de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras.

Entenderase que solicita a excedencia voluntaria por interese particular, e será declarado nesa situación polo órgano competente, quen non se incorpore ao posto adxudicado no prazo establecido.

Cuarto. O aspirante nomeado será avaliado, antes de que transcorran catro anos desde o seu nomeamento, para os efectos de prorrogar o desempeño do posto por idéntico período de tempo ou proceder á súa remoción do posto de traballo. A remoción virá precedida dun procedemento que garanta a audiencia do interesado.

Unha comisión técnica designada conforme o previsto no artigo 7 da Orde do 24 de maio de 2006, avaliará fundamentalmente a actividade realizada para a implantación do proxecto técnico e o cumprimento dos obxectivos tomados en conta no proceso de selección.

Quinto. Contra a presente resolución poderá interpoñerse, nos termos previstos na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, recurso de alzada perante a Dirección de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun mes contado desde ao día seguinte da súa publicación.

Ourense, 11 de abril de 2013

Eloína Núñez Masid
Xerente de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras

ANEXO

Posto: xefe/a da Sección de Obstetricia e Xinecoloxía.

Nome e apelidos: Francisco Javier Castrillo Gutiérrez.

DNI: 12719231R.